O BNG rexeita, por agresiva, a alternativa escollida polo Ministerio de Fomento para enlazar a A-57 en Curro

A alternativa 3, escollida como prioritaria polo ministerio de Fomento para enlazar a A-57 en Curro é, sen lugar a dúbidas, bng barroa máis agresiva, cun forte impacto na parroquia.

De levarse a cabo esta alternativa, que mete a autovía polo medio das casas e atravesa o cruce de Outeda, botaría por terra todos os intentos de mellorar o tránsito peonil e a seguranza viaria nun punto neurálxico da parroquia tanto para o tránsito de vehículos como o tránsito de peóns.

O BNG defende que o enlace da A-57 co nó de Curro se realice segundo o contemplado nas alternativas 5 e 6 (enlace da autovía do Salnés coa autoestrada), ou sexa, alonxando a autovía do medio das casas e non hipotecando a necesaria mellora da seguranza viaria no cruce de Outeda, unha vella reivindicación tanto dos colectivos veciñais como do BNG.

Barro, 14 de marzo de 2013

outeda

http://noticiasbarro.com/2013/03/07/informacion-relativa-o-trazado-da-ag57/

 

A Lei Wert: Unha Lei para privatizar o ensino

Galiza Nova: Galiza Nova vén de criar hai poucos días unha localidade galiza 1conxunta entre Barro, Caldas e Moraña. Esta unión ten a bontade de estabelecer lazos entre o nacionalismo xuvenil destes tres concellos, dada a súa proximidade, para traballar en conxunto. Apenas fixeron falta uns días para vermos mostras do seu traballo, xa que esta semana nas proximidades do IES de Barro  e do Instituto Aquis Celenis de Caldas de Reis figuran unhas estrazas onde se poden ler frases como “o ensino é un dereito, non un privilexio” , “queremos unha educación que nos axude a pensar e que non nos ensine a obeceder”  ou “Non á LOMCE”. 

Este venres organizarán unha charla na Casa da cultura Afonso Daniel galiza 2 Rodríguez Castelao, en Moraña. Na charla abordarase a polémica reforma educativa, a chamada Lei Wert. O Responsábel local Diego Oliveira representará a Galiza Nova, mentres que Duarte Correa fará o propio coa CIG-Ensino. No acto tamén intervirán estudantes para dar o seu punto de vista.

Galiza Nova fai un chamamento á asistencia a dito acto a tod@s @s pais e nais e tamén ao alumnado, pois tilda a situación de moi grave, xa que esta lei “pretende, entre outras cuestións, rematar co carácter público e gratuíto do ensino, reforzar os concertos privados e reducir á mínima expresión o noso idioma nas distintas etapas educativas.”

galiza 3

O CONCELLO DE BARRO APROBA AS INICIATIVAS DO BNG A FAVOR DA RECICLAXE E DO ARRANXO DE VIAIS

 O Pleno do concello de Barro vén de aprobar, a  iniciativa do BNG:bng barro

  1. Proceder á colocación de colectores de recollida selectiva, tanto de papel como de envases e vidro en varios lugares de cada parroquia, facilitando desa maneira que os veciños e veciñas de Barro poidan contribuír a que a factura a pagar polo tratamento dos resíduos sexa menor e un maior cuidado do medio ambiente.
  2. Esixir que para incorporarse a calquera proxecto mancomunado de tratamento de residuos se contemple o obxectivo da redución, reutilización e a reciclaxe dos mesmos, incluído os orgánicos a través da compostaxe.
  3. Dirixirse á Xunta de Galiza, para que destine os fondos previstos para crear outra incineradora ao financiamento de proxectos mancomunados de reciclaxe e compostaxe, que permitan a creación de emprego, e acadar os obxectivos de recollida selectiva e reciclaxe das sociedades avanzadas.
  4. Dirixirse ao ministerio de Fomento para demandar o arranxo inmediato tanto da pista que dá acceso ao lugar de Parada como do vial novo que comunica Valbón coa Estación da Portela, restablecendo desta maneira o servizo con que contaban os veciños e veciñas do concello antes de executarse as obras do AVE.

Galiza Nova Moraña xa é unha realidade!

galiza nova

moraña

MOCIÓN do BNG de Barro referente á recollida selectiva de residuos sólidos urbanos e a súa reciclaxe

Sr. Alcalde:bng barro
O abaixo asinante, Xosé Manuel Fernández Abraldes, portavoz do grupo municipal do BNG no concello de Barro, presenta a seguinte MOCIÓN referente á recollida selectiva de residuos sólidos urbanos e a súa reciclaxe.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
Afortunadamente a conciencia da cidadanía á hora de separar os resíduos para a súa reciclaxe avanzou moito nos últimos anos, pero os medios postos polo Concello para que esa reciclaxe se produza son moi escasos.
Cantos máis residuos se separan e se reciclan máis se aforra e, o que é máis importante, máis se coida o medio ambiente.
No noso concello apenas temos colectores para separar o papel, o vidro ou os envases do resto dos residuos.

