ELECCIÓNS Á NOVA XUNTA DIRECTIVA DA COMUNIDADE DE MONTES DA PORTELA

NOVAS DE BARRO

COMUNIDADE DE MONTES EN MAN COMÚN DA PARROQUIA DE PORTELA

CONVOCATORIA ASAMBLEA

JUNTA GESTORA DNI

CANDIDATURA DOC.1

CANDIDATURA DOC.2

 

 

Desprendementos dos recheos ilegais no monte da Portela

As fotos corresponden á pista do monte de Parada de acceso á Igrexa de Portela, e ao lado dunha explotación Avícola, que coas chuvias do domingo houbo desprendementos dos recheos ilegais sobre o monte comunal.
Actualmente a pista está cortada e segundo informa a Xunta de Montes terase que ver quen é o responsable.

CIMG2983

CIMG2976

A Portela máis solidaria.

O pasado día 22 de decembro, a Xunta Xestora da Portela, entregou ás familias máis necesitadas os alimentos doados en días anterirores. Así mesmo, os produtos sobrantes foron entregados ao comedor de San Francisco, en Pontevedra.

Dende a Xunta Xestora da Portela queren agradecer a tódalas persoas que colaboraron neste agasallo solidario.

Bo Nadal!

portela

 

 

COLECTA DE ALIMENTOS

Estimados veciños:

Todos coñecemos a situación actual e a grave crisis económica por la que atravesa o noso país.

Esta situación, (desgraciadamente), levou a moitos fogares a una situación límite, en moitos casos, a una situación precaria o límite da pobreza.

A Xunta Xestora, en colaboración con un grupo de voluntarios comuneiros veciños da nosa Parroquia, imos a proceder a realizar unha colecta de alimentos non perecedeiros ou tamén chamada operación Kg, pedimos a colaboración de todos, (dentro das posibilidades de cada un), para a constitución de un Banco de Alimentos para os mais necesitados, ante as festas do Nadal, para que ninguén da nosa parroquia teña que pasar estreiteces.

Os alimentos donados, serán depositados na Casa Multiusos e entregados de forma razonable e responsable ás familias ou persoas que soliciten axuda da nosa parroquia, deben recordar, que esto non é ninguna vergoña, e que calquer familia se pode atopar na mesma situación cando menos o pensa.

Pasadas as Festas do Nadal, en caso de quedar existencias de alimentos, estes serán donados ó comedor de San Francisco en Pontevedra, que está a facer diariamente cinco turnos de comidas.

Poñemos uns teléfonos a disposición para cualquier información complementaria ou solicitude de axuda que deseen realizar.

Un membro da Xunta Xestora, acompañado de un representante do grupo de voluntarios, podería desplazarse a buscar a domicilio ou establecementos, as aportacións dos veciños.

Tamén nos pareceu un bo lugar de recollida a igrexa, por tanto, previo permiso de D. Oscar, depositaránse unhas tinas na sacristía o vindeiro domingo día 15 para depositar alí os donativos.

Agradecendo de antemán a vosa inestimable colaboración para este solidario proxecto, un saúdo veciños.
CARMEN IGLESIAS NIETO
Presidenta da Xunta Xestora.

Móviles: 662 44 55 95 666 28 05 90

colecta alimentos

O xuíz desestima a petición de medidas cautelares sobre a directiva da Portela

diario_pontevedra.750
O primeiro capítulo da parte xudicial do conflito na Comunidade de Montes da luis pintos (2)Portela, en Barro, acabouse esta semana coa emisión dunha sentenza favorable á nova directiva, na que se desestima unha demanda -a primeira- presentada pola xunta rectora saliente, encabezada por Luís Pintos.
A directiva de Pintos decidiu en outubro recorrer aos tribunais para impugnar os últimos acordos adoptados pola directiva da Comunidade de Montes, á vez que solicitaba a adopción de medidas cautelares, como a suspensión dos efectos das decisións da nova directiva e a anotación preventiva da demanda no Rexistro Xeral de Montes Veciñais en Man Común.
Aínda que inicialmente admitiuse a trámite a petición de adopción de medidas cautelares, na vista celebrada o 29 de novembro, os directivos actuais, encabezados por María do Carmen Igrexas, rexeitaron estas medidas.
Unha vez vistos os fundamentos de dereito, o titular do Xulgado resolveu que se desestimaría a solicitude de medidas cautelares e impuxo á parte demandante o abono das costas causadas polo litixio. Existe un prazo de 20 días para apelar esta decisión, que o xuíz fundamenta na ausencia de ?periculum in moura?, o cal vén sendo o risco de que, ao non suspenderse cautelarmente o poder de decisión da directiva actual «a parte demandada puidese aproveitarse da situación de pendencia do proceso para facer inefectiva unha eventual sentenza contra os seus intereses».
O titular da sala sostén que ese caso non se dá, e que, de facelo, a directiva saliente, de Pintos, non xustificou suficientemente a petición. É dicir, que non explican que decisións do grupo de Igrexas Neto poderían invalidar o efecto dunha sentenza anulatoria. O xuíz sinala tamén que «desde unha perspectiva funcional, a impugnación de todos os acordos relativos ao nomeamento da Xunta Rectora, nos términos nos que se suscitou a conflictiva relación entre as partes, provocaría unha parálisis da comunidade, desproporcionada en relación aos efectos que podería ter unha estimación da demanda».
O demandante, Luís Pintos, non quixo valorar onte o fallo xudicial.
LUIS PINTOS PORTELA

Luís Pintos e CIA volven perder nos xulgados

comunidad portela 1

comunidad portela 2

comunidad portela 3

nn

Enfrentamiento entre NGB y comuneros da Portela por no poder retirar cuatro mil euros

ngg banco barro