Sondodance abre tempada pisando forte

la voz

Logrou varios galardóns na competición de Barro 

Sondodance inaugurou con bo pé, no Concello de Barro, a nova tempada de competicións de baile deportivo. Luis Manuel García e Alba Martínez, na categoría A Nacional, de adultos, lograron o primeiro posto na modalidade de bailes standard e o segundo en latinos. Marcos Ponte e Elena Romero (Btroula) foron os primeiros clasificados na categoría primeira territorial de bailes standard, en Junior II. Raúl Canabal e María Tosar fórono en latinos. Pola súa banda, David Barbeito e Sara Brea (categoría primeira territorial, Júnior I) lograron o segundo posto tanto en standard como en latinos. Adrián Vidal e Noemí Abal (Btroula) foron segundos de standard en C Nacional, en youth.

http://galego.lavozdegalicia.es/noticia/deza/2015/09/15/sondodance-abre-temporada-pisando-fuerte/0003_201509D15C6995.htm

troula

Barro acolle durante todo o día un trofeo de baile deportivo

PORTADA faro-de-vigo

O polideportivo municipal de Barro acolle hoxe o I Trofeo Barro-BTroula de baile deportivo, que se desenvolverá durante todo o día. O torneo comeza ás 10.30 horas e está previsto que conclúa sobre as 21.30 horas. Trátase dun trofeo puntuable nacional e open internacional. Os asistentes deben abonar 6 euros pola entrada normal, mentres que os xubilados pagarán só 4 euros. Os menores de 12 anos terán acceso gratuíto ao recinto, no que se poderá gozar de baile deportivo.

http://galego.farodevigo.es/portada-pontevedra/2015/09/13/barro-acoge-durante-dia-trofeo/1313085.html

baile deportivo baile

Barro acollerá o I Trofeo BTroula de Baile Deportivo

PORTADA faro-de-vigo

A asociación BTroula e o alcalde de Barro, Xosé Manuel Abraldes, presentaron onte o “I Trofeo de Baile Deportivo que se celebrará o vindeiro domingo, día 13, no polideportivo municipal. Trátase dun torneo puntuable para o campionato nacional e o open internacional. Será de 10.30 a 21.30 horas. O prezo das entradas oscila entre os 4 euros para os xubilados e de 6 para o resto do público. Os nenos menores de 12 anos entrarán gratis.
http://galego.farodevigo.es/portada-pontevedra/2015/09/04/barro-acogera-i-trofeo-btroula/1307746.html

troula

I TROFEO DE BAILE DEPORTIVO

baile dedeportivo barro

Santi Barreiro participa no Campionato Europeo de clubs e Alba Triñanes representará un espectáculo musical no auditorio de Ribadumia.

O bailarín de Curro Santi Barreiro Sabarís do BTroula Clube de Baile, participa nestes días nun Campionato Europeo de Clubs en Cataluña, e en dúas competicións do máis alto nivel internacional.

Tamén este domingo, a veciña de Curro, Alba Triñanes, xunto co resto dos bailarins deste clube, representarán un espectáculo musical no auditorio de Ribadumia.

NO AUDITORIO DE RIBADUMIA O CLUBE REALIZARA UN MUSICAL QUE LEVA O NOME ” A INSPIRACION DOS DEZ”.

Neste musical participarán todos os compoñentes do clube, dende os máis pequenos ata os máis maiores Nel tamén participaran os nenos e nenas de Competición, onde nos amosarán o seu baile.
A entrada e de balde, e vale a pena ir a velo, seguramente quedarán abraiados tanto nenos como adultos da mestura da decoración, da música e do baile. O ano pasado foi un éxito.

A entrada de balde, e o nivel dos artistas que participan, é un atractivo para non faltar a esta cita. A partir das 18:30 apertura de portas hasta completar aforo.

troula

Santi Barreiro e Alicia Romero acadan o 2º premio en Latinos e ascenden a Categoría Nacional no trofeo nacional de Valencia

troula

Santi Barreiro Sabarís e Alba Triñanes Corredoira, acadan o 1º e 2º posto respectivamente en Latinos no XII TROFEO DE BAILE DEPORTIVO CIDADE DE PONTEVEDRA

faro de vigo

baile deportivoNo  XII TROFEO DE BAILE DEPORTIVO CIDADE DE PONTEVEDRA, competiron os veciños de Barro, Alba Triñanes e Santi Barreiro, do Clube BTroula, donde acadaron grandes éxitos:

ALBA Triñanes Corredoira & Javier Espada Radío (Categoría: Junior I 2ªTerritorial – Standard & Latinos )
Latinos 2º
Standard 2º
Open Internacional Standard 6º

SANTIAGO Barreiro Sabarís & Alicia Romero (Categoría: Junior II 1ª Territorial – Standard & Latinos)
Latinos 1º
Standard 2º
Open Internacional Standard 3º
Open Latinos 6º

Mais información en: https://www.facebook.com/btroula?fref=ts

I TROFEO CONCELLO DE BARRO DE BAILE DEPORTIVO

Máis de 100 parellas tomarán parte o vindeiro domingo 20 de xaneiro no “I Trofeo Concello de Barro de Baile Deportivo”, organizado pola Escola de Baile Pasos, que se celebrará no Pavillón Polideportivo Municipal do Concello de Barro a partir das 13.00 horas.

A Competición finalizará sobre as 20.30 horas e recoméndase ao público asistir a partir das 16.30 para ver os apartados máis espectaculares. O prezo da entrada é de 6,00 euros, os menores de 12 anos entran gratis.

O trofeo de Barro é puntuable para o ranking nacional da Asociación Española de Baile e contará con numerosas parellas procedentes de toda Galicia e Portugal, que participarán nas modalidades de standard e latinos.

Os Standard son aqueles bailes de corte máis clásico, como o tango, o slow, o quick, o vals inglés e o vienés.

Os latinos engloban o chachachá, samba, rumba, pasodobre e jive.

Participan parellas de todos os grupos de idade:
– Xuvenil (menores de 11 anos)
– Junior I (de 11 e 12 anos)
– Junior II ( de 12 e 13 anos)
– Youth ( de 15 a 17 anos)
– Adulto I ( de 18 ata 25 anos)
– Adulto II (entre 25 e 35 anos)
– Senior I (entre 36 e 45 anos)
– Senior II (maiores de 45 anos)

Estes grupos divídense en diferentes categorías que van da H, que é a máis baixa (10 semanas de clases) ata a A e S, máximas categorías de nivel nacional que supón alcanzar varios podiums en todas as categorías inferiores, así como posuír unha gran calidade técnica e artística.

En Barro competirán os Campións de España Standard das categorías Junior I e Youth, todas as parellas que competiron recentemente no programa “Buscando Estrelas” de TVG e da parella que representou de Galicia no programa “Mira Quen Baila” de TVE.

Por outra banda sinalar que o Baile Deportivo e de Competición xa está recoñecido como deporte polo CSD e o COI e depende da IDSF (Internacional Dance Sport Federation), que ten como representación en España á AEBDC. (Asociación Española de Baile Deportivo e de Competición) que en breve converterase na Federación Española de Baile Deportivo.