Ás instalacións de Barro chegan GM Solutions, unha consultoría de asesoramento de empresas e familias, Hidromel Fenrir Galicia, que se dedica á elaboración de produtos alimentarios artesanais, VIPEONREISEN, que enfoca o seu traballo cara a distribución de pensos e suplementos de mascotas, e CDM Showroom, que desenvolve a súa labor no comercio ao por maior e por menor de toda clase de produtos téxtiles de confección, calzado e artigos de coiro.
Tamén estarán presentes no viveiro de Barro Distribuciones Fandimat, que traballa co comercio ao por maior de materiais de construción, e Celquisan Global, de comercio ao por maior de produtos de hixiene e protección.
O Goberno municipal de Barro executará un proxecto para pór en valor toda a contorna do Pazo da Crega. Segundo informan dende o Concello, esta intervención no pazo e no seu entorno irá acorde a unha filosofía que abrace a integración dos espazos e das persoas, creando áreas de convivencia para que o seu desfrute sexa o máximo posible por parte de toda a veciñanza e que sirva para integrar esta parcela dentro da trama urbana da vila como parque público.
O Concello de Barro aprobará no próximo pleno unha modificación de crédito de 400.000 euros procedentes do superávit que destinará a diversos proxectos co obxectivo de mellorar espazos públicos, a seguridade viaria, servizos e instalacións municipais e axudar aos sectores máis golpeados pola crise da covid-19.
CONCURSO “AS VERBAS QUE CONTAN: CONTOS E HAIKUS EN GALEGO”.
Poderán concorrer a este certame, calquera persoa que non sexa profesional que estea empadroada ou escolarizada no Concello de Barro. Os traballos compre que sexan, orixinais e inéditos, en lingua galega.
CONTOS Extensión MÁXIMA dependendo da categoría (consultar Bases)
HAIKUS Os haikus escríbense, en tres versos sen rima. Adoitan facer referencia a escenas da natureza ou da vida cotiá, e a miúdo inclúen unha referencia a unha época ou momento do ano.
Este luns día 22 de marzo constituese formalmente a Asociación de Empresari@s de Barro, AsemBarro. Despois de varias reunións telemáticas, o grupo de empresarios locais promotores da Asociación reuníronse presencialmente para formalizar a constitución do colectivo empresarial. Ademais de diversas iniciativas e propostas que se van ir poñendo en marcha, AsemBarro centra inicialmente a sua actividade en promover a adhesión de asociados entre as empresas e autónomos locais e ofrecerlles información sobre as axudas convocadas para aliviar os efectos da pandemia. Para tal finalidade contarán coa colaboración dunha avogada especialista en dereito económico que realizará a cobertura de asesoramento para tramitar as posibles axudas dos diversos estamentos públicos. Unha gran parte dos autónomos ven como as asesorías están saturadas e por éso AsemBarro quere ofrecer este servizo aos asociados. A maiores, campañas de dinamización do comercio e hostelería, cursos, realización de eventos e outras accións serán outra parte importante dos obxetivos deste colectivo, que pretende crear sinerxias comerciais e colaboracións interempresariais. A directiva de AsemBarro constituída oficialmente este luns está composta por catro homes e catro mulleres. Presidente, Jesús Moreira ( empresa sector servicios ) Vicepresidente, Sergio Orge (sector Hostelería) Tesorera, Sonia Castro ( Sector Peluquería) Secretario, Manuel Solla (Sector Hosteleria) Vogais: Lorena Ferreiro (Sector Lavandería) Lucía Diz (Sector Textil) Miguel Reboreda (Sector Alimentación) Jaqueline Magariños (Sector Hostelería) AsemBarro celebrará en breve unha presentación pública do logo da Asociación e creará unha paxina de Facebook e outra de Instagram. Unha vez que os Estatutos estean validados pola Xunta e dispoñan do CIF definitivo, abrirase un período de inscripción dos socios que deberán aceptar as condicións e abonar mediante transferencia unha cuota anual que pode ser con abonos semestrais nos períodos indicados na folla de inscripción. Neste primeiro ano de posta en marcha só se abonará un semestre