Concursos
X CONCURSO DE FOTOGRAFÍA “IMAXES DE BARRO” 2015
- TEMAS:
A viña e o viño, cultura e tradición en Barro.
A auga no Concello de Barro.
- PREMIOS:
De entre todas as fotografías recibidas, concederanse un primeiro premio e un premio finalista.
1er PREMIO:
A viña e o viño,… = 90 €
A auga no Concello de Barro. =90 €
PREMIO FINALISTA:
A viña e o viño,… =45 €
A auga no Concello de Barro. =45 €
- CÓMO PARTICIPAR:
Poderán participar no concurso todas as persoas de casqueira idade e procedencia.
Cada participante poderá presentar un máximo de 2 fotografías polo que non se aceptarán máis de 4 fotografías por persoa.
As fotografías poderán ser en color ou en branco e negro e realizadas mediante unha cámara analóxica ou dixital.
Envíos:
O participante deberá enviar a/s fotografía/s atendendo ós seguintes requisitos:
– Enviar unha impresión en papel fotográfico de tamaño de 24 x 30 cm., en color ou en branco e negro e en soporte dixital.
No dorso de cada fotografía deberá figurar:
– tema.
– lema igual para o conxunto de fotografías.
– título de cada una.
Exemplo:
Temas: A auga no Concello de Barro.
Lema: dentro da auga
Titulo da fotografía:xira rio.
Nun sobre pechado co mesmo lema e categoría escrito por fora, deberán axuntar os seguintes datos: nome e dirección teléfono fixo e móbil do autor, lema, título, lugar e data da fotografía.
Toda a información deberá enviarse por correo ou entregarse no concello con rexistro de entrada nun sobre pechado a: Concurso Fotografía “Imaxes de Barro 2015”. Santo Antoniño Perdecanai, s/n. 36194 Barro Pontevedra
Calendario:
– A data de recepción comezará o 20 de abril de 2015 e rematará o 20 Maio de 2015, ambas inclusive. Os traballos recibidos despois da data de reunión do xurado quedaran excluídos.
-Mércores 22 de maio reunión do xurado.
-O fallo do xurado farase público nos medios de comunicación e na páxina de Internet http://www.barro.es durante o mes de maio de 2015.
Xurado:
O xurado estará integrado por:
-Alcalde ou persoa en quen delegue.
-2 expertos en fotografía
-Actuando como secretaria, a Informadora Xuvenil do Concello de Barro.
Os criterios de avaliación do xurado serán a creatividade e a calidade fotográfica.
A selección dos ganadores será a discreción absoluta do xurado e o seu fallo será definitivo e inapelable.
Os premios serán entregados durante a celebración da Festa do Viño durante o terceiro fin de semana do mes de xuño de 2015
- RESTRICCIONES
-Non se aceptarán fotografías realizadas por persoas distintas o autor ou que non sexan propiedade do autor.
-Non se aceptarán fotografías que xa se publicaran, exhibiran ou premiaran con anterioridade.
-As fotografías deberán ser realizadas dentro dos límites do Concello de Barro.
O participante manifesta e garantiza ó concello de Barro que é o único titular de todos los dereitos do autor sobre a fotografía que presenta ó Concurso.
-A participación no Concurso leva a cesión por parte dos gañadores e finalistas a favor do Concello de Barro dos dereitos de reprodución e distribución, sobre as obras fotográficas, e a exposición dos seus traballos durante o ano 2015. Así mesmo poderán aparecer tanto nas publicacións editadas polo Concello de Barro como na Web http://www.barro.es, sempre citando a procedencia e autor.
-Os participantes que non cumpran con calquera dos requisitos indicados nesta convocatoria serán descalificados automaticamente.
- XERAIS
As impresións en papel fotográfico, enviadas o concurso serán devoltas ós participantes que pasarán a recollelas pola Oficina de Información Xuvenil do Concello.
Correrá a cargo de cada participante o risco por perdidas ou danos ás fotografías durante o envío.
O enviar a súa imaxe, o participante acepta cada un dos termos e condicións aquí expostas.
Barro 23 de marzo de 2015.
Concurso de relato curto e poesía “Letras Novas”
Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, a localidade conxunta de Galiza Nova Barro-Caldas-
Moraña-Portas, organiza o primeiro concurso de relato curto e poesía “Letras Novas” co fin de promover a expresión escrita e o noso idioma.
