O acto será o sábado 18 de maio ás 20:30, no auditorio de Caldas de Reis.
O acto será o sábado 18 de maio ás 20:30, no auditorio de Caldas de Reis.
@s moz@s de Galiza Nova da localidade conxunta de Barro-Caldas de Reis-Moraña-Portas colgaron unha faixa no S.Antoniño onde reza “Feijóo de-misión”.
“Reclamamos a dimisión do presidente da xunta por incopetente, cacique e por relacioanarse con narcotraficantes como Marcial Dorado. A imaxe que dá do país é pésima e Galiza non se merece iso.”
Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, a localidade conxunta de Galiza Nova Barro-Caldas-
Moraña-Portas, organiza o primeiro concurso de relato curto e poesía “Letras Novas” co fin de promover a expresión escrita e o noso idioma.
As obras terán unha temática libre, en galego. A poesía terá unha extensión máxima de 50 versos e o relato curto terá entre 1500 e 2000 palabras.
Cada participante poderá apresentar como máximo UN traballo en cada modalidade, o cal deberá ser orixinal e inédito.
As composicións pódense entregar en man ao profesorado de galego dos centros publicos de Barro, Moraña, Portas e Caldas de Reis, ou
pódense entregar vía e-mail (gnbarrocaldasmoranha@hotmail.com) en formato PDF indicando nome, apelidos, idade, enderezo e teléfono de contacto, así como tamén, se o tiver, o título da obra. Os datos persoais en ningún caso serán entregados ao xurado.
Dividido en dúas categorías por idade:
– Modalidade xuvenil: até 18 anos
– Modalidade adulta: a partir de 18 anos
O xurado estará composto por profesorado dos centros educativos de Portas, Moraña, Barro e Caldas de Reis. O límite de entrega será o día 10 de maio.
O nome das persoas premiadas daranse a coñecer nun acto público o vindeiro 18 de Maio no auditorio de Caldas de Reis. (A hora do evento debe ser consultada no blogue abaixo citado)
Podes solicitar mais información no: gnbarrocaldasmoranha@hotmail.com e
consultar as bases do concurso en: www.gnpontevedra.blogaliza.org