Nova edición de Barro de Tapas

BARRODETAPAS

BARRO DE TAPAS 3ª EDICION

barro tapas

Ultima hora!!!! BARRO DE TAPAS

AC Fervenza da Barosa

Ultima hora!!!! A muiñada de Barosa Gastronatural, non pode participar no Barro de Tapas. 1ª Edición, xa que por culpa do temporal, está inundado o seu local e non é viable acceder ao muiño!!! Desculpade, pero son causas axenas a nos!!!

barosa

Barro de Tapas

monica cons NOTA DE PRENSA: AC Amigos da Fervenza da Barosa.

 Barro, 13 de decembro de 2012.

  Unha vintena de locais de hostelería participan no Barro de Tapas, 1ª edición, organizado pola AC Fervenza da Barosa

Durante esta próxima fin de semana, a inmensa maioría de locais de hostelería de Barro, bares, taperías, restaurantes, etc, participarán nesta ruta de tapas e ofrecerán aos seus clientes viño albariño e una tapa elaborada polo precio de 2,5 €. Os viños ofertados serán D.O. Rias Baixas, de adegas de Barro, como é o caso de Moraima ou Casaley, ou a adega que acadou o 1º Premio, na Festa do Viño de Barro 2011, Adega Pazo da Bouciña.

As persoas que participen na iniciativa poderán dispoñer de toda a información na páxina de facebook do evento, Barro de Tapas, http://www.facebook.com/BarrodeTapas e tamén no twitter http://twitter.com/BarrodeTapas  @BarrodeTapas.

Para facer máis fácil o acceso aos locais adheridos, as fotos dos pinchos, enderezos, horarios, etc, os carteis anunciadores, estará insertado un código QR, que permitirá que as persoas participantes accedan dende os seus móviles a toda a información. O mapa que contén toda a información está no seguinte link:

http://goo.gl/maps/U6vCQ

Dentro desta iniciativa, farase un sorteo dunha estancia con cea romántica no Hotel Quinta de San Amaro de Meaño a aquelas persoas que completen dentro da ruta proposta, o sellado de 8 locais, co que se busca incentivar a presencia de visitantes en tódalas parroquias do concello. Na papeleta de participación, as parroquias que máis locais teñen, Portela e Curro, os participantes terán que ter dous sellos de cada unha delas de calquera dos locais da respectiva parroquia. No caso de Agudelo, Valiñas, Barro e Perdecanai, só terán que sellar en un solo local dos participantes.

Barro de Tapas conta coa colaboración da D.O. Rias Baixas, do Patronato de Turismo Rías Baixas, da Deputación de Pontevedra e o Concello de Barro, apostando así por un evento gastronómico, social, e cultural, que é pioneiro no Concello de Barro, sendo a primeira ruta de tapas que se celebra en Barro, é unha das distintas actividades que a AC “Amigos da Fervenza da Barosa” vai levar adiante, cumplindo así coas directrices fundacionais da Asociación.

Un saudo.

Mónica Cons Fernández
Presidenta
fervenzadabarosa@gmail.com

tapas barro

FAUSTINO NA RADIO GALEGA

AC Fervenza da Barosa:O venres entre as 12 e as 13 horas, na RadioGalega no isabelfreiregprograma “Coñecer Galicia” conducido e presentado pola periodista Isabel Freire, o Barro de Tapas. 1ª Edición estará presente nas actividades propostas para esta fin de semana en Galicia, e farán unha entrevista ao vicepresidente da AC Fervenza da BarosaFaustino Batallán Cons, donde se dará a coñecer un pouco máis a realización deste evento que así alcanza unha difusión a nivel Galicia. Xa sabedes poñede a Radio Galega o venres entre as 12 e as 13 horas.

http://www.crtvg.es/rg/programas/conecer-galicia

“BARRO DE TAPAS” I EDICIÓN

“BARRO DE TAPAS”  I EDICIÓN do 14 ao 16 Decembro de 2012

barro de tapas