As obras terán unha temática libre, en galego. A poesía terá unha extensión máxima de 50 versos e o relato curto terá entre 1500 e 2000 palabras.
Cada participante poderá apresentar como máximo UN traballo en cada modalidade, o cal deberá ser orixinal e inédito.
As composicións pódense entregar en man ao profesorado de galego dos centros publicos de Barro, Moraña, Portas e Caldas de Reis, ou
pódense entregar vía e-mail (gnbarrocaldasmoranha@hotmail.com) en formato PDF indicando nome, apelidos, idade, enderezo e teléfono de contacto, así como tamén, se o tiver, o título da obra. Os datos persoais en ningún caso serán entregados ao xurado.
Dividido en dúas categorías por idade:
– Modalidade xuvenil: até 18 anos
– Modalidade adulta: a partir de 18 anos
O xurado estará composto por profesorado dos centros educativos de Portas, Moraña, Barro e Caldas de Reis. O límite de entrega será o día 10 de maio.
O nome das persoas premiadas daranse a coñecer nun acto público o vindeiro 18 de Maio no auditorio de Caldas de Reis. (A hora do evento debe ser consultada no blogue abaixo citado)
Podes solicitar mais información no: gnbarrocaldasmoranha@hotmail.com e
consultar as bases do concurso en: www.gnpontevedra.blogaliza.org
CONCURSO DE CONTOS 2013
IX Concurso de Fotografía “Imaxes de Barro” 2013.
Gañadores do concurso de fotografia da OMIX
PREMIADOS NO CONCURSO DE FOTOGRAFIA IMAXES BARRO 2008
OS PREMIADOS DEBERÁN PASAR A RECOLLER OS PREMIOS O DOMINDO DÍA 15 DE XUÑO ÁS 14:00 HORAS NO CAMPO DA FESTA.
A EXPOSICIÓN DAS FOTOGRAFÍAS PRESENTADAS PODERASE VISITAR A PARTIR DO DOMINGO NA SALA DE EXPOSICIÓNS DA CASA DA CREGA.
CATEGORÍA Ata 18 anos:
1º premio na categoría “Aspectos históricos, arquitectónicos, paisaxisticos e etnográficos do Concello de Barro” para “El agua sen rumbo” de García García, Susana co lema: “81”.
2º premio na categoría “Aspectos históricos, arquitectónicos, paisaxisticos e etnográficos do Concello de Barro” para “A Pista” de Cancela Calvo, Giovanna co lema: “68D”.
1º premio na categoría “A viña e o viño, cultura e tradición en Barro” para “O fin” de Maquieira Buceta, David co lema: “85”
2º premio na categoría “A viña e o viño, cultura e tradición en Barro” para “A Borracheira” de Iglesias Otero Héctor co lema: “17”.
CATEGORÍA de 18 EN DIANTE
1º premio na categoría “Aspectos históricos, arquitectónicos, paisaxisticos e etnográficos do Concello de Barro” para “Aperta” de Francisco Ameixeira Sánchez co lema Londra.
2º premio na categoría “Aspectos históricos, arquitectónicos, paisaxisticos e etnográficos do Concello de Barro ”Lusco e fusco” de David Parrado Maquieira co lema “Barro en cores ´08”
1º premio na categoría “A viña e o viño, cultura e tradición en Barro”
para “A luz de outono foto 6” de de David Parrado Maquieira co lema: “Barro en cores ´08”.
2º premio na categoría “A viña e o viño, cultura e tradición en Barro” para “Encorvada” de José Manuel Mosquera Cordo co lema: “Conta atrás”.
Concurso de Fotografía e de Contos
O Concello de Barro vai a celebrar o IV Concurso de Fotografía “Imaxes de Barro 200” , e o Concurso “Os Contos que contan”.
1. CATEGORÍAS:
Aspectos históricos, arquitectónicos, paisaxísticos e etnográficos do Concello de
Barro.
A viña e o viño, cultura e tradición en Barro.
2. PREMIOS:
De entre todas as fotografías recibidas, concederanse un primeiro premio e un
premio finalista por categoría.
Adultos a partir de 18.
1er PREMIO:
Aspectos históricos,… =200 €
A viña e o viño,… = 200 €
PREMIO FINALISTA:
Aspectos históricos,… =150 €
A viña e o viño,… =150 €
Xuvenil ata 18 anos.
