Unha ollada ao pasado. RECOLLIDA DE FOTOGRAFÍAS ANTIGAS Participa na elaboración dun álbúm colectivo sobre barro. esta publicación impresa regalaráselle a todas as persoas que participen no proxecto.
O domingo 6 de novembro estaremos no centro cívico de barro de 17.00h a 20.00h para escanear todas as fotografías coas que queirades participar no proxecto. Organiza :Colectivo Espazo 16
O secretario xeral dos socialistas de Barro, José Sanmartín, foi proclamado como candidato á alcaldía do municipio tras recibir o apoio unánime da agrupación na asemblea extraordinaria celebrada este xoves.
A presentación pública da súa candidatura terá lugar o próximo 18 de novembro ás 20 horas nun acto aberto á cidadanía que se celebrará na Praza do Viño ou no Centro Cívico, en función das condicións meteorolóxicas.
Tralo acto de presentación, terá lugar unha cea de confraternidade nun establecemento da hostelería local do que se informará con detalle nos próximos días.
Sanmartín agradeceu “a confianza depositada polos compañeiros e compañeiras da agrupación” co obxetivo de “volver a gobernar Barro” tras unha lexislatura na que “se botou moito en falta a presencia socialista nas políticas municipais”.
Neste sentido, Sanmartín comprometeuse a asumir o reto “coa máxima ilusión e con máis gañas de traballar que nunca para que Barro medre en servizos e sexa un lugar mellor para vivir”
Atopáronse estes dous cans no camiño de Santiago, entre Pontevedra e Barro, se alguén coñece aos seus donos (se teñen) ou se alguén esta interesado en adoptalos enviar un email a novasdebarro@gmail.com . Esperemos que aparezan os seus donos e non sexan entregados na canceira.
LABORATORIO DE TEATRO 25 DE OUTUBRO BIBLIOTECA DE BARRO.@s participantes no “Laboratorio de teatro”, realizaran a posta en escena de “ANACOS DE CORAZÓN”, ÁS 20:30 na Biblioteca de Barro.
Os participantes no “Laboratorio de teatro”, realizaran a posta en escena de “ANACOS DE CORAZÓN”, ÁS 20:30 na Biblioteca de Barro.
Deron comezo en Barro distintas actividades deportivas: bádminton, baloncesto, taekwondo, balonmán e multideporte e aínda hai prazas libre para apuntarse
👧🏼👦🏻 As actividades están dirixidas a nen@s desde os 8 ata 16 anos e son totalmente gratuías
✍🏻 A solicitude de inscrición debe facerse nas oficinas municipais
📍 Todas as actividades realízanse no pavillón municipal de Santo Antoniño
ℹ️ No caso de excederse o número máximo de nen@s por grupo, estudarase a opción de facer distintos grupos noutros horarios.