BARRO RELANZA O MERCADO AMBULANTE CUNHA FEIRA MULTISECTORIAL ESTE DOMINGO 10 DE DECEMBRO

Barro, 7 de decembro de 2023. O equipo de goberno socialista do Concello de Barro pon en marcha diversas iniciativas para relanzar a Feira de Barro.

A raiz da pandemia, o mercado ambulante, que chegou a ser un referente na comarca, sufriu un certo declive tanto na presencia de postos como de público, polo que a intención do grupo socialista é recuperar unha actividade que xera movemento económico e turístico no municipio.

O tenente de alcalde José Sanmartín explica que “cando entramos no goberno no 2015 conseguimos que a feira pasase a ser de xestión municipal xerando beneficios para as arcas locais e agora queremos que o mercado volva a ser a gran feira de Barro dos domingos pola tarde”.

Para elo, como primeira medida, a Concellería de Turismo, Festas e Feiras que dirixe a socialista Rocío Touriño, organiza para este domingo día 10 de decembro unha “feira multisectorial” onde ademáis dos postos habituais do mercado estarán presentes sectores como automoción, antigüedades, productos ecolóxicos e artesanía.

A Feira abrirá, igual que cada domingo, ás 15 horas no lugar habitual na contorna do Pazo da Crega e para dinamizar a actividade estará a charanga Fanfarria Furruxa.

Asimesmo, dende a Concellería de Feiras tamén se pretende consolidar o número de postos actuais e aumentalos cara o vindeiro ano, para o que está aberto o prazo de inscripción da anualidade 2024.

A ordenanza do Concello de Barro fixa un prezo de un euro por metro lineal e día, de xeito que o custe anual para un posto de cinco metros suporía apenas 250 euros ao ano.

A FEIRA DE BARRO

Anuncio BOPPO Nº 232 do 01/12/2023 de NOMEAMENTO XUÍZ DE PAZ SUSTITUTA DE BARRO

Anuncio de adxudicación ao Concello de Barro das fincas nº 517-1, 1260, 1806, 1807, 2357, 2544 e 2772, pertencentes á relación do Fondo de Terras, da concentración parcelaria da zona de Agudelo-Barro-Valiñas.

CONCURSO POSTAIS DE NADAL

D.E.P. D. RAMÓN NÚÑEZ RIVAS

COSTURA PARA NIÑOS Y JÓVENES

Quisiéramos proponerles nuestra actividad de costura para niños y niñas de entre 8 y 14 años (ambos incluidos). Actividad que se desarrollará en un taller de Navidades del 22 al 29 de Diciembre, y del 1 al 5 de Enero de 11:00h a 13:30h en Villagarcía de Arousa.

Escuela de diseño y moda Luz Prado, cl Julio Camba bajo 4, Urb. O Piñeriño Las Pistas.

Tlf y whatsapp 986 188 226

TALLER ¿Cómo hacer tus aceites para masaje?

CLUB DE LECTURA


UN OLLO DE VIDRO
BIBLIOTECA BARRO.

-🖋 ENCONTRO CO AUTOR: XOSÉ MONTEAGUDO.

23 de novembro, ás 19:30 na biblioteca de Barro, falaremos do libro “Vémonos mañá”, lectura de outubro/novembro do noso Club de lectura.

PLAN INTEGRADO DE EMPREGO

PLAN INTEGRADO DE EMPREGO 2023-24.

Os concellos de Cuntis, Caldas de Reis, Portas, Barro e Moraña, van a poñer en marcha un novo Programa Integrado de Emprego.

O programa integrado de emprego do Concello de Cuntis 2023/2024 esta cofinanciado pola Xunta de Galicia e o Servizo Publico de Emprego Estatal.

🧐Nos proxectos precedentes conseguiuse un alto porcentaxe de colocación das persoas participantes no programa.

👫As persoas que poden participar son aquelas que sexan demandantes de emprego e que están empadroadas nalgún dos cinco concellos mencionados e que pertenzan aos colectivos aos que vai orientado o programa

Levaranse a cabo accións relacionadas con:
a) Información, orientación e asesoramento.
b) Formación en diversos cursos
c) Técnicas de coaching, intelixencia emocional, e técnicas de motivación.
d) Habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista.
e) Fomento da capacidade emprendedora.
f) Prospección empresarial.
g) Emparellamento de ofertas de traballo
h) Prácticas profesionais non laborais en empresas.
i) Obradoiros sobre mobilidade laboral

✅Todas as persoas inscritas no programa percibiran unha axuda de 10€/día pola súa asistencia as diferentes actividades nas que participen. Tamén se contempla a posibilidade de sufragar servizos de gardaría para aquelas persoas que teñan fillos a cargo, para facilitarlles a súa participación no programa.

☎️Todas as persoas interesadas poden poñerse en contacto nos teléfonos dos diferentes concellos. Barro 986714806 – 690722812, Cuntis 986548708,986532579, Caldas 986530814, Portas 986536925, Moraña 986553005

Anuncio DOGA Nº 222 DO 22/11/2023 DE EXECUCIÓN SUBSIDIARIA DE LIMPEZA DE PREDIOS DE PARCELA – 36002A223003380000AX Bretoña-Curro (Barro-Pontevedra)

Praza de Operario de Servizos Múltiples, en réxime persoal laboral Fijo, sistema de concurso-oposición, en turno libre

ANUNCIO BOPPO Nº 222 DO 17/11/2023 DE EXPOSICIÓN AO PÚBLICO DE ACTA DE ENTREGA AO CONCELLO DE BARRO DA ESTRADA PROVINCIAL E.P. 0509 RAMAL DA IGREXA-PORTELA, E DOS TREITOS ANTIGOS DAS ESTRADAS E.P. 0506 CURRO-PORTELA, E E.P. 9407 A GOULLA-PORRÁNS

Convocatoria de Pleno Extraordinario do Concello de Barro a celebrar o 22 de novembro de 2023 ás 20:00 horas.

CURSO DE DIXITALIZACIÓN