O Barro, 25 anos dedicados ao fútbol

diario_pontevedra.750

O BARRO CLUB DE FÚTBOL está de celebración. Tras pasar por altibaixos superou todas as adversidades e hoxe en día encóntrase disposto a seguir formando xogadores como mellor sabe facer.

O Barro C.F. está composto na súa totalidade por 54 deportistas e catro categorías diferentes. Nelas, tres son de fútbol sala: sénior feminino, prebenxamín e biberón, e unha é de fútbol: equipo de Terceira Rexional masculino.

O club conta cunha serie de valores e particularidades que o definen, como indica o seu novo lema, «Con respecto gañamos todos/ás» co que o club quere facer fincapé nos seus principios, mostrando cual é a base do seu sistema de ensino. «O lema é unha declaración de intencións. O principal é que todos o nenos participen. Ademais, queremos fomentar valores como o respecto aos compañeiros, aos directivos, adestradores e, por suposto, entre eles. Mesmo temos unhas normas para os pais. Á fin e ao cabo, os nenos son nenos e son os pais os que deben orientalos polo bo camiño», comenta José Sanmartín, presidente do Barro C.F. Sanmartín recalca así a necesidade de facer comprender os máis pequenos que os resultados competitivos deben estar nun segundo plano: «Os nenos algunhas veces son moi crueis entre eles. Pais, adestradores e directivos deben facelos ver que o principal é pasalo ben».

O presidente fai unha mención especial ao fomento do deporte, especialmente entre os máis novos: «O deporte é moi importante para nenos e adolescentes. Sempre lle dicimos aos pais que non castiguen aos nenos con quitarlles o fútbol, teñen que velo como algo positivo, nunca negativo,».

A motivación e o cariño por parte dos titores son tamén aspectos moi importantes que José Sanmartín non dubida en resaltar: Gústanos que os pais estean presentes nos partidos para animar os nenos. Ademais, sempre dicimos que unha mirada cómplice ou un xesto de ánimo é mellor que un berro».

A nivel competitivo o club está a lograr bos resultados, pois hai unha evolución progresiva dos mozos. «As cousas van moi ben en xeral. Os nenos evolucionan, especialmente o equipo de prebenxamín, que se encontra neste momento segundo do seu grupo,».

O club celebra este ano o seu 25 aniversario tras a súa creación en 1990 da man de Leoncio Vicente Longa, por aquel entón director do colexio, en colaboración cuns cantos veciños de Barro.

Para celebralo e conmemorar o seu aniversario, o club está a preparar unha serie de eventos. Xa se levaron a cabo os torneos interparroquiais, que o Barro C.F. leva organizando dous anos cun resultado moi exitoso. Agora o club está centrado na organización dunha gala, que contará con convidados especiais, e un torneo solidario para os máis pequenos. «Estamos a preparar unha gala especial, na que haberá colaboracións de humoristas, deportistas, grupos musicais… Aínda que aínda está sen pechar, probablemente será realizada no mes de abril. Ademais, tamén realizaremos a terceira edición do Torneo de Fútbol Sala de Biberón Solidiario, que facemos en Curro dende hai 3 anos,».

Neste torneo, que será realizado no próximo mes de xuño, cada club participante entregará unha caixa de alimentos ou calquera achega para os nenos que non teñen recursos. «Co queremos tamén fomentar os valores nos nenos, que vexan que algúns iguais que eles non teñen para comer, e poidan así se involucrar e implicarse de primeira man».

O presidente destaca o arroupo que está a recibir o club e agradece a colaboración do Concello, os patrocinadores, e de todas as persoas que fixeron que, 25 anos despois, o club poida ser unha realidade. «Con gala ou sen gala, o que queremos é resaltar e dar as grazas ante todo, a todos aqueles que fixeron posible que o Barro C.F. chegue aos seus 25 anos. Sen eles, nós non teriamos razón de ser», conclúe orgulloso.

BARRO 3

BARRO 4

BARRO 5

BARRO 1

BARRO 2

 

2º CAMPIONATO INTERPARROQUIAL DE FÚTBOL

Ponse en marcha a segunda edición do Torneo Interparroquial en Chan de Santos. 27-28 de Decembro.
Hai algunhas novidades.
-Clasifícanse dous de cada grupo.
-O partido das mulleres será o domingo 28 as 16:00 h.
-O sorteo dos grupos será o próximo domingo día 7 de decembro no descanso do partido de liga Barro C.F. – Romai.
-Se queres xogar coa tua parroquia chama ao selecionador correspondente. os teléfonos están no cartel.
Recordade para poder xogar tes que cumplir algunha destas condicións Nacer na parroquia.
Vivir na parroquia.

