EXCURSIÓN A ASTURIAS

DSC_0027

Manifestación en Santiago!

aeru

SI FOCHES EMIGRANTE …

emigrante barro

ROLDA PRENSA EMIGRANTES GALEG@S UNID@S

As Asociacións de Emigrantes Retornados Ulla Umia, a Plataforma do Morrazo e a Asociación de Jubilados Antiguos Emigrantes Costa da Morte convocan aos medios de comunicación a unha rolda de prensa que terá lugar mañán xoves día 27 de novembro no Auditorio de Caldas de Reis ás 12:45 horas e no que manifestará o sentir destes  colectivos tras a aprobación (silenciosa) definitiva, no Congreso dos Diputados, o pasado xoves da reforma fiscal e que afecta aos intereses do noso colectivo. Así mesmo darase información sobre a manifestación que terá lugar o vindeiro día 10 de decembro en Madrid, e na que @s emigrantes galeg@s acudirán por primeira vez xunt@s baixo o lema de Emigrantes Galeg@s Unid@s.

emigrantes

MANIFESTACIÓN “EMIGRANTES RETORNADOS, PENSIONISTAS ESTAFADOS!”

emigrantes

Nin o Presidente da Deputación, Rafael Louzán, nin o Subdelegado do Goberno, Antonio Coello, reciben aos emigrantes retornados

Máis de 200 persoas de toda Galicia concentráronse frente a Subdelegación AERUdo Goberno e a Deputación de Pontevedra esta mañán para denunciar a persecución que sofren os Emigrantes Retornados por parte da Axencia Tributaria. Este colectivo tiñan solicitadas entrevistas tanto co Subdelegado como co Presidente da Deputación de Pontevedra para transmitirlle as súas reivindicacións. Pero ningún dos dous fixo por recibilos. No caso do Subdelegado do Goberno púxose en contacto co Presidente da Asociación para decirlle que xa era coñecedor da problemática e que o único que podía facer era intermediar para solicitar unha entrevista coa Directora da Axencia Tributaria en Pontevedra. Este desinterés por parte de ámbolos dous políticos non é máis que unha mostra da actitude do Partido Popular ante o noso problema.

Celso Domínguez Búa

Presidente da Asociación de Emigrantes Retornados Ulla – Umia

EMIGRANTES