O BNG leva demandando desde hai moitos anos que se distribúan polo concello os colectores de separación de lixo que están almacenados a carón da escola taller, sen que o goberno municipal faga caso da nosa demanda.

Sabemos que hai xestións feitas por parte da asociación de comerciantes de Barro para que se amplíe a recollida de vidro, e son moitos os veciños e veciñas que tamén reclaman que se lles facilite a posibilidade de reciclar os distintos residuos.

O tratamento sustentábel do lixo a través da recollida selectiva, a reciclaxe e a compostaxe, ademáis de ser máis ecolóxica, ten demostrado ser máis económica e crear moitos máis postos de traballo, argumento este último moi a ter en conta na situación económica que estamos a vivir.

Actualmente estase falando de crear un servizo mancomunado a nivel provincial, que debería servir para introducir o tratamento do lixo a través da reciclaxe e a compostaxe, modificando a aposta que fixo a Xunta do PP nos anos 90, de eliminar os resíduos a través da incineracion exclusivamente.

Por todo o exposto, o Pleno do Concello de Barro acorda aprobar a seguinte

MOCIÓN:
Que de forma inmediata se proceda á colocación de colectores de recollida selectiva, tanto de papel como de envases e vidro en varios lugares de cada parroquia, facilitando desa maneira que os veciños e veciñas de Barro poidan contribuír a que a factura a pagar polo tratamento dos resíduos sexa menor e un maior cuidado do medio ambiente.

Que para incorporarse a calquera proxecto mancomunado de tratamento do lixo se esixa como obxectivo a reducción, reutilización e a reciclaxe dos resíduos, tamén dos orgánicos a través da compostaxe.

Dirixirse á Xunta de Galiza, para que destine os fondos previstos para crear outra incineradora ao financiamento de proxectos mancomunados de reciclaxe e compostaxe, que permitan a creación de emprego, e acadar os obxectivos de recollida selectiva e reciclaxe das sociedades avanzadas.

Barro a 25 de xaneiro de 2013

Xosé Manuel Fernández Abraldes

O BNG ESIXE O ARRANXO INMEDIATO DA PISTA DE PARADA DESTROZADA POLAS OBRAS DO AVE, E A NOVA DE ACCESO A VALBÓN

As obras do AVE no concello de Barro afectaron a moitas infraestruturas bng barroviarias e, a pesar de que as empresas construtoras teñen obriga de repoñelas e deixalas en perfecto estado para que sigan a dar servizo aos veciños e veciñas do concello, existen neste momento dous casos que son un claro exemplo do incumprimento por parte das empresas e do ministerio de Fomento, e que denotan, ao mesmo tempo, a deixadez e falla de esixencia do goberno municipal. Estes son:

• A pista que comunica a estrada do San Amaro co lugar de Parada. Trátase dun vial que leva moitos meses intransitábel e, a pesar das reiteradas denuncias dos veciños  afectados, nin Fomento o repara nin o goberno municipal presiona para que o faga.

• A nova pista que se construíu para comunicar o lugar de Valbón coa zona da Estación da Portela. A pesar de que este vial se fixo novo, ao anular o trazado da vía o acceso existente até ese momento, a súa execución, a presa e correndo, foi unha verdadeira chapuza, limitándose a botar un pouco de aglomerado e gravilla sobre un terreo pouco firme e que non reunía as mínimas condicións para ser unha obra duradeira. Unha vez máis o goberno municipal do PP mantivo unha actitude de compricidade ou, cando menos, de silencio diante dunha execución chapuceira.

Non pasaron nin dous anos  e este vial  de nova factura  xa está desfeito, nunhas condicións lamentábeis para circular por el.

Os veciños e veciñas destes lugares non merecen ter uns accesos intransitábeis, polo que o BNG lle esixe ao goberno municipal que os defenda  e se dirixa ao ministerio de Fomento para demandar de forma inmediata o arranxo tanto da pista que dá acceso ao lugar de Parada como do vial novo que comunica Valbón coa Estación da Portela, restablecendo en boas condicións desta maneira o servizo con que contaban os veciños e veciñas do concello antes de executarse as obras do AVE.

