Empate do Barro diante do Bamio, nun gran partido dos dous equipos e que incluso ata o resultado podería ser xusto. Adiá…
Posted by Barro C.F. on Domingo, 25 de Outubro de 2015
General
O contacontos Inacio Vilariño actúa na biblioteca de Barro
Dentro das actividades do día internacional da biblioteca, o contacontos Inacio Vilariño ofrece

TALLER DE MARIONETAS NO MUSEO DO TITERE, OBRADOIRO DE TITERES.
LALIN
08/12/01
FOTO MARCOS MIGUEZ
DIXITAL
unha actuación na Biblioteca Municipal de Barro. O encontro será ás 21 horas, con entrada gratuíta, e nela ofrecerá contos novos e vellos, de intriga e humor, destinados todos os públicos. O que se quere resaltar con este evento é a importancia da transmisión por medio da fala. A actividade enmárcase dentro do FalaRedes, o programa de dinamización lingüística da Xunta. Licenciado en Belas Artes, Vilariño é un referente autonómico vinculado ao teatro, especialmente de marionetas, formando parte de diversas compañías como Fantoches Baj, Viravolta ou Seisdedos.
CAMBIO DE HORA.Ás 3:00 da mañá o reloxo cambiarase ás 2:00 da mañá
O seguinte cambio ( ao horario de Inverno ) producirase:
Domingo 25 de outubro de 2015
Ás 3:00 da mañá o reloxo cambiarase ás 2:00 da mañá
Sabías que?
O cambio horario prodúcese dúas veces ao ano e o seu obxectivo é aforrar enerxía.
O cambio de hora é unha medida que se empezou a adoptar durante a Primeira Guerra Mundial.
En España, esta medida lévase adoptando dende 1974, aínda que a última regulación á que nos adaptamos chegou da man da directiva Europea 2000/84, que entre outras cousas unifica os días nos que se producen os cambios de hora en todos os países da Unión Europea, sendo estes o último Domingo de Marzo e Outubro, respectivamente
ASAMBLEA INFORMATIVA EN AGUDELO
AS CAMPÁS CANTAN E FALAN
Ceden unha parcela para ampliar o recinto escolar do CEIP Amor Ruibal
O CEIP Amor Ruibal de Barro contará moi pronto cun novo patio de recreo que aumentará notablemente a superficie do recinto escolar.
Este luns asinouse o convenio de cesión dos terreos, por parte dos seus donos ao Concello de Barro.
Neste convenio recóllese a cesión gratuíta por 25 anos dunha parcela de preto de 600 metros cadrados anexa ao recinto escolar, que vai a contribuír a unha notable mellora para o esparexemento do alumnado do colexio.
Tanto o alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes, como o director do colexio, Rafael Ruibal, manifestáronlle o seu agradecemento aos propietarios do terreo, “pola súa xenerosidade e boa disposición para facilitar este convenio e conseguir paliar en parte as necesidades de espazo coas que conta o recinto escolar”, sinalan desde o goberno municipal
De forma inmediata o Concello vai poñer os terreos a disposición da Consellería de Educación, para que á maior brevidade se acometan as obras necesarias e poidan empezar a utilizarse como patio de recreo.
http://pontevedraviva.com/xeral/23090/ceden-parcela-ampliacion-recinto-escolar-ceip-amor-ruibal/
TALLER DE CREACIÓN AUDIOVISUAL
O avión que antes foi broma
O éxodo de veciños ao estranxeiro fréase en Pontevedra, pero segue crecendo na comarca
Desde que comezou a crise, un total de 4.747 persoas emigraron ao estranxeiro desde os concellos da área de influencia da capital -A cidade do Lérez recibiu o pasado ano a máis persoas das que se marcharon
Os movementos de poboación nos 14 municipios que forman a área de influencia de Pontevedra nos últimos oito anos veñen claramente marcados polos devastadores efectos provocados pola crise económica. Unha panorámica das migracións que se produciron na comarca neste período permite observar claramente cales foron os anos máis duros de recesión e como a mala situación do tecido empresarial e a escasa oferta laboral converteron uns concellos que no seu practica totalidade eran receptores de inmigrantes en concellos que pasaron a exportar man de obra.
O Instituto Galego de Estatística acaba de publicar os datos referidos aos movementos de poboación que se produciron en 2014 e estes deixan resultados dispares entre os distintos municipios da comarca. Pontevedra volve aparecer (como ocorre con outros indicadores como o crecemento vexetativo) como unha das cidades que mellor resisten o problema da perda de poboación, neste caso non pola diferenza entre nados e falecidos, senón por frear ese éxodo de pontevedreses que se iniciou nos anos 2007 e 2008 co estalido da burbulla inmobiliaria e o comezo da crise.
