A Seguridade Social poxa unha casa de pedra situada en Porráns

Barro e Moraña contan cos dous últimos casos de leiras embargadas. No primeiro municipio trátase dunha casa de pedra de 210 metros cadrados situada en Porráns e que se poxará o mesmo día da Lotería de Nadal, o 22 de decembro por 20.000 euros, xa que está taxada en 130.000 pero ten 110.000 de cargas. En Moraña poderase poxar, o mesmo día por unha casa con terreo en Covelo. O alleamento fíxase en 12.350 euros, xa que os seus 166.000 euros de prezo real están cargados con 154.600 euros.
A Seguridade Social está facultada pola lei para embargar bens e vendelos en pública poxa para, cos ingresos obtidos, cobrar a débeda pendente. Estas poxas afectan a todo tipo de bens, desde leiras rústicas e urbanas, a vehículos, embarcacións, maquinaria, mobiliario, material ofimático e toda clase bens mobles ou inmobles, segundo detalla o propio organismo, que aclara que a estas poxas pódese presentar calquera persoa salvo os directamente implicados no embargo, así como o persoal da Seguridade Social.

 

RESULTADOS DOS EQUIPOS DE BARRO

Calendario laboral para o ano 2012 na Comunidade Autónoma de Galicia e no Concello de Barro

Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012 serán as seguintes:

– 6 de xaneiro: Día de Reis

– 5 de abril: Xoves Santo

– 6 de abril: Venres Santo

– 1 de maio: Festa do Traballo

– 17 de maio: Día das Letras Galegas

– 25 de xullo: Día Nacional de Galicia

– 15 de agosto: A Asunción

– 12 de outubro: Día da Hispanidade

– 1 de novembro: Todos os Santos

– 6 de decembro: Día da Constitución

– 8 de decembro: A Inmaculada

– 25 de decembro: Nadal

As festas mencionadas terán carácter retribuído e non recuperable.

Concello de Barro para o ano 2012 serán as seguintes

-15 de junio, Fiesta del Vino;

-5 de octubre, Romería de San Breixo.

RESULTADOS 15ª XORNADA DOS VETERANOS DE BARRO

 

COLISIÓN EN CURRO

A última hora da tarde de onte, un choque frontal en AG-41 antes das obras do nó de Curro , un todoterreo chocaba frontalmente. A pesar de que ata o lugar acudiron a Garda Civil de Tráfico e o 061, a condutora de 28 anos non necesitou asistencia médica.

Hoxe é o día Internacional das Persoas con Discapacidad.

A celebración anual, o 3 de Decembro, do Día Internacional das Persoas con Discapacidad ten por obxecto sensibilizar á opinión pública sobre as cuestións relacionadas coa discapacidad e mobilizar o apoio á dignidade, os dereitos e o benestar das persoas con discapacidad. Tamén se propón promover tómaa de conciencia sobre as ganancias que se derivarían da integración das persoas con discapacidad en todos os aspectos da vida política, social, económica e cultural.

Galicia lidera o aumento do paro en España e dispárase na comarca ata os 19.058 parados

A comunidade galega liderou en novembro a destrución de emprego en España. De cada dez parados españois que se apuntaron nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) durante o pasado mes, dous eran galegos. A cifra de desempregados en Galicia subiu en 11.274 persoas, fronte ás 59.536 que se rexistraron en todo o estado, segundo os datos publicados onte polo Ministerio de Traballo e Inmigración. Os máis de 11.000 novos parados na comunidade (376 cada día) supoñen o maior ascenso en termos absolutos de todo o país, por diante dos incrementos rexistrados en Baleares (10.396) e Andalucía (8.315).

Destrución de postos de traballo na comarca:

Novembro foi outro mes negro en canto á destrución de postos de traballo na comarca. O paro dispárase no catorce municipios que integran a área de influencia de Pontevedra e alcanzou as 19.058 persoas. Unha cifra que na capital pasa a barreira psicolóxica dos oito mil parados e sitúase nun total de 8.104 persoas en busca dunha ocupación.
Ao longo do mes pasado non houbo un só concello da comarca que non perdese postos de traballo. En total foron 915 os que desapareceron.

Barro suma 385 desempregados:
Unha situación que xera unha importante preocupación entre os distintos axentes sociais que ven como, ademais, a destrución de emprego esténdese a todas as ramas da actividade. Ramón Vidal, secretario comarcal de UXT, destaca que o número de desempregados supera barreiras “que non nos imaxinabamos hai anos”. “Todos esperabamos unha retardación da actividade en sectores como a construción e pensamos que este sector xa tocara fondo, pero o que nos atopamos é que non é así, segue perdendo empregos e arrastra a outras ramas como a industria”, explica Vidal. Para o responsable de UXT a perda de empregos na industria leva outro problema engadido xa que “se trata de destrución duns empregos de maior calidade a cambio da creación de postos de traballo de baixa calidade e temporais”. O terceiro punto que preocupa no sindicato UXT é o incremento do número de parados de longa duración: “Cada vez son máis os fogares nos que non entra ningún soldo”. Cabe destacar que catro de cada dez parados pontevedreses xa non cobraban ningún tipo de prestación a principios de outubro pasado.
Rafael Igrexas, da CIG, explica que esta nova escalada do paro non lles colle por sorpresa xa que o sindicato nacionalista esperaba un aumento do desemprego durante os meses de inverno debido a que se trata duns meses nos que, mesmo nas épocas bonantes para a economía, adoitábase destruír emprego en sectores como a construción, que retardaban a súa actividade. A isto hai que sumar o efecto negativo sobre moitas Pemes que desenvolven a súa actividade en ramas complementarias (fontanería, electricidade, carpintería, entre outras) que ven como descende o volume de traballo por estas datas.