Barro, 28 de xaneiro de 2013

Asdo: Xosé Manuel Fernández Abraldes

Estado no que se atopa a pista de parada

Algúns dos buratos que existen na nova pistn de Valbón

O BNG chama á sociedade a encher as rúas de Compostela o domingo en defensa do galego

O domingo @s comapañeir@s do BNG de Barro estaremos en Compostela  bng barromanifestándonos contra as políticas de Feijóo e Wert. Estamos fart@s de que queiran acabar co ben máis preciado que temos. Pretenden acabar coa lingua porque é o noso signo de identidade, mais non o conseguirán porque unido “o povo é quem máis ordena”.

 

Se queres vir connosco ponte en contacto por mensaxe privada.
https://www.facebook.com/bng.debarro 

Non fiques na casa, maniféstate!

O BNG esixe a devolución do diñeiro aos estafados polas preferentes

“Foron as decisións tomadas polos gobernos de Madrid, antes do PSOE e agora do PP, as que permitiron a estafa das preferentes, e, polo tanto, é ese mesmo goberno o que ten que decidir devolverlle os seus aforros ás persoas estafadas.

As medidas que se están a tomar con motivo desta crise, están a supor un roubo continuado á inmensa maioría da poboación.

O roubo de postos de traballo, o roubo da vivenda que sofren as persoas desafiuzadas, o roubo de dereitos laborais, o roubo de salarios, etc. Pero hai miles de galegos e galegas que están sofrendo ademais o roubo dos seus aforros: os afectadas pola estafa das preferentes e subordinadas.

Milleiros de galegos e galegas que vén como os seus aforros de moitos anos de traballo, en moitos caso na emigración, están nos petos dos bancos, sen que eles teñan garantías de poder recuperalos.

Por iso o BNG dende o primeiro día os está a apoiar, e a esixir que se adopten decisións políticas para que lles sexa devolto o seu diñeiro, pois tamén foron decisións políticas as que crearon unha lexislación que permitíu á banca a estafa que se lles fixo a toda esta xente.

Tamén en Barro hai moitos afectados pola estafa das preferentes. Veciños e veciñas que confiaron na caixa ou bancos onde tiñan os seus aforros e agora están atrapados por este engano. O BNG seguirá a apoialos como fixemos sempre, para que consigan recuperar os seus cartos, como é de xustiza.

abraldes

Barro: concello de primeira en impostos, concello de terceira en servizos

A crise económica que estamos a sofrer, estase a utilizar para bng barroeliminar dereitos básicos, reducir servizos e empobrecer cada vez máis á inmensa maioría da xente. 

 As medidas que están tomando os gobernos do PP van na liña de cargar os efectos da crise nos petos dos traballadores e traballadoras, dos e das pensionistas e da pequena e mediana empresa.
 
Todas as medidas que se foron adoptando trouxeron consigo máis paro, maior empobrecemento da gran maioría da poboación, pero, ao mesmo tempo, maiores ganancias para as grandes fortunas e as grandes empresas.
 
O abaratamento do despido, a rebaixa dos salarios, a rebaixa das prestacións por desemprego, a rebaixa das pensións e aumento do paro, que medra día a día, fan que a maioría das familias visen como disminuían os seus ingresos.
 
Baixan os ingresos, suben os impostos
 
Mentres baixan os ingresos temos que facer fronte a unha forte suba da luz, dos combustíbeis, do IRPF, do IVE, da auga, dos medicamentos, etc.

 Pero os veciños e veciñas de Barro ademáis de ter que soportar todas as medidas tomadas tanto polo goberno español como pola Xunta, temos que facer fronte a outra suba brutal: a  dos impostos no noso concello. 

 
Se xa no ano 2012 tivemos que pagar un 30% máis no imposto da circulación e a suba do recibo do lixo, este ano 2013 imos ter que facer fronte a unha forte suba do recibo da contribución, que se irá incrementando ano a ano até o 2020.
 
Barro, investimento cero
 
Pero se en Barro imos ser un concello de primeira á hora de pagar impostos, seguiremos a ser un concello de terceira á hora de disfrutar de servizos básicos.
 
Se durante todos os anos de crecemento económico, a nefasta xestión do PP foi incapaz de dotar a Barro dos servizos mínimos cos que contan os concellos limítrofes, que se pode esperar agora? 
 
Ninguén dubida que a pesar da importante suba de impostos, os investimentos serán nulos. Unha vez máis os perxudicados seremos todos os veciños e veciñas de Barro.

