GALA BENÉFICA

Coñécense xa algunhas actuacións máis do festival benéfico que mañá venres 1 de marzo celébrase no hotel Sena, organizado pola ANPA do Centro Ocupacional de Saiar para recaudar fondos para actividades extraescolares, tanto formativas como de leceres, para os usuarios. Ademais de Jorge, cantante da orquesta Panorama, e María Chenlo “esta última non poderá cantar por problemas de saúde”, encargaranse da música a orquesta Jerusalén e Ronsel Rodriguez, do grupo Samba, presenta o acto Pury Gonzalez deArousa Si Radio Salnés

O festival arrincará ás sete e media da tarde con entradas ao prezo de dous euros que poderán adquirirse no propio hotel Sena. A organización dispuxo uns trescentos tíckets e anima a todos a asistir para apoiar ao Centro Ocupacional.

centro

A Xunta aplicará este ano o copago aos corenta usuarios do centro O Saiar

O Centro Ocupacional O Saiar, teñen usuarios de Caldas como Vilagarcía, A Illa, Moraña, Barro ou Pontecesures.

Os corenta usuarios discapacitados psíquicos do Centro Ocupacional O Saiar, de Caldas, terán que financiar parte do servizo que reciben. A Xunta aplicará o copago este ano, segundo confirmaron a La Voz fontes da Consellería de Traballo e Benestar. Desde o departamento que dirixe Beatriz Mato explicouse que a medida se fará efectiva ao longo do 2013, unha vez que se aprobe e publique un decreto xeral de centros sociais.

Neste sentido, indicaron que se trata dunha normativa «de referencia» para a que faltan uns trámites administrativos. Desde Traballo non se precisou a data de publicación do decreto, aínda que será seguro dentro do primeiro semestre deste exercicio. O que si reiteraron desde a consellería é que non vai haber ningunha reconsideración do copago no Saiar.

A porcentaxe que terá que abonar cada usuario do centro ocupacional tampouco se fixo público. «Todos os centros teñen copago e ese non vai ser unha excepción. A aplicación será a mesma que no resto de centros de Galicia», apuntaron desde o departamento autonómico.

A aplicación do copago caerá como un xerro de auga fría na Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPA), que no último medio ano non tivo noticias respecto diso. No entanto, o pasado outubro o colectivo xa deixara claro que as familias non se fiaban, expresando o seu temor a que o servizo deixase de ser gratuíto.

A oposición á implantación do copago transcendera no Nadal do 2011. As instalacións, que se inauguraron en 1988, construíronse sobre uns terreos que foron cedidos gratuitamente e por 30 anos pola Comunidade de Montes de Saiar. A atención aos usuarios, que inclúe réxime de media pensión e transporte en autobús, comprende formación a través de catro talleres: carpintería, encadernación, cestería e xardinería. O obxectivo final que persegue o centro é a inserción social e laboral dos alumnos.

Cando hai máis dun ano transcendeu que se ía implantar o copago, primeiro falouse de que alcanzaría o 38,7 %, despois que sería progresivo e máis tarde que dependería do nivel de ingresos das familias segundo o indicador público de renda de efectos múltiples (Iprem).

«Todos os centros teñen copago e ese [en relación ao Saiar] non vai ser unha excepción»

Consellería de Traballo

saiar

http://noticiasbarro.com/2012/03/03/usuarios-e-familiares-do-centro-ocupacional-o-saiar-recollen-firmas-contra-o-copago/