📌Barro, Biblioteca Pública 📅 Sábado, 30 OUTUBRO 🕡 12:00 h Actividade gratuíta. Prazas limitadas polas medidas de prevención de contaxios da Covid-19. Inscrición na OMIX de Barro, a través do e-mail omix@barro.es Máis información no 690722812 ou no 986714806
Os Bolechas e as súas aventuras volven a Barro o vindeiro 21 de novembro. A entrada é de balde e será preciso retirala de forma anticipada na biblioteca municipal de Barro
📌 Nave da Música 📅 Domingo 21 de novembro 🕡 12:30 h
Un incendio arrasou esta madrugada unha vivenda que estaba en proceso de restauración na parroquia de Agudelo, en Barro. Os bombeiros do parque de Ribadumia recibiron o aviso ás 3.40 horas neste domingo, e #ante a magnitude do lume solicitaron o apoio do parque de Vilagarcía
Ao chegar á vivenda, no lugar de Magdalena, atopáronse un voraz incendio con fortes chamas en varios puntos da vivenda, unha casa de pedra que estaba a ser restaurada. Debido ás dificultades que presentan este tipo de edificacións, con risco de caída de vigas e paredes, a extinción tívose que realizar practicamente ao completo desde o exterior.
O incendio quedou sufocado ao redor das 7 da mañá, e da vivenda apenas quedou en pé a estrutura.
Nalgún momento da noite temeuse que o propietario do inmoble puidese estar no seu interior, xa que os veciños afirmaban velo na vivenda pola tarde. Finalmente foi localizado pola Garda Civil no seu domicilio habitual.
Non se pode determinar a orixe do incendio, aínda que a presenza no interior da vivenda de maquinaria eléctrica debido ás obras que levaban a cabo pode apuntar a un curtocircuíto.
Minutos antes das 10.30 horas deste xoves, unha muller que conducía un turismo pola estrada EP-0506, á altura da parroquia de Curro, sufría unha saída de vía, por causas aínda non especificadas. O vehículo quedaba envorcado na cuneta da estrada.
Un particular alertaba ao servizo de emerxencias do 112 Galicia para informar do accidente sinalando que a condutora era incapaz de saír do turismo ao atoparse atrapada polo cinto de seguridade.
Segundo informa o servizo do 112 Galicia, trasladouse a información aos bombeiros do parque de Ribadumia e de Pontevedra, aos servizos sanitarios, á Garda Civil de Tráfico e aos integrantes de Protección Civil do municipio.
Finalmente, a muller foi liberada con axuda dos Bombeiros de Ribadumia, segundo as mesmas fontes. A vítima do accidente foi atendida no lugar do accidente polo persoal sanitario desprazado ata a zona.
🥇Certificado de profesionalidade de Nivel 3 💰100% subvencionado. 👫 Colectivo: Desempregados/as prioritariamente, traballadores en ERTE/ERE e autónomos. ⏰ Duración: 608 horas. Inclúe 80 horas de prácticas non laborais en empresas ⏲ Horario: de 15:30 a 20:30 horas 📅 Inicio e remate: Outubro de 2.021- Abril 2.022 💰 Posibilidade de solicitar bolsas ou axudas Más INFORMACIÓN e INSCRIPCIÓNS 🏢 C/Castor Sánchez 4 Bx ☎️ 986 50 21 03 📧 formacion@systemvilagarcia.com Módulos: ➡️ MF0491_3:Programación web no entorno cliente (180 horas). ➡️ MF0492_3:Programación web no entorno servidor (240 horas). ➡️ MF0493_3: Implantación de aplicacións web en entornos internet, intranet e extranet (90 horas). ➡️ MP0391: Módulo de prácticas profesionais non laborais (80 horas). SAÍDAS PROFESIONAIS: 👉Programador de aplicaciones informáticas 👉Técnicos da web 👉Programador web 👉Programador multimedia
Non te perdas este martes día 12 de outubro o programa Casamos da TVG.
O programa Casamos de TVG, fixo unha breve visita á escola de deseño e moda da deseñadora Luz Prado, natural de Barro, para encargarlle os arranxos do vestido de noiva de Mari de Vilagarcía.
Emitirase este martes día 12 de outubro ás 23 h, e máis tarde tamén poderás velo na web da TVG.
As igrexas de San Miguel de Valga, a Igrexa Antiga de Pontecesures, a de Santa Mariña de Carracedo, a de Santa María de Caldas, a de Santa Mariña de Arcos dá Condesa ou as igrexas de San Cristovo de Briallos e a de San Breixo de Barro foron incluídas no convenio asinado polo Arcebispado de Santiago coa Xunta de Galicia que financiará reixas para que estes templos do Camiño Portugués queden sempre abertos aos peregrinos.