O PP de Barro non quixo entrar no Plan de Acuanorte

O BNG denuncia que o Concello de Barro perdeu a oportunidade de dotar a todo o municipio do subministro auga potábel

Cando en 2010 se empezou a falar do plan de Acuanorte para a mellora doabraldes 1 subministro de auga potábel aos concellos do entorno de Pontevedra, o BNG propuxo que se adherise o concello de Barro, xa que sería a solución definitiva para dotar dun servizo de auga potábel tanto aos polígonos industriais, como a todos os veciños e veciñas do concello. Para o concello de Barro adherise a este plan significaría dispoñer de auga suficiente, de calidade e barata, xa que non sería necesario ningún bombeo, ao encontrarse o depósito máis alto que todas as súas parroquias.

O goberno municipal do PP rexeitou o convite feito polo Concello de Pontevedra para sumarse ao resto dos concellos do seu entorno, e apostou por outra solución para a falta de dotación do servizo de auga ao polígono de Curro: abastecerse do río Chaín dende Briallos, no concello veciño de Portas.

A solución elexida polo PP ten graves eivas:

–       É unha alternativa excesivamente cara, porque ademais da distancia dende o punto de captación hai que salvar un grande desnivel a base de bombeos, co que implica de custe enerxético e de mantemento, así como de posíbeis avarías.

–       Non permite dotar de subministro de auga potábel a todo o Concello, nin garantiza o subministro durante todo o ano.  De todos é coñecido que durante varios meses ao ano o río Chaín leva un caudal mínimo, o que obrigará a buscar outras solucións, tal e como recoñeceu en setembro de 2010 o Presidente da Deputación diante das denuncias efectuadas polo BNG.

Estes días procedeuse a asinar, por parte dos concellos do entorno de Pontevedra, o convenio con Acuanorte, no que, ademais, se confirmou que os concellos só terán que pagar o 15% do custe das obras. O feito de que o noso concello non forme parte deste plan supón outra oportunidade perdida para que os veciños e veciñas de Barro empecemos a ter uns servizos públicos como teñen nos demais concellos do entorno.

Barro, 28 de decembro de 2012

 Asdo: Xosé Manuel Fernández Abraldes

                      Foto:Río Chaín- Briallos

abraldes 2

O BNG DENUNCIA QUE A DEPUTACIÓN DISCRIMINA Á XENTE QUE XOGA AO FÚTBOL NO CONCELLO DE BARRO

De todos é coñecida a carencia de instalacións e equipamentos deportivos que ten o concello de Barro.bng barro

As persoas que practican o futbol en Barro teñen que facelo en vellos campos de terra nos que resulta difícil a práctica do deporte nunhas boas condicións.

Nos últimos anos a Deputación construíu campos de herba sintética na maioría dos concellos da provincia, mesmo en concellos pequenos como o noso que contan con campos de herba natural, pero Barro quedou á marxe.

Gustaríanos saber que lle fixeron os nenos e nenas, a xente moza e os veteranos que pratican o futbol en Barro ao Presidente da Deputación para que os discrimine a respecto dos outros concellos da provincia.

Non é fácil explicarlle aos nenos e nenas que van xogar os seus partidos a outros concellos, e ven que alí teñen unhas instalacións modernas, que eles non teñen o mesmo dereito a disfrutar dunhas instalacións iguais.

No BNG somos conscientes de que non estamos no mellor momento para facer equipamentos deste tipo, e que as prioridades de investimentos deben ser outras.

Non obstante, o Presidente da Deputación ven de anunciar a súa intención de construir novos campos de herva sintética mesmo en parroquias de concellos que xa contan con campos destas caracteristicas, mentres se sigue a discriminar os veciños e veciñas de Barro.

O BNG insta ao Presidente da Deputación a que teña en conta ao concello de Barro á hora de construir novos campos de herba sintética, porque os seus veciños e veciñas de Barro tamén teñen dereito a contar cunhas instalacións deportivas dignas como no resto dos concellos da provincia.

Barro, 30 de novembro de 2012

Asdo: Xosé Manuel Fernández Abraldes

MOCIÓN referente á utilización de locais municipais para parte de entidades sociais.

Sr. Alcalde:

O abaixo asinante, Xosé Manuel Fernández Abraldes, portavoz do grupo municipal do BNG no concello de Barro, presenta a seguinte MOCIÓN referente á utilización de locais municipais para parte de entidades sociais.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

No concello de Barro existe un déficit histórico de locais onde os veciños e as entidades sociais poidan realizar as súas actividades nun espazo axeitado.

É por iso que as poucas instalacións coas que conta o Concello de Barro deben aproveitarse ao máximo, procurando que dean servizo ás necesidades de espazos que teñen os distintos colectivos e entidades sociais.

