Este venres de 18 a 20h, xornada de portas abertas da escola de música para dar a coñecer os instrumentos dos que se imparten clases.


Este venres de 18 a 20h, xornada de portas abertas da escola de música para dar a coñecer os instrumentos dos que se imparten clases.




“Unha noite de amor con Lela” ás 20h no Pazo da Crega, o día das Letras Galegas..

Cartel do XVII festival de Bandas de música de Barro que se celebrará o vindeiro día 20 de setembro ás 18h no pavillón municipal de Barro. Participarán: Banda de Música de Castrelo , Banda de Música de Sanxenxoe a Banda Xuvenil de Barro.
A Asociación Cultural Musival e a Banda de Música Municipal de Valga, en colaboración con outras entidades como o Concello de Valga, organizan un concerto a cargo da Banda de Música Xuvenil de Barro o vindeiro sábado 31 de outubro ás 21:00 h no Auditorio Municipal de Valga (Ferreirós-Cordeiro).
Coa celebración de este concerto continúa no ano 2015 o Ciclo Música coas Nosas Bandas que con notable éxito, a tenor dos asistentes e participantes, subiu ás táboas valguesas a numerosas Bandas de Música Populares galegas.
Sobre o escenario valgués, os compoñentes da Banda Xuvenil de Barro, agrupación de probada calidade artística e musical nos seus máis de 20 anos de existencia, interpretarán, baixo a batuta do seu director titular Alberto Xesús Busto Castaño, unha selección do seu mellor repertorio onde mesturarán temas tradicionais e contemporáneos xunto coa participación de varios dos seus solistas.
O programa será o seguinte:
-Olé¡ Contrabandistes de Ramón García i Soler
-Symphonic Suite de Clifton Williams
I. Intrada
II. Chorale
III. March
IV. Antique dance
V. Jubilee
-Don Carlo de Verdi (arr. Johan de Meij)
Solistas: Óscar Tarrío e Camilo Ferreira
-Barro de Andrés Pérez Fernández
-Children of Sánchez (arr. Naohiro Iwai)
-O merlo branco de Eugene Domare (arr. José Luís Represas)
Solistas: Cristian Búa e Adrián Silva
-A boda de Luís Alonso de Jerónimo Giménez
-Almuiña de José Carracedo
Este concerto será de entrada libre e gratuita. Agradecemos a súa asistencia e toda a difusión que lle poidan dar a este evento.
O ciclo Música coas nosas Bandas continuará o sábado 28 de febreiro co concerto da Banda de Música de Rábade e Begonte (Lugo).
A Banda Xuvenil de Barro realizará o tradicional concerto de nadal o día 27 de decembro as 20:00h no pabellón municipal de Barro, xunto co grupo de baile de salón BTroula Clube de Baile (Meis).
Interpretaremos un programa variado, dende pasodobres ata cumbias. Quedades todos invitados, non o perdades!!!
A Banda de Música Xuvenil de Silleda alzouse onte co primeiro premio do Certame de bandas de música da Deputación na segunda sección celebrada en Lalín competindo con seis agrupacións máis. O destacado concerto da agrupación silledense que dirixe Rafael Agulló repórtalle un premio de 3.500 euros en efectivo. Pero a bisbarra do Deza foi a estrela do certame ao atesourar tamén o segundo posto. Fíxose acredor deste a Banda de Música Municipal de Agolada que dirixe Nilo Jesús García Armas e que lle reporto un premio de 1.800 euros en efectivo. O terceiro premio recaeu na Banda de Música Xuvenil de Barro (1.250 euros en material instrumental). O certame tivo gran seguimento no auditorio e na entrega de premios participaron os alcaldes de Lalín, de Agolada e a alcaldesa de Melide, entre outros outros representantes municipais.
Barro acollerá este domingo o seu XVI Festival de Bandas de música, unha cita obrigada para todos os amantes da boa música e das Bandas de Música que nesta ocasión contará coas actuación do Grupo de Metais Leerber Musig de Suíza, A Banda de Música municipal de Valga, a Banda Escola de música de Rianxo e a Banda Xuvenil de Barro.
O Festival, organizado como nas quince ocasións anteriores pola Asociación “Cultura e Xuventude” de Barro finánciase coa colaboración de comercios, empresas locais e comunidades de montes do concello que aportan o seu gran de area para que este evento se poida seguir celebrando ano tras ano, ademais da rifa dunha fin de semana no Balneario de Cuntis que se sorteará durante a celebración do festival.
Nesta edición a Banda Xuvenil de Barro interpretará o mesmo repertorio co que concursará no Certame Provincial de Bandas da Deputación de Pontevedra o vindeiro mes de outubro.
http://pontevedraviva.com/cultura/14555/barro-festival-bandas-musica-leerber-musig-valga-rianxo/