Traballar na parroquia ( ter un traballo onde pasas parte do día)
Ter vinculación directa na parroquia.

campeonato barro

PRESENTACIÓN OFICIAL BARRO C.F 2014-2015

PRESENTACION 2014-15 BARRO C

BARRO C.F. vs AT. SAN MIGUEL

barro c f

XORNADAS DE ACHEGAMENTO Ó DEPORTE DO FÚTBOL SALA

barro c f

Os benxamíns do equipo Escola de Fútbol de Barro quedan en 2º lugar no II Moraña Cup

Os benxamíns do equipo Escola de Fútbol de Barro quedan en 2º lugar no II Moraña Cup.

Excelente ambiente o vivido na xornada de hoxe no campo de O Buelo para presenciar o torneo de fútbol 8.

Coa amenaza da climatoloxía comenzou o campionato, e xa dende ben cedo os equipos comenzaron a facer as delicias de tódolos afeccionados. Na xornada matinal desarrollouse as fases de grupo da categoría Alevín e Benxamín, quedando establecido os equipos clasificados para as semifinais, no caso da categoría maior.

Logo da pausa para zantar chegou o prato forte do día coa posta en escena da categoría Biberón, que sen dúbida foron os que máis ánimo recibiron dende as bancadas, unhas bancadas ateigadas de xente durante toda a tarde. A medida que foron chegando o memento das semifinais, foi gañando en emoción o torneo, deixando para o recordo un sinfín de xogadas de callidade e intervención moi meritorias dos gardametas.
Na categoría Biberon resulto gañador o Caldas C.F., inda que todos os participantes engancharon o público que vibrou sobremaneira coas evolución dos máis pequenos.

Na categoría Alevín, o Portero 2000 chegou a final despois de eliminar o equipo anfitrión nun partido moi disputado. O seu rival na final sería o Portas. Ambos equipos disputaron o encontro máis emocionante do torneo e só no treito final o Portero 2000 foi capaz de desfacer a igualada cun fermoso tanto de vaselina. O Portas puido forzar os penaltis pero cando todo parecía que chegaba o empate o travesaño repeliu o disparo e o Portero 2000 proclamouse campión da categoría.

Na categoría intermedia o Moraña CF proclamouse campión despois de superar o Escola de Fútbol de Barro. Ambos equipos disputaron un torneo fantástico. Destacar o terceiro posto acadado polo Moraña CF B, que pese a ser os máis cativos da categoría competiron de maneira fenomenal

http://www.moranacf.com/

moraña cup

ASAMBLEA XERAL EXTRAORDIANARIA DO BARRO C.F.

ASAMBLEA XERAL EXTRAORDIANARIA                        BARRO C F

 CONVOCATORIA:

 Por medio da presente temos o pracer de comunicarvos esta convocatoria para a  ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA o  xoves 22 de maio , as 20.30 h.  en primeira convocatoria e as 21.30 h. en  segunda ( hora da xuntanza )no Salón de actos da Biblioteca de Barro. Como estamos en período electoral o local podería non estar dispoñible e no caso de que así fose  a asamblea celebraríase na cantina de San Breixo.  

Dita Asamblea será aberta a todos os afecionados do BARRO C.F. , que lles apeteza acudir, sabendo que terán dereito a propoñer e opinar, pero quendando a posibilidade de votar exclusivamente os Socios do club.

Dada a importancia dos temas a tratar , pedimos a vosa asistencia.

                               Orde do dia.

 1      Información e acordos a tomar ante a creación dun novo equipo de fútbol en Barro.  

2      Continuidade do Barro C.F. como club e con equipos de base.

                         Barro a 12 de maio de 2014

                                      A directiva

                          Asinado: Jose Sanmartín

                                        Presidente.

II TORNEO BIBERÓNS

biberons

II TORNEO BIBERÓN SOLIDARIO

diario pontevedra

CURRO FUTBOL BENJAMIN

 

BARRO C.F. vs C.D.BAMIO

bamio

BARRO C.F. vs XIL C.D.

barro c f

BARRO C.F.Sorteo de un Vale de Compra de 250 Euros en DIEZA MOBILE

Para rematar a tempada, Sorteamos un Vale de Compra de 250 Euros en DIEZA MOBILE
Nesta tenda podes atopar dende un móvil , tablet, ordenador e todo o relacionado coa telefonía e Informática. 
Rifa : 1 Euro. 
Pídea xa a tua, non te quedes sen ela.
Grazas pola tua colaboración

BARRO C F

BARRO C.F vs CATOIRA S.D

BARRO C F

BARRO C.F vs S.D. COMBARRO

barro c f

FÚTBOL COPA DEPUTACIÓN, XOVES 27

ESTE XOVES AS 21.00 H. EN CHAN DE SANTOS. BARRO v.s. FIGUEIRIDO VEN ANIMAR Ó TEU EQUIPO , SEN TI NON O CONSIGUEREMOS, NECESITÁMOSTE. VAMOS BARRO

copa deputacion