No entanto, noutro municipio como Marín ou Sanxenxo, parece que esta sangría migratoria non ten fin e seguen vendo como moitos dos seus veciños parten en busca dunha vida mellor a outra localidade, a outra comunidade autónoma ou a outra provincia.
Segundo os datos do IGE, desde 2007 deixaron a comarca un total de 51.786 persoas para establecerse noutra provincia, comunidade autónoma ou país. O peor ano, sen dúbida, foi o 2011 cando 6.656 persoas deixaron algún dos 14 concellos da área. Tras un lixeiro descenso, o número de emigrantes o pasado ano foi o segundo máis alto de toda esta serie, cun total de 6.640.
Desde hai anos, distintas formacións políticas e sindicatos están a advertir dunha nova onda de emigrantes desde Galicia ao estranxeiro como tristemente xa ocorrera no pasado. Se temos en conta as saídas de veciños da comarca que se producen unicamente ao estranxeiro, desde 2007 un total de 4.747 veciños da comarca víronse obrigados a buscar unha oportunidade laboral e a forxar un proxecto de vida noutro país.
Neste punto, detéctase claramente como a crise ha ir obrigando aos pontevedreses, cada vez máis, a buscar oportunidades máis aló das fronteiras españolas. Se en 2007 eran 490 os habitantes da comarca que emigraban a outro país, en 2014 foron un total de 778, a cifra máis alta destes últimos oito anos, fronte aos 765 do ano anterior. É aquí onde Pontevedra capital parece que foi capaz de conter de mellor forma ese éxodo de habitantes ao pasar de 360 emigrantes ao estranxeiro en 2013 a menos da metade (171) en 2014.
Poio que logrou diminuír o número de emigrantes que se van no seu conxunto, non evitou con todo un importante incremento das persoas que se van ao estranxeiro e Marín é outro dos municipios que o ano pasado bateu a súa marca de emigrantes desde que se iniciou a crise cun total de 191 veciños que se foron a buscar fortuna a outro país, un número aínda maior que o da propia capital. Un dos casos máis singulares é o de Sanxenxo que case cuadriplicou o seu número de emigrantes nun ano pasando de 52 en 2013 a 180 no pasado exercicio.
Ademais, Pontevedra compensa esta perda de poboación coa recepción doutros migrantes. O ano pasado o saldo entre as persoas que deixaron á cidade e as que se estableceron nela volveu ser positivo despois dun primeiro resultado negativo en 2013.
Saldo migratorio
Con todo, o saldo migratorio no conxunto da comarca é negativo debido a que noutras localidades como Caldas (con -21), Cuntis (-19), Marín (-228), Campo Lameiro (-16) A Lama (-1), Ponte Caldelas (-25) ou Sanxenxo (-198) reciben menos habitantes dos que optan por marchar.
Outros concellos con balance migratorio positivo á parte da capital son Moraña (9), Portas (45), Barro (41), Cotobade (32), Poio (48) e Vilaboa (67).
TEATRO EN BARRO
Concello e Universidade trazan un plan de prácticas en Barro
Organizar actividades universitarias no ámbito da cultura e acoller estudantes para realizar prácticas e pór en marcha os seus proxectos empresariais son os dous alicerces sobre os que se baseará o convenio de colaboración que deseña a Universidade de Vigo e o Concello de Barro.
O rexedor local, Xosé Manuel Fernández Abraldes (BNG), mantivo onte un encontro na pontevedresa Casa dás Campás co vicerreitor da Universidade de Vigo no campus de Pontevedra, Juan Manuel Corbacho. Nesta reunión, ambos sentaron as bases para a firma do devandito pacto.
Un acordo no que Barro pon a disposición da Universidade os seus edificios e espazos naturais para a realización de actos culturais. «O parque natural de Barosa ou o Pazo da Crega son espazos nos que se poden realizar diversos actos ou incluso cursos que a Universidade organiza de forma puntual», explica o alcalde Abraldes.
No plano laboral, o goberno local espera recibir alumnos de diversas titulacións para que realicen as súas prácticas en Barro. «Hai estudantes de comunicación, forestais, administración pública ou educación que poderían facer prácticas no Concello», sostén o nacionalista.
Non só serviría este acordo para a realización de prácticas, tamén poderían os alumnos pór en marcha os seus proxectos de fin de carreira. Unha saída que podería ser de gran utilidade para graduados en enxeñería forestal, por exemplo, dada a riqueza agrícola e natural que posúe o municipio. Tamén Barro beneficiaríase da execución destes proxectos, pois xeraría postos de traballo e permitiría desenvolver innovacións no sector primario ou noutras disciplinas.
As coalicións da comarca superan os tres meses sen apuros
Comoda maioría. O goberno da popular María Ramallo goza dunha maioría absoluta por segundo mandato consecutivo, algo sen precedentes na historia democrática de Marín. O verán foi tranquilo, Ramallo anunciou a continuidade dos proxectos e a súa xestión dos últimos catro anos. Están en obras a gardería e o centro de saúde.
