LER CONTA MOITO

OBRADOIRO DE HORTA ECOLÓXICA

ACTIVIDADES ESPECIES DE ESPAZOS

APERTURA DE INSCRICIÓNS!

Reservas prazas:
colectivo.espazo16@gmail.com
Actividades de balde pero con inscrición obrigatoria.

Especies de Espazos 2023
22, 23 e 24 de setembro.
Agudelo. BARRO

FESTA HOLI + DJ

XXVII FESTIVAL FOLCLÓRICO DE BARRO

A. C. Os Afoutes do Canón de Pau dende Cotobade, Paradanda Grupo Folclórico dende O Grove e Valle Miñor dende Montevideo.

Sábado 16 no Pazo da Crega, en Barro, ás 19.00h.

Luz Prado, diseñadora natural de Barro, presenta a súa nova colección Ardora bañada con máis de 6000 cristales de Swarovski

O próximo sábado 16 de setembro a diseñadora Luz Prado, dona e xerente da marca Luz Prado Moda presentará súa nova colección de moda no Pazo de Mos. O Mar de Ardora inspira esta colección, que está bañada con mais de 6000 cristales de Swarovski, fusionándose co traballo artesanal dos encaixes de Camariñas, creando así unha colección de tres pezas únicas.


A colección Ardora desfilará no Pazo de Mos, despois do concurso de noveles deseñadores, organizados polas palilleiras de Mos.


O evento comezará as 20:30h , as entradas son gratuitas e todos os interesados poden asistir con reserva previa en pazodemos.org ou ben no tlf 639 300 974.

🎥CONCURSO CURTAS D-MEDO 2023

Tes unha historia por contar? Unha visión que compartir? É hora de mostrar o teu talento detrás da cámara! 🌟

Desafiámoste a crear unha curtametraxe, de 3 minutos en galego, que mostre a túa creatividade, paixón e perspectiva única.

📽️ Xa sexa drama, comedia, documental ou calquera xénero que elixas, este é o teu momento para brillar.

Que precisas?
A túa imaxinación, unha cámara (incluso a do teu teléfono é suficiente), e un equipo de amigos apaixonados polo cinema.

E que hai en xogo?
Ademais da oportunidade de mostrar o teu traballo a noite o 31 de outubro, teremos premios emocionantes para as curtas máis destacadas, así que a recompensa é doce! 🏆

ENTREGA DAS OBRAS
Prazo de presentación de solicitudes e curtas ata o 18/10/2023

📌Premios na categoría Xeral:
1º premio: 200 €, 2º premio:100€, 3º premio: 70€.

📌Premio categoría D-Medo no IES: Vale de gasto 60€

📌 Premio do público: Vale de gasto 60€

🎬🎟🎞PROXECCIÓN CURTAS 31/10/2023 a partir das 21:30h

Esta é a CUARTA actividade de 👅“Dándolle á lingua”: Concurso de Curtas D-Medo, atividades de dinamización lingüística programadas dende fai sete anos polo Concello de Barro, coa colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra.

➕ℹ️ Na OMIX de Barro.
Horario: luns, martes, mércores, xoves, venres e sábado de 9:00 a 14:00 h
☎️Telefono: 986714806 – 690722812.
Bases na web do Concello de Barro: https://barro.es

Actuación do home orquestra en Barro

XOVES AO CLAREO

👕 𝗫𝗼𝘃𝗲𝘀 𝗮𝗼 𝗰𝗹𝗮𝗿𝗲𝗼

Actividades para cativ@s e moz@s desde este mesmo xoves!

⚠️ A 🔐 Scape Room e a 🎉 Festa Holi son recomendadas a partir dos 10 anos.

A Banda de Gaitas ‘Irmandade’ do Centro Valle Miñor de Montevideo realizará unha Xira por Galicia

  • Está formada por descendentes de emigrantes galegos que emigraron a Montevideo
  • Percorrerá varias localidades de Pontevedra e A Coruña e ademais participará no programa ‘Luar’ de TVG
  • É a única Banda de gaita galega que existe en Uruguay

A Banda de Gaitas ‘Irmandade’ do Centro Social Cultural e Deportivo de Bolos Valle Miñor en Montevideo (Uruguay) ofrecerá unha xira de actuacións por Galicia no mes de setembro para celebrar os 20 anos da súa fundación, cando foi creada por descendentes de emigrantes galegos co obxectivo de continuar coa tradición musical dos seus pais e avós e promover a gaita tradicional galega.

Nesta Xira 20 Aniversario a banda actuará en varias localidades da Coruña e Pontevedra: Gondomar (10 de setembro), Nigrán (11 de setembro), Baiona (12 de setembro), Porriño (13 de setembro), Laxe (14 de setembro), actuación no programa ‘Luar’ de TVG (15 de setembro), Barro (16 de setembro) e Carballo (17 de setembro).

Os membros da banda que participarán nesta xira por terras de Galicia son: Carlos González (gaita), Matías Lorenzo (gaita), Natalia Sanabria (gaita), Alejandra Larrea (gaita), María Eugenia Martínez (tambor), Andy Penna (tambor), Carolina Simoes (bombo), Andrea Méndez (pandeireta), Ana Lina Rey (pandeireta), Vitoria Peña (pandeireta), Adriana Fernández (pandeireta), Delfina González (cunchas) e como músico invitado, Fernando Vilariño (tambor).

Durante 20 anos, por esta formación pasaron distintas xeracións de descendentes galegos, desde nenos ata adultos. Hai que destacar que é a única Banda de gaita galega que existe en Uruguay, que durante o ano participa en actividades do Centro Valle Miñor e doutras asociacións da colectividade galega e española en Uruguay.

Desde os seus inicios, a Banda de Gaitas ‘Irmandade’ estivo dirixida por Vicente Carlos González Siri, fillo dun inmigrante da zona de Baiona, que foi un destacado alumno do gaiteiro Celestino Pichel e tamén imparte clases en distintos Centros galegos de Uruguay.

Na actualidade, a banda está formada por 16 persoas, homes e mulleres, na súa maioría descendentes de galegos, que tocan instrumentos de orixe tradicional: gaitas, tambores, bombos e pandeiretas. 

No mes de outubro a banda celebrará un concerto especial no Auditorio Nelly Goitiño de Sodre (Uruguay) para celebrar o seu 20 aniversario, coa colaboración de invitados.

O Centro Valle Miñor en Montevideo fundouse en 1947 por emigrantes galegos procedentes dos municipios de Baiona, Gondomar e Nigrán, que forman a comarca da provincia de Pontevedra ao sur de Vigo, delimitada por un fértil Valle que rega o río Miñor e actualmente está formado polos seus descendentes e familiares que naceron e residen en Montevideo, a capital de Uruguay.

 

 

CONCERTO PELEPAU + BANDA XUVENIL DE BARRO

GAFAS PERDIDAS NA PISCINA

Perderonse gafas na piscina municipal e/ou arredores da mesma o mércores día 23 sobre as 20:00. Son gafas graduadas con montura ao aire e patillas de color verde marca Oxibis. Se alguen as atopa por favor chamar ao 651312264. Gracias

PARTIDO AMISTOSO DE BALONMAN

XIX FESTIVAL DE CORAIS DE BARRO

CONCERTO E SESIÓN DE COCTELERÍA NO BAR PLAZA

🎸 Concerto en directo de SON DAS TABERNAS.

🍹 Sesión de Coctelería a cargo de Philip Luz.

📅 Data: 25 de agosto
⏰ Hora: A partir das 22:00h
📍 Lugar: Bar Plaza La Cocina de Sergio