🚵‍♂️ 𝗜 𝗕𝗧𝗧 𝗖𝗮𝗺𝗶𝗻̃𝗼𝘀 𝗱𝗲 𝗕𝗮𝗿𝗿𝗼

O 17 de decembro terá lugar a I BTT Camiños de Barro, unha proba cicloturista organizada polo concello de Barro e o Club Ciclista Ribadumia, coa colaboración da Federación Galega de Ciclismo.

A ruta, que se desenvolverá integramente dentro do concello de Barro e que irá pasando por distintos lugares de interese paisaxísitco, natural e patrimonial, contará cun percorrido de 40 km e 1.200 metros de desnivel positivo acumulado na modalidade longa e con 30 km e 800 m de desnivel na modalidade curta.

A BTT contará cunha sorpresa na parte final do percorrido, pois dentro da proba haberá unha cronoescalada nun treito de 600 metros ao 16% no monte Acibal, nun duro e coñecido segmento denominado “O Inferno de Perdecanai”, onde os/as ciclistas máis rápidos/as e que cheguen con mellores pernas a este punto competirán por premios nas distintas categorías.

✍🏻 As inscricións realizaranse a través da Web da Federación Galega de Ciclismo e abriranse o luns 6 de novembro: https://fgalegaciclismo.es/index.php/smartweb/inscripciones/prueba/27775-CAMINOS-DE-BARRO

PRESENTACIÓN DA TRILOXÍA DE NOVELAS DO AUTOR LITERARIO RS LAGO

Concurso para a elaboración dun logotipo e lema contra aviolencia de xénero

Convocatoria para cubrir unha praza de operario de servizos múltiples mediante o sistema de concurso-oposición no Concello de Barro

Anuncio DOG nº204 de 26/10/2023 bases e da convocatoria para cubrir unha praza de operario de servizos múltiples mediante o sistema de concurso-oposición

A FEIRA DE BARRO

PRESENTACIÓN DO LIBRO DE MARISA VIDAL COLLAZO “EU SON EXERIA”

XI CONCURSO DE CALACÚS

II TORNEO SAN BREIXO

DOAZÓN DE SANGUE EN BARRO

FESTIVAL DE BANDAS DE MÚSICA BARRO

EXCURSIÓN

RELACIÓN PROVISIONAL DE ASPIRANTES ADMITIDOS E EXCLUÍDOS DACONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO-SECRETARIODO XULGADO DE PAZ DE BARRO

RESTRICIÓNS DE TRÁNSITO NA N-550

OBRADOIRO DE MEMORIA

🧠 𝗖𝘂𝗿𝘀𝗼 𝗱𝗲 𝗺𝗲𝗺𝗼𝗿𝗶𝗮

Curso de memoria en colaboración coa Cruz Vermella:

🟢 Destinatarios/as: Persoas maiores de 65 anos
🟢 Datas de celebración: Os luns desde o 2 de outubro ata o 27 de novembro de 2023
🟢 Horario: De 17:00 h a 18:30 h
🟢 Lugar de Celebración: Salón de Plenos do Concello de Barro
🟢 Inscricións: Oficina de Servizos Sociais do Concello de Barro

PRÓXIMA APERTURA DO PRAZO DE SOLICITUDE DEPORTE ESCOLAS.TAEKWONDO EN BARRO.

“DEPOrte Escolas” é un programa deportivo gratuíto da Deputación de Pontevedra en colaboración e coordinación coas federacións deportivas para contribuír ao desenvolvemento e fomento da actividade deportiva en idade escolar.

Modalidades de “DEPOrte Escolas” no Concello de Barro: Taekwondo.

👉A quen está destinado
A única condición que tes que cumprir é ter moitas ganas de pasalo ben practicando a túa modalidade deportiva preferida.

As escolas estarán destinadas a nenas e nenos en idade escolar de toda a provincia de Pontevedra.

👉 Formalización da inscripción EN BREVE.