Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2015/2016.

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2015/2016.

CALENDARIO
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN.
Do 1 ao 20 de Marzo , ambos incluídos.
LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO.
Antes do 25 de Abril de 2015.
PRAZO DE RECLAMACIÓNS.
5 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.
LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO.
Antes so 15 de maio de 2015
FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA.
Do 20 ao 30 de xuño de 2015 (Educación Infantil e Primaria)

http://www.edu.xunta.es/web/node/14293

Mais información no Colexio Público Amor Ruibal de Barro Teléfono: 986 711 249.

AMOR RUIBAL

VISITA EXPOSICIÓN GRAVADO E OBRA TITIRITRAPO

O artista Manolo Ruibal visitou o CEIP Amor Ruibal de Barro.

manoloruibal (1)

O  pasado día 12 de Decembro visitou o noso centro Manolo Ruibal. Escultor, pintor, artista polifacético da nosa terra e de recoñecemento internacional.
O alumnado do 3º ciclo de Primaria recibíuno na Biblioteca do noso centro onde lle tiñan preparada unha pequena exposición coas “obras” que eles mesmos elaboraran na clase de Plástica.
Deixamos constancia cunha fotografía da visita e a dedicatoria que deixou no libro de visitas da nosa Biblioteca.

manuel

Halloween 2014 no CEIP Amor Ruibal

Actividades de Halloween realizadas na aula de inglés de 1º e 2º curso coa auxiliar de conversa (sección bilingüe 2014) no CEIP Amor Ruibal, Barro.
Cancións Can you make a happy face?, The skeleton song e Knock, knock who are you? de Supersimplesongs empregadas tamén na aula.

O CPI Amor Ruibal sumase a unha recollida de tapóns solidaria

colexio barro 1

Alumnos do CPI Amor Ruibal do concello de Barro colaborarán directamente coa Fundación Amigos de Galicia nunha nova iniciativa solidaria posta en marcha por esta asociación, que nesta ocasión se centra nunha recollida de tapóns

Un curso máis, o noso centro colaborarará na campaña solidaria de recollida de tapóns de plástico que organiza a Fundación Amigos de Galicia. Con tal motivo, Mª Jesús Longa estivo con nós para explicarnos o proceso da reciclaxe dos tapóns e, sobre todo, para falarnos d@s nen@s que precisan da nosa axuda.

Nesta ocasión solidarizámonos con Álex, un neno de 7 anos de Vigo que precisa dun tratamento en Madrid.
colexio barro 2
    Se pinchas no cartaz terás acceso á súa historia, tal e como está recollida na web da Fundación:
foto Álex

CEIP Amor Ruibal de Barro. Na clase estaba un neno

GAÑADOR@S DO CONCURSO DE MICROPOEMAS

Carla Vázquez Palacios, de 4º curso de primaria, e Rodrigo Romero Castro, de 5º, resultaron gañadores no VI Concurso de Micropoemas convocado pola Coordinadora Comarcal “Terras de Umia” dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos concellos de Barro, Caldas de Reis, Cuntis, Moraña e Portas.
Parabéns a Carla e Rodrigo!!! E tamén a tod@s @s participantes no concurso!!

Ánimo e a seguir creando e participando, artistas!!!

Se pinchades na foto d@s gañador@s accederedes a máis información recollida no blogue da nosa biblio:

Rodrigo y Carlae a seguir creando e participando, artistas!!!
Se pinchades na foto d@s gañador@s accederedes a máis información recollida no blogue da nosa biblio