1er PREMIO:
BASES
IV CONCURSO
DE
FOTOGRAFÍA
“IMAXES DE BARRO”
2008
CONCELLO DE BARRO
SUBVENCIONA :
MAIS INFORMACIÓN: OMIX 986714806
CONCELLO DE BARRO
Aspectos históricos,… =100 €
A viña e o viño,… = 100 €
PREMIO FINALISTA:
Aspectos históricos,… = 50 €
A viña e o viño,… = 50 €
3. CÓMO PARTICIPAR:
Podrán participar no concurso todas as persoas de calqueira idade e procedencia.
Cada participante podrá presentar un máximo de 3 fotografías por categoría polo que
non se aceptarán máis de 6 fotografías por persoa.
As fotografías podrán ser en color ou en branco e negro e realizadas mediante unha
cámara analóxica ou dixital.
Envíos:
O participante deberá enviar a/s fotografía/s atendendo ós siguientes requisitos:
– Enviar unha impresión en papel fotográfico de tamaño de 24 x 36 cm., en color ou
en branco e negro.
– No dorso de cada fotografía deberá figurar un lema igual para o conxunto de
fotografías e o título de cada una. Nun sobre pechado co mesmo lema escrito por
fora deberán axuntar os siguientes datos: nome e dirección teléfono fixo e móbil do
autor, a categoría, título, lugar e data da fotografía.
Toda a información deberá enviarse por correo ou entregarse no concello con rexistro
de entrada nun sobre pechado a:
Concurso Fotografía “Imaxes de Barro 2008”. Santo Antoniño Perdecanai, s/n.
36194 Barro Pontevedra
Calendario:
– A data de recepción comezará o 15 de marzo de 2008 e rematará o 15 Maio de
2008, ambas inclusive. Os traballos recibidos despois da data de reunión do xurado
quedaran excluídos.
-Venres 16 de maio reunión do xurado.
-O fallo do xurado farase público nos medios de comunicación e na páxina de
Internet http://www.barro.es durante o mes de xuño de 2008.
Xurado:
O xurado estará integrado por:
-Alcalde ou persoa en quen delegue.
-Por un concelleiro representante de cada un dos grupos políticos do concello.
-2 expertos en fotografía
-Actuando como secretaria, a Informadora Xuvenil do Concello de Barro.
Os criterios de avaliación do xurado serán a creatividade e a calidade fotográfica.
A selección dos ganadores será a discreción absoluta do xurado e o seu fallo será
definitivo e inapelable.
Os premios serán entregados durante a celebración da Festa do Viño durante o
terceiro fin de semana do mes de xuño de 2008, (13, 14 ou 15).
4. RESTRICCIONES
-Non se aceptarán fotografías realizadas por persoas distintas o autor ou que non
sexan propiedade do autor.
-As fotografías non poderán ser alteradas electrónicamente nin por calquera outro
medio. Tampouco se aceptarán fotomontaxes. Se permitirán mínimas correccións de
color e luminosidade.
-Non se aceptarán fotografías que xa se publicaran, exhibiran ou premiaran con
anterioridade.
-As fotografías deberán ser realizadas dentro dos límites do Concello de Barro.
O participante manifesta e garantiza ó concello de Barro que é o único titular de todos
los dereitos do autor sobre a fotografía que presenta ó Concurso.
-A participación no Concurso leva a cesión por parte dos gañadores e finalistas a
favor do Concello de Barro dos dereitos de reprodución e distribución, sobre as obras
fotográficas, e a exposición dos seus traballos durante o mes de xuño de 2008. Así
mesmo poderán aparecer tanto nas publicacións editadas polo Concello de Barro con
referencia á Festa do Viño como na Web http://www.barro.es, sempre citando a
procedencia e autor.
-Os participantes que non cumpran con calquera dos requisitos indicados nesta
convocatoria serán descalificados automaticamente.
5. XERAIS
As impresións en papel fotográfico, enviadas o concurso serán devoltas ós
participantes que pasarán a recollelas pola Oficina de Información Xuvenil do
Concello.
Correrá a cargo de cada participante o risco por perdidas ou danos ás fotografías
durante o envío.
O enviar a súa imaxe, o participante acepta cada un dos termos e condicións aquí
expostas.