Ponte Caldelas
A apertura do crematorio. Un tripartito encabezado polo socialista Andrés Díaz e apoiado polo BNG e a agrupación veciñal contraria ao crematorio da Reigosa derrubou ao PP dun dos seus bastións da súa provincia, enviando ao popular Perfecto Rodríguez á oposición. Nestes cen días, Díaz enfrontouse a unha vertedura na praia fluvial, procedente da Lama, e a non poder impedir legalmente a apertura, precisamente, do crematorio da Reigosa.
Cuntis
Avances no centro de día. A alianza entre o PSOE e o BNG desbancou da alcaldía ao popular Antonio Pena. Participación veciñal, transparencia, creación de emprego e abrir o centro de día son promesas nas que xa están a traballar. Desbloquear o polígono industrial da Ran, unha tarefa que segue pendente.
Portas
Reducir o desemprego. Portas sitúase á cabeza dos municipios pontevedreses con máis paro. Co obxectivo de reducir estes índices chegou o popular Víctor Estévez á alcaldía, aínda que para cumprir os seus obxectivos deberá contar coa oposición xa que goberna en minoría. A modificación dun PXOM que aínda non entrou en vigor é outra das súas metas.
Barro
Impulsar o polígono. O pacto entre BNG e PSOE puxo fin a unha hexemonía do PP de 32 anos. Explotar os recursos agrícolas do municipio e pór en marcha o polígono de Curro , son as metas dun goberno que aposta pola participación veciñal.
Poio
As beirarrúas da PO-308. Luciano Sobral encara o seu sexto mandato no que as esixencias veciñais de maior seguridade viaria en Raxó e Samieira están máis preto que nunca de cumprirse. A depuradora segue no aire.
Caldas
Xuízo oral. A disputa polo voto que decidía a maioría absoluta atrasou a toma de posesión do socialista Juan Manuel Rey que espera a resposta ao recurso contra a apertura de xuízo oral.
XIV XUNTANZA DE CORAIS DE BARRO
O Concello inicia reunións para crear consellos parroquiais
O goberno de Barro celebrou onte no local social da comunidade de montes de Curro a primeira das asembleas previas á creación dos consellos parroquiais. Na reunión estiveron todos os integrantes do executivo local que fixeron un repaso da situación actual do Concello, atenderon as preguntas dos veciños e explicaron cal será a función dos consellos parroquiais. Uns organismos que se porán en marcha cando o Concello complete esta serie de reunións por todas as parroquias.
O obxectivo do goberno que encabeza Xosé Manuel Fernández Abraldes (BNG) é que os consellos parroquiais funcionen como representantes veciñais que propoñan iniciativas e participen de forma activa na vida política do municipio. Así mesmo, a opinión destes consellos á hora de deseñar e acometer proxectos serán tidas en conta para potenciar os beneficios das obras e minimizar as súas molestias.
A intención do concello é fundar un total de seis consellos parroquiais, un por cada parroquia que compón o municipio. Os integrantes de cada un destes consellos variarán entre as 10 e as 6 persoas en función do tamaño das parroquias.
A elección dos representantes está tamén deseñada e contará coa presenza de dous membros da directiva das comunidades de montes de cada zona e o resto de integrantes serán elixidos de forma democrática entre os candidatos de cada un dos lugares das parroquias.
A fundación destes consellos era unha das promesas electorais dos dous partidos, BNG e PSOE, que compoñen o goberno local. Ambas as agrupacións considéranas unha ferramenta necesaria para lograr a participación veciñal.
Barro acolle este domingo a terceira edición da súa feira de segunda man e troco
A feira de segunda man e troco regresa a Barro. A praza situada diante das antigas instalacións do Concello e preto do pavillón polideportivo acollerá este domingo 20 de setembro a terceira edición deste mercado.
Os postos presentes no evento ofrecerán os seus produtos entre as 16:00 e as 20:00 horas.
Este ano a cita contará cun marcado carácter festivo e cultural ao coincidir co XVII Festival de Bandas de música de Barrono que participarán a Banda de Música de Castrelo, a Banda de Música de Sanxenxo e a Banda Xuvenil de Barro.
Os obxectivos principais desta cita son potenciar a reutilización de obxectos usados, dinamizar de forma socioeconómica a localidade e potenciar un consumo máis responsable.
Entre os clientes que realicen unha compra nalgún dos postos, os que recollan unha rifa tanto na OMIX como no Concello de Barro, sortearanse ás 20:00 horas unha cea romántica para dous no Muíño de Barosa, unha sesión de beleza no salón de peiteado Retokes, un lote de botellas de viño de Moraima e unha cesta de plantas ornamentais da empresa Transantonio.














