Unha parada en Barro e de volta a Oriente

Os nenos de Barro fixeron bo onte o devandito bíblico “os últimos serán os primeiros”, grazas á cabalgata de Reis que, pola tarde, percorreu as rúas do municipio.

Así, si por unha banda pódese entender que foron os últimos en recibir aos seus Majestades de Oriente, a mesma festa permitiulles ser os primeiros en despedirse deles ata o ano próximo, e os primeiros en facer as peticións de agasallos xa de face á visita do ano 2014.
A comitiva real partiu da leira da Crega, nas instalacións reunironse os Reis cos seus pajes e axudantes. Tras percorrer a rúa Baladas, a N-550 ata a zona de Casa Florita e volver, os Reis fixeron parada no Concello para ser recibidos polo alcalde, José Antonio Landín. A festa concluíu no Pavillón Municipal de Deportes, coa actuación da Banda Xuvenil de Barro e cunha ofrenda ao belén viviente, no que participaron un bo número de veciños.

cabalgata

GRAN CABALGATA DE REIS 2013

cabalgata

Fotos Cabalgata de Reis 2012

cabalgata de reis 2012