Acd Tenis wrote: “Nota aclaratoria a unha información feita por Terras de
Curro en Novas de Barro. A ACD Tenis As Baladas de Barro, a día de hoxe, non ten previsto colaborar de ningunha maneira coa entidade Terras de Curro ou Comunidade de Montes desa parroquia no evento chamado Liga Mixta de Tenis. A ACD Tenis quere deixar claro que as opinións persoais e individuáis dalgun membro da directiva, non significan que a asociación participe, xa que a que se define como entidade organizadora non tivo a elegancia de convidar como máximo responsable da ACD Tenis,ao seu presidente e outros membros. Consideramos que isto é unha falta de respeto á ACD Tenis As Baladas, así como un intento de buscar enfrontamentos dentro dunha organización, xa que calquera tipo de colaboración debe facerse dunha maneira formal e por escrito á nosa Asociación, para que despois tódolos membros decidan positiva ou negativamente. Tamén queremos desvincularnos polo tanto da utilización para esta liga da Pista de Tenis Municipal e do Pavillón Municipal de Curro, xa que en nome da ACD Tenis As Baladas, non se lle cursou ao Concello ningún tipo de solicitude de utilización. Pedímolle polo tanto a Terras de Curro que ata que haxa unha decisión, evite e deixe de utilizar o noso nome en calquera publicidade, nota de prensa, ou comunicación, xa que non teñen AUTORIZACIÓN. Un saúdo, Joaquín Souto. Presidente da ACD Tenis As Baladas-Barro.”
ASOCIACION TENIS AS BALADAS
Ricardo Diz imponse a Alberto Maquieira na final do I Torneo de tenis de Barro
Final do I Torneo de Inverno Afeccionado en Barro
Barro, 6 de novembro de 2012. – O próximo domingo día 11 de novembro ás 11:00 horas celebrarase a final do I Torneo de Inverno Afeccionado en Barro.
Tras as inclemencias meteorolóxicas do fin de semana pasado e o aprazamento dos partidos de semifinais á xornada previa do sábado día 10, culminarase así o torneo que amadriñou a tenista internacional Lourdes Domínguez.
A ACD Tenis As Baladas quere invitar a tod@s os aficionad@s ao tenis e aos vecin@s de Barro a participar na final do evento, que destacará pola calidade deportiva dos finalistas.
Dende a ACD Tenis As Baladas queremos agradecer a difusión do torneo aos medios de comunicación que cobren este, aos diarios dixitais locais e a todas aquelas persoas que dunha ou outro xeito colaboraron no evento especialmente a Lourdes Domínguez, e ás entidades colaboradoras, Concello de Barro, Deputación de Pontevedra (área de Deportes), Transpobedasa-Envialia Pontevedra(Barro), Floraría Elena (Barro), Augas do Paraño, Bar Breixo (Barro) e Restaurante Porteliña (Barro).
Asdo. Joaquín Souto
Lourdes Domínguez amadriña a ACD Tenis As Baladas e é nomeada socia de honra durante o I Torneo de Inverno Afeccionado en Barro
Nota de prensa de ACD Tenis As Baladas. Lourdes Domínguez recibiu de mans da directiva da ACD Tenis As
Baladas de Barro o nomeamento de “socia de honra” na inauguración do I Torneo de Inverno Afeccionado en Barro que se celebrará durante esta ponte de Todos Los Santos na Pista Municipal de Tenis de Barro. O torneo que arrancou ás 10 da mañá conta con 20 participantes, que aínda coas condicións climatolóxicas adversas, estase a disputar o torneo de xeito intermitente. Se as previsións o permiten na xornada do domingo, celebrarase a final deste. Ás 12 horas fixo a súa presenza na pista municipal acompañada polo alcalde de Barro, José Antonio Landín e varios membros da directiva da ACD de Tenis, a tenista pontevedresa Lourdes Domínguez que a pesar de estar a pasar uns días de vacacións na súa cidade, quixo compartir cos asistentes ao torneo o “agradecemento por pensar nela como socia de honra”. No acto de amadrinamiento da ACD, xa asentada como referente do tenis no concello, o presidente da entidade Joaquín Souto fíxolle entrega do diploma a Lourdes Domínguez, que lle outorga o devandito nomeamento. Pola súa banda o alcalde de Barro, José Antonio Landín, aproveitou a súa presenza para destacar que durante estes días se está a adecuar a superficie do pavillón municipal de Curro, con pintado e imprimación para tenis e fútbol sala, o que permitirá celebrar futuros eventos como o actual sen depender da
climatoloxía. Tamén sinalou que se prevee rematar a obra total do devandito pavillón en datas próximas, sinalando que ” ou Concello de Barro adrede polo deporte, como cando se fixo esta pista de tenis e algúns criticaban esta actuación, e hoxe, coa celebración déste torneo, temos aquí unha proba de que foi un acerto e non un erro”. Dende a ACD de Tenis As Baladas de Barro quérese agradecer aos patrocinadores do torneo e administracións públicas a colaboración prestada: Concello de Barro, Deputación de Pontevedra (área de Deportes), Floraría Elena (Barro), Augas do Paraño e RestaurantePorteliña (Barro).
A tenista internacional pontevedresa Lourdes Domínguez amadriña a ACD Tenis As Baladas
A ACD Tenis As Baladas contará coa presenza da tenista internacional
pontevedresa Lourdes Domínguez Lino no transcurso do I Torneo Afeccionado de Inverno que terá lugar en Barro na pista municipal Das baladas do 1 ao 4 de novembro.
Por acordo unánime da xunta directiva da Asociación, Lourdes Domínguez será declarada “Socia de Honra”, polo seu labor e grandes éxitos na difusión do tenis e do deporte a Dona Lourdes Domínguez Lino, e por contribuír á presentación da Acd Tenis As Baladas-Barro como madriña do I Torneo de Inverno Amateur. ”
Está prevista a asistencia da tenista internacional o día 1 de novembro ás 12 horas na pista municipal das baladas de barro. No devandito acto está prevista tamén a presenza do alcalde, José Antonio Landín, representando o Concello de Barro, entidade que cede a pista de tenis para poder celebrar o devandito torneo.
Lourdes Domínguez fará entrega dos trofeos aos gañadores do anterior torneo de dobres celebrado en datas recentes pola ACD Tenis As Baladas.
O domingo día 4 sobre as 13 ou 13:15 horas está prevista a clausura do torneo, estando pendente de confirmar a presenza dos asistentes a esta.