Un dos locais cos que conta o noso concello é a nave da Escola-Taller, que está pechada todo o ano, agás momentos puntuais para algún tipo de acto ou como local de información das concentracións parcelarias. Ese uso puntual sería perfectamente compatíbel con que polas noites se utilizase como local de ensaio, nomeadamente por parte do Grupo de Danzas Amor Ruibal e da Banda Xuvenil de Barro, pois ambas as dúas entidades están a utilizar na actualidade uns locais que non reunen as condicións necesarias para levar a cabo os seus ensaios.

Ademais da Escola-Taller existe un local anexo ao Pazo da Crega, que se ten utilizado en momentos puntuais por parte do Concello, estando o resto do ano pechado. Trátase dun local pequeno que podería servir para ser usado por entidades que precisen un local para reunións ou actividades.

Por todo o exposto, o Pleno do Concello de Barro acorda aprobar a seguinte

MOCIÓN:

1. Poñer a nave da Escola-Taller a disposición do Grupo de Danzas Amor Ruibal e a Banda Xuvenil de Barro para que poidan utilizala de forma habitual para os seus ensaios, distribuíndo os días de uso e facendo compatíbel coas actividades que nela precise levar a cabo o Concello.

2. Habilitar o local anexo ao Pazo da Crega e poñelo a disposición das entidades sociais para as súas reunións ou para a realización de actividades públicas.

Barro a 22 de novembro de 2012.

Xosé Manuel Fernández Abraldes

Hoxe celébrase Santa Cecilia, patroa da música

Hoxe celébrase en todo o mundo Santa Cecilia, patroa da música e dos músicos: ¡¡felicidadeeeeees!!

O BNG RECOMENDA AOS VECIÑOS E VECIÑAS DE BARRO REVISAR OS NOVOS VALORES CATASTRAIS

O proceso de revisión dos valores catastrais que se está a realizar no concello de Barro chega no pior momento posíble.
Esta revisión catastral, que leva ao brutal incremento do recibo da contribución (IBI) aprobado polo PP e o PSOE no noso concello, vai agravar aínda máis os problemas económicos de moitas familias

 que o están a pasar realmente mal, por culpa do crecente desemprego derivado da crise á que nos teñen abocados as políticas neoliberais ditadas pola UE e seguidas cegamente polos gobernos galego e español.
Unha suba que, por certo, non se limita ao 2013, xa que subirá progresivamente, ano a ano, até o 2022.
Os valores que se están a utilizar como base para calcular o valor das propiedades non teñen en conta a baixada de prezos que sufriron os solos e as vivendas nos últimos anos, unha baixada que, moi posibelmente, irá a máis proximamente.
O valor catastral das propiedades ademais de definir o que hai que pagar cada ano de contribución, afecta tamén ao que hai que pagar de imposto de sucesións e doazóns (Herdanzas), ao imposto da renda (en caso de non ser vivenda habitual), ou á hora de solicitar becas de estudio e outra axudas da administración pública, por pór só algúns exemplos.
Son numerosos os veciños e veciñas que teñen detectado erros nas medicións e valoracións de solos e construcións, polo que o BNG recomenda que se miren en profundidade para, nos casos que sexa necesario, realizar as reclamacións oportunas mentres se está en prazo (os técnicos de catastro están no concello até o día 16 deste mes), xa que unha vez que os valores estean aprobados van ser definitivos para moitos anos.

O BNG de Barro pide aos veciños que acudan á revisión catastral

Os nacionalistas do Concello de Barro emitiron un comunicado para solicitar a todos os veciños que participen co máximo interese na revisión do relatorio do Catastro, que está en pleno proceso de auditaje, posto que hai persoal do Catastro no Concello para informar aos cidadáns. Xosé Manuel Fernández Abraldes, o portavoz, indicou que «ao estar sen tocar Catastro dende ou 88, ou cambio para algúns propietarios pode resultar brutal», afirma. Ante a posibilidade de que haxa erros, o mellor é que cada veciño analice con atención o seu caso, e, como recorda o BNG ?que non desprecen a cifra que lles propoñen, porque esa só é parte do total dá suba». A revisión catastral implica un proceso de varios anos de adaptación ao novo tipo, polo que o incremento será gradual ata o 2022.

NOVAS RELACIONADAS PREME NOS ENLÁCELOS.

1.OFICINA DE INFORMACIÓN DO CATASTRO NA BIBLIOTECA.

2.O BNG DENUNCIA QUE PP E PSOE APROBAN UN CATASTRAZO EN BARRO.

3.El BNG de Barro pide que se pare la revisión catastral en zonas afectadas por la concentración parcelaria

4.Estes son os municipios onde subirá o IBI en 2013

5.A revisión catastral saca á luz 17.000 inmobles en 37 concellos da provincia entre eles o de Barro