Axudicada a xestión do Albergue de Peregrinos

Nestes días, celebrouse no salón de plenos do Concello de Barro a apertura de plicas do concurso público para a explotación e xestión do Albergue de Peregrinos que está na parroquia da Portela.

A persoa adxudicataria, e única ofertante foi a propietaria do local hosteleiro que tamén se encontra parroquia da Portela.

albrge de barro

Bases que regulará o contrato de aluguer do albergue municipal de Barro

Aprobado polo Pleno deste Concello en sesión que tivo lugar o 27 de setembro de 2012 o prego de claúsulas económico administrativas que regulará o contrato de aluguer do albergue municipal deste Concello, anúnciase a licitación coas carácterísticas que se sinalan:

1.—OBXECTO DO CONTRATO

Arrendamento mediante procedemento aberto do aluguer do edificio do albergue municipal, sito en Cancela-Portela.

2.—TIPO DE LICITACIÓN

Estipúlase o importe dun aluguer de 10,00 euros mensuais, sen IVE.

3.—DURACIÓN DO CONTRATO

O contrato terá unha duración de dous anos, prorrogable por anualidades.

4.—GARANTÍAS

Provisional 20,00 euros. Definitiva: 300,00 euros.

5.—PROPOSICIÓNS

As proposicións presentaranse nas oficinas municipais no prazo de vinteseis días naturais (26), a contar dende o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, en horario de 9:00 a 15:00 horas de luns a venres e de 9:00 a 14:00 horas os sábados.

6.—DOCUMENTACIÓN

Os licitadores, xunto coa súa proposición, aportarán a documentación a que se refire a claúsula 9 do

Prego de Condicións.

7.—APERTURA DE PLICAS

Terá lugar no Salón de Actos deste Concello ás 13:00 horas do terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

8.—PREGO DE CONDICIÓNS

Atópase a disposición dos interesadoss na Secretaría do Concello tódolos días laborables en horario de oficina.

9.—MODELO DE PROPOSICIÓN

ANEXO I

MODELO DE PROPOSICON PARA CONCURSO DE ALUGUER DE ALBERGUE MUNICIPAL “PROPOSICIÓN PARA TOMAR PARTE NO ALUGUER MEDIANTE PROCEDIMENTO ABERTO DO ALBERGUE MUNICIPAL”,

convocada polo Concello de Barro, co seguinte modelo:

“D. ………………., maior de idade, con domicilio en ……, titular do D.N.I. nº

……, en nome propio ou en representación

de ……, enterado da convocatoria de procedimento aberto para aluguer do albergue municipal anunciada no Boletín Oficial da Provincia de …., núm. …., de data ….., toma parte na mesma, ofertando:

a) Renda mensual ………….. €. sen inclusión do I.V.E.

Coñezo e acepto as condicións estipuladas no prego de cláusulas económico-administrativas que acepta íntegramente.

Lugar, data e sinatura”

Sobre A: OfERTA ECONOMICA.PROPOSICIÓN PARA TOMAR PARTE NO ALUGUER MEDIANTE PROCEDIMENTO ABERTO DO ALBERGUE

MUNICIPAL, presentada por………..

En……….a……..de………..do …..

O/A licitador/a (asinado e rubricado)

Sobre B: PERSONALIDADE XURIDICA E XUSTIfICANTES

PROPOSICIÓN PARA TOMAR PARTE NO ALUGUER MEDIANTE PROCEDIMENTO ABERTO DO

ALBERGUE MUNICIPAL presentada por………

En……….a……..de………..do …

O/A licitador/a (asinado e rubricado)

Barro, a 25 de outubro de 2012.—O Alcalde, José Antonio Landín Eirín. 2012010209

http://www.bop.depo.es/bop.PONTEVEDRA/2012/bop.PONTEVEDRA.20121106.213.pdf