PRIMEIRA: O presente concurso denominase: “OS CONTOS QUE CONTAN”
SEGUNDA:
Poderán concorrer a este certame, calquera afeccionado que non sexa
profesional nin teña publicado individualmente ningún traballo literario.
TERCEIRA:
Os traballos compre que sexan orixinais e inéditos, en lingua galega e terán
unha extensión mínima de:
• Para @s rapaces/as de entre 3 e 5 anos, imprescindible que realicen
alomenos 5 ilustracións que conten unha historia.
• Para @s mozos/as de primaria o extensión será libre, tendo en conta
que deberá ter estrutura de conto, sendo requisito imprescindible que se
acompañen de ilustracións e se presenten no formato facilitado pola
organización.
• Para @s mozos/as de secundaria, a extensión e formato serán libres
sendo requisito imprescindible que presenten os traballos a dobre espazo e con
letra de imprenta.
• Para @s persoas a partir de 17, os traballos terán unha extensión e
formato libres sendo requisito imprescindible que presenten os traballos a
dobre espazo e con letra de imprenta.
CUARTA:
SUBVENCIONA : CONCELLO DE BARRO
Concederanse os participantes un pequeno agasallo, xunto con varios premios
según a categoría que corresponda (deberán recollelo, na entrega de premios)
1. Infantil: Pequeno agasallo a tódolos participantes
2. 1 Ciclo de primaria: Material didáctico e un lote de libros
3. 2 Ciclo de Primaria: Material didáctico e un lote de libros
4. 3 Ciclo de primaria: Material de didáctico e un lote de libro
5. 1 Ciclo de secundaria: Material de didáctico e un lote de libros
6. 2 Ciclo de secundaria: Material de didáctico e un lote de libros
7. De 17 a 26 anos: Material de didáctico e un lote de libros
8. De 27 en diante:Material de didáctico e un lote de libros
QUINTA:
O prazo de presentación dos traballos rematará as 14 horas do mércores 30
abril de 2008.
SEXTA:
Os orixinais presentaranse na OMIX ou na Biblioteca do Concello de Barro.
Terán que remitirse nun sobre, no que se indique na súa parte exterior a idade.
No interior da plica, consignarase o nome do autor, o seu enderezo postal e o
teléfono na parte posterior da última folla da súa obra. A remisión farase á
OMIX de Barro ( Santo Atoniño- Perdecanai nº 8 36194 Barro) ; indicando no
sobre: PARA O CERTAME “OS CONTOS QUE CONTAN”.
Coa conmemoración das LETRAS GALEGAS O 17 DE MAIO DE 2008
realizaremos a lectura e exposición dos contos, para contar coa opinión do
colectivo o que vai dirixido este certame, que se levará a cabo o venres 16 e o
sábado 17 de maio pola mañá.
SÉTIMA:
O Xurado fará público o seu fallo o día no que se falle o premio; o xoves 15 de
maio pola mañá. Os autores comprométense a acudir a esta biblioteca para
recolle-lo seu premio que se entregará o sábado 17 de Maio.
OITAVA:
A concesión do premio non implicará a perda dos dereitos do autor do traballo
premiado. Nembargantes o Concello de Barro reservarase o dereito de publicar
total ou parcialmente os traballos premiados.
NOVENA:
Os traballos presentados poderanse retirar polos seus autores, previa
acreditación da súa pertenza. O prazo para retiralos caducará os 2 meses de
fallado o premio. Non responsabilizandose da perda fortuíta dalgún orixinal.
DÉCIMA:
A participación neste concurso implica a aceptación destas bases, e polo
demais, o que non este previsto, estará ó que determinen os membros do
xurado.
UNDÉCIMA:
Se os traballos presentados, non reuniran a suficiente calidade, a proposta do
xurado, poderá declararse deserto o premio.
DUODÉCIMA:
O Xurado estará formado por:
• Departamentos de lingua e literatura Castela e departamento de lingua e
literatura galega do I.E.S de Barro ou persoa en quen delegue.
• Pola Concelleira de Cultura ou persoa en quen delegue.
• Representante de normalización linguística do centro de Primaria e
profesor/a de galego e literatura castelá ou persoa en quen delegue.
• Pola responsable da Biblioteca Pública do Concello de Barro.
• Actuando como secretario, o secretario do Concello de Barro.
Barro, 25 de febreiro de 2008
O Alcalde Presidente do Concello de Barro
Asdo.: José Antonio Landín Eirín







