LIBERTAD 4-BARRO 1- 3ªREGIONAL

barro

Máis e máis fútbol

TORNEO PREBENJAMÍN E BABY DE POIO . Tralo torneo de Salcedo, chega este campionato enmarcado no circuíto de competicións escolares.

O Torneo Prebenjamín e Baby de Poio continúa co seu espectáculo futbolístico unha xornada máis.

Na categoría prebenjamín esta dirimindo unha dura batalla entre os tres primeiros clasificados. O Porteiro 2000 A, que lidera a táboa, ten doce puntos, os mesmos que o Sagrado Corazón, que é segundo.
Séguelles moi de cerca o Porteiro 2000 B con nove puntos grazas á vitoria que colleitou esta xornada ante o conxunto organizador, o ED Poio.
Destacar o gran encontro que se viviu entre o o Sagrado C e Porteiro 2000 C, que finalizou cun axustado 4-3, aínda que o xusto fose o empate entre os dous conxuntos visto o visto na cancha.
*BIBERÓN. Como xa saben, nesta categoría os partidos divídense en dúas metades das cales sae o resultado final, é dicir, o equipo que se impoña nunha parte ten un marcador de 2-0, si imponse nas dúas partes o marcador será de 4-0 e si empatan o resultado repártese 1-1.
Por este motivo o Barro impúxose 4-0 a Verdugo B, é dicir gañou as dúas metades que disputou no encontro.
O encontro máis igualado desta categoría foi o ED Poio 1-3 Salcedo, no que os locais e organizadores do torneo empataron unha mita e perderon outra.
A próxima xornada será de infarto xa que se enfrontan o primeiro da táboa, Porteiro 2000, e o terceiro, o Verdugo A.
Esta circunstancia pode favorecer ao ED Poio xa que se atopa no medio dos dous e calquera resultado seríalle positivo, abrigo a derrota do Porteiro 2000.

Os afeccionados puideron gozar das filigranas, goles, paradas e sorrisos destes pequenos futbolistas, que unha vez máis demostraron que nisto do balompe o tamaño non é nada relevante.

barro prebenjamin

Equipos de Barro que participaron nos torneos de fútbol da festa HQR

http://noticiasbarro.com/2012/12/31/a-festa-baixa-o-pano-a-sua-edicion-mais-participativa/

futbol barro 2

futbol barro 1

futbol barro 1 - copia

A Festa baixa o pano á súa edición máis participativa

diario_pontevedra.750

A Festa HQR! baixou na tarde de onte o pano da súa undécima edición coa hqrsatisfación de ver os seus obxectivos cumpridos. Un ano máis, a festa do deporte que organiza Diario de Pontevedra bateu marcas e superou a cifra de participación de edicións anteriores. Así, nesta ocasión, participaron 3.614 pequenos de diferentes clubs da comarca.

Durante a cerimonia de clausura, fíxose entrega das medallas aos nenos e nenas que participaron nos torneos de fútbol e fútbol sala que se disputaron durante a xornada de onte. Así, un a un foron subindo ao escenario os integrantes dos equipos do Barro, Ancora D´Ouro, Marcón FS, Poio FS, Barqueiro e Praias de Pontevedra na modalidade de fútbol sala; e da Seca, SD Meniños do Domaio, Salgueiriños B, ED Poio, Marcón, SCD Salcedo, Salgueiriños C, SD Monteporreiro e Barro, en fútbol. Nesta mesma modalidade, en categoría biberón (que na festa acolle aos pequenos menores de seis anos), levaron medalla os compoñentes do Barro, Salcedo B, Poio A, Ancora D´Ouro A, EF Verdugo, SD Meniños do Domaio, Marcón Atlético, Poio B, EF Beluso, Ancora D´ Ouro B e Salcedo A.

Todos eles subiron a recoller orgullosos o premio polo seu esforzo e entrega no terreo de xogo. O metal é para todos o mesmo xa que a súa finalidade é agradecer a participación na Festa HQR! na que non hai vencedores nin vencidos. Na festa do deporte ninguén perde e todos gañan xa que o obxectivo é que os pequenos fagan deporte de maneira que se divirtan e interactúen con outros nenos. A filosofía deste evento pasa por promover unhas xornadas de convivencia entre os máis novos co deporte como fío condutor, así, promociónase a actividade física á vez que se fomentan valores como a amizade, o compañeirismo ou o traballo en equipo.

O Carballo da Portela gaña o triangular de Barro

Na xornada de onte sábado, no campo de Chan de Santos en San Breixo, tivo lugarCARBALLO DA PORTELA o Tringular de fútbol de Barro entre o Barro CF, os veteranos de Barro-Casa Florita e o Carballo da Portela.

O resultado do triangular arroxou unha victoria para o Carballo da Portela, cos veterano do Barro como segundos clasificados e o Barro CF como terceiros do triangular.

Outras novas do Carballo da Portela, preme aqui..

 

Minifutbolistas en Poio

Un ano máis, o torneo prebenjamín e baby do concello de Poio volve disputarse cos máis pequenos como protagonistas e un público entregado a eles.
Nesta edición participan na categoría prebenjamín os equipos: Porteiro 2000 A, Salcedo, Porteiro 2000 B, Sacro Corazón A, Porteiro 2000 C, ED Poio, A Reiboa, Sacro Corazón B, Barro e Sacro Corazón C.Na categoría baby, os equipos que disputan o torneo son: ED Poio, Porteiro 2000, Salcedo, Verdugo A, A Reiboa, Verdugo B, Barro, Soutomaior e Monte Porreiro. PRIMEIRA XORNADA. Na primeira xornada houbo unha gran cantidade de goles e grandes xogadas. Os partidos máis disputados foron o ED Poio-Sacro A de prebenjamines e o Verdugo A-Verdugo B de categoría baby.
No primeiro púidose ver unha gran disputa polo control do balón no que os locais dérono todo para igualar a contenda, pero finalmente foi o conxunto visitante o que levou a vitoria por 1-2.O encontro de categoría baby foi un claro exemplo de fútbol de ataque no que os dous conxuntos dérono todo por desfacer a igualada, e a pesar dos catro goles que se viron no encontro o marcador final foi un empate que deixou contentos aos dous contendentes.

