As instalacións xa viñan funcionando desde o ano 2005, pero a concesión
dunha subvención de 64.200 euros por parte da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible para mellorar as dependencias do único centro de acollida de burros existente en Galicia.
Andrea tivo que solicitar ao Concello de Barro a licencia para a apertura dun «núcleo zoológico», como se denominan oficialmente estas dependencias. Ao final, o permiso non chegou e a subvención perdeuse. O equipo de goberno de Barro argumentou que as instalacións non se podían legalizar porque ese chan está clasificado como núcleo rural no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) en vigor. Ademais, hai vivendas moi próximas e o único acceso é a través dunha pista de servizo.
Boxes de madeira
As obras previstas consistían na instalación duns boxes de madeira desmontables con recollida de ouriñes, ademais dun lazareto ou cuadra de corentena, outra de illamento e un estercolero. As cuadras que había en Couso eran provisionais e montáronse cunhas táboas. A capacidade do centro, doce burros, non ía ser maior unha vez executados os traballos.
O colectivo decidiu entón paralizar todas as súas actividades, tanto o programa de acollida de asnos como os cursos de asinoterapia para nenos con necesidades especiais e discapacitados, e esperar ata as eleccións municipais do 27 de maio. Tras o paréntese dos comicios, os directivos de Andrea estableceron negociacións con varios concellos con vistas a buscar un emprazamento alternativo para manter o centro de burros.
Tras varios meses de xestións, a situación é a mesma, como recoñeceu recentemente a La Voz o presidente da asociación, David Lema: «De momento seguimos igual. Levamos moitas reunións con concelleiras, pero non hai nada concreto que se poida dicir».
Os plans da asociación pasaban por pechar a cesión deses terreos a finais do 2007 para retomar a actividade xa no novo emprazamento, como moi tarde, no verán do 2008. O rexeitamento suscitado en Barro fixo que o colectivo decidise non facer público o nome do concello ata que se peche a negociación.
Antes de que a Consellería de Medio Ambiente concedese a subvención a Andrea, a falta de medios e a saturación do centro de acollida de burros obrigou ao colectivo a enviar vinte e tres asnos ao Refuxio do Burrito, situado na provincia de Málaga. Trátase da filial española da inglesa The Donkey Sanctuary.
http://noticiasbarro.com/2012/12/10/un-ano-de-logros-terapeuticos/

está a piques de concluír, e no que obtivo a declaración de utilidade pública por parte do Ministerio do Interior, o que supón, ademais dun recoñecemento social ao seu labor ao longo dos últimos anos, a posibilidade de que empresas e particulares colaboradores co seu labor poidan acollerse a unha serie de beneficios fiscais, e outorgarlle a Andrea a capacidade de utilizar a mención “Declarada de Utilidade Pública”.