Tras esta xornada a táboa de prebenjamines queda liderada polo Porteiro 2000 A seguido polo Salcedo. En categoría baby, a que saca máis aplausos do público pola súa curta idade, queda liderada polo ED Poio seguido polo Porteiro 2000.

Na próxima xornada disputaranse emocionantes encontros como os vistos nesta.

prebenjamin

TRIANGULAR DE FUTBOL EN BARRO

O BARRO C.F ORGANIZA O 8 DE DECEMBRO AS 16:00 H NO CAMPO CHAN DE SANTOS (SAN BREIXO), UN TRIANGULAR ENTRE ALGUNS DOS CLUBES DE FUTBOL DO NOSO CONCELLO:

BARRO C.F,BARRO VETERANOS E CARBALLO DA PORTELA.

BARRO VETERANOS

CARBALLO DA PORTELA

TRIANGULAR DE FUTBOL EN BARRO, COMO CHEGAR.

A cara máis atrevida do CD Portas

O municipio de Portas segue coidando con esmero o traballo de base. A estrutura de base do CD Portas esténdese a todas as categorías. A estas alturas de campaña unha das formacións que máis destaca é o bloque alevín de fútbol 8 que dirixe Liño Diz Pérez. É unha xeración que oscila entre os dez e once anos, e que esta tempada saíu na Segunda Autonómica, a pesar de que tiña dereito a xogar na Primeira Autonómica. O técnico asegura que «decidimos non apostar por ese ascenso, e en definitiva non xogar en superior categoría, porque simplemente non buscamos nin resultados nin presumir de categoría. Queremos que os nenos gocen xogando e non vemos necesario xogar nesa división».
Liño Diz xa ten sobrada experiencia en adestrar á base (pasou por infantís ou benjamines) e a estas idades cre fundamenta «ensinar ao neno sempre co balón. É fundamental para que o rapaz é enriqueza continuamente. Sempre foi a miña lema». É máis o técnico é fiel á filosofía que impera en técnicos destas categorías nas que «o do resultado é o de menos; non ten nada que importar se ganas ou perdes; ao neno intentamos convencerlle doutros principios como actitude sobre o campo, aprender e non buscar resultados».
No entanto, Liño Diz é amante do fútbol ofensivo. Por iso é polo que sempre aposta por un esquema ofensivo á hora de situar aos rapaces sobre o terreo de xogo: «O meu sistema preferido e o que case sempre impoño é o do 1-1-42, porque considero fundamental que o neno teña liberdade para facer xogadas, sen perder a perspectivas de poder defender».A formación alevín de fútbol 8 do Portas ocupa actualmente a cuarta posición do grupo 63 da Segunda Autonómica sumando 18 puntos en 8 xornadas, mercé a seis triunfos e dúas derrotas. Xa leva corenta goles a favor por 17 en contra; o terceiro equipo máis goleador da categoría.
Experimentado míster
É un dos adestradores con máis carisma á hora de adestrar á base na esfera de influencia de Portas e Barro. Leva case unha década adestrando aos equipos de base de ambos os municipios pontevedreses. Liño Diz Pérez cumpriu un ciclo de cinco tempadas nas Escolas Deportiva de Barro e agora está sendo un dos principais impulsores do traballo de base no Club Deportivo Portas.

FORMACION ALEVIN A DE FUTBOL 8 DE BARRO

Un campo de fútbol reconvertido en ring

La tarde del 29 de octubre del 2006, el Barro C.F. y el Eiriña Atlético disputaban un encuentro de fútbol en el campo de San Breixo, en el municipio de Barro. En un momento dado, se produjo una tangana en la que se vieron implicados espectadores y jugadores de ambos equipos.

Tal y como reconoce la Audiencia, un grupo de personas, entre las que se encontraba el futbolista local Juan Carlos Iglesias Rodríguez, golpearon a Ángel Rey Pintos, del Eiriña Atlético, que sufrió diversas erosiones en el pecho y una herida en el arco supraciliar izquierdo.

Por su parte, el futbolista visitante Ricardo Gómez Filgueira, en la entrada de los vestuarios, empujó a un directivo del Barro C.F., Félix Vázquez Galiano, provocándole una contractura cervical que, si bien no requirió tratamiento médico, sí que le hizo guardar reposo durante una buena temporada.

El juzgado de Caldas, en una sentencia que ha sido confirmada por la Audiencia, se mostró salomónico al castigar a los dos jugadores rivales a abonar una multa de 270 euros por la comisión de una falta de lesiones. En cuanto a la responsabilidad civil, se sostiene que Ricardo Gómez deberá indemnizar al directivo del Barro C.F. con 945 euros, mientras que en el caso del futbolista de este último equipo, Juan Carlos Iglesias, se recoge que tendrá que pagar a Ángel Rey a razón de 45 euros por día de curación impeditivo y 25 en caso de no impeditivo.

La sentencia inicial fue recurrida infructuosamente por el futbolista del Eiriña Atlético. La Audiencia de Pontevedra rechazó sus pretensiones. En este sentido, recuerda que la víctima siempre mantuvo el mismo testimonio y que existe un parte en el que se recogen sus lesiones, al mismo tiempo que sostiene que «el hecho de que en el acta arbitral no se recoja la agresión de Félix, carece de trascendencia alguna».