O viario que serve de alternativa á estrada da costa ata Sanxenxo completa a súa mellora

A estrada que serve de alternativa interior á PO-308, a vía que enlaza Pontevedra e Sanxenxo pola costa, está a piques de completar a súa mellora. A Deputación de Pontevedra deu conta onte da adxudicación do último tramo, co que os dous tramos: Sanxenxo-Bordóns e Samieira-Bordóns quedaron completados. Agora só resta un pequeno segmento fronte ao colexio de Bordóns, segundo revelaron onte desde a Deputación, institución á que compete o mantemento da carrretera.

Esta vía, que é empregada por moitos condutores sobre todo no verán para evitar os atascos de praia, foi obxecto dun importante investimento para a súa mellora..

Trátase da procura de alternativas entre Pontevedra e Sanxenxo pola que apostou a Deputación ante a negativa de sucesivos gobernos autonómicos a acometer unha alternativa á PO-308. Dunha parte, ampliou o viario interior que bordea Sanxenxo con apoios cara á costa en Dorrón e Nanín. Doutra, ensanchou o viario entre Dorrón e o alto de Samieira, logo de ampliar o de Samieira á Escusa (Poio). Os proxectos do ente provincial pasaban por apoiar este viario no periférico Poio-Campañó e por darlle saída cara a Curro .

DÍA MUNDIAL DA SIDA.QUE É A SIDA?

O presidente de Lazos, Carlos Varela coordina unha campaña preventiva de sensibilización sobre a problemática do VIH. Denuncia que sufrimos un recorte do 30% en axudas institucionais para a prevención, iso supón que a calidade dos servizos baixou e pode implicar un aumento no número das novas infeccións. Carlos puntúa que un dos principais problemas é o atraso do diagnóstico, máis do 50% dos novos diagnósticos son tardíos, o paciente xa se atopa en fase de Sida, demanda unha maior asistencia sanitaria e implica un maior custo económico.

Lazos converteuse na primeira entidade galega que realiza gratuitamente as probas de detección precoz do VIH: Son probas anónimas, gratuitas e confidenciales, por iso vén un gran número de persoas que antes non acudían á sanidade pública por medo á perda de confidencialidad. Un estudo realizado en base aos seus resultados indica que as persoas máis afectadas son os homes que teñen sexo con outros homes, concretamente os traballadores sexuais.

Carlos Varela advirte ademais que máis dun 30% dos infectados non o saben, é moi importante concienciar á poboación sobre a importancia do sexo seguro xa que as prácticas de risco nas relacións sexuais producen o 90% das novas infeccións.

PARQUE EÓLICO ACIBAL. NORVENTO

A Xefatura Territorial de Pontevedra da CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA, somete a información pública para autorización administrativa, declaración de utilidade pública, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, aprobación do proxecto de execución, proxecto sectorial de incidencia supramunicipal da instalación eléctrica, estudio ambiental, e da solicitude de acollida ó réxime especial de produción de enerxía eléctrica das instalacións referidas ó PARQUE EÓLICO ACIBAL.
Pola que se sométese a información pública, a solicitude da empresa NORVENTO, S.L., as instalacións que a continuación se describen:
TÍTULO: PARQUE EÓLICO ACIBAL
SOLICITANTE: NORVENTO, S.L.
CONCELLOS AFECTADOS: Barro, Moraña e Campo Lameiro

CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS DO PARQUE EÓLICO:
— 4 Aeroxeradores, cunha potencia nominal unitaria de 3000 kW
— Potencia total instalada: 12 MW
— Produción neta anual estimada: 33.802 MWh/año
— Orzamento total: 15.412.483,52 euros.

OBXECTO DA INFORMACIÓN PÚBLICA:
— Estudio ambiental.
— Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.
— Autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución, declaración de utilidade pública das instalacións que comprende o proxecto do parque eólico.
— Declaración da instalación como de réxime especial de produción eléctrica.

O prazo de información pública para o proxecto sectorial é de 30 días. O proxecto sectorial poderase examinar na Xefatura Territorial e nos concellos de Barro, Moraña e Campo Lameiro.

Tempo libre e Actividades Nadal 2011. OMIX BARRO

BOLETÍN SEMANAL DE EMPREGO Nº 74

RESULTADOS DOS EQUIPOS DE BARRO

Grabación do XIII Festival de Bandas 2011

A  Asociación “Cultura e Xuventude” de Barro organizou o XIII Festival de Bandas de Música de Barro. Esta edición contou con un numeroso público, pero para todos aqueles que non nos puideron escoitar en directo, ou ben queren ter unha copia para poder escoitarnos cando o desexen, agora poñemos á sua disposición a grabación da actuación da Banda Xuvenil de Barro neste festival realizada pola Radio Galega.

Premendo aquí poderá descargar a nosa actuación, onde destaca a estrea do pasodobre “García Fariña”, en memoria de José Javier García Fariña ‘Javino’, composta por D. Adrián Silva Magdalena.

X XUNTAZA DE CORALES DE BARRO

Jose Sanmartin

QUERIDOS AMIGOS DE FACEBOOK: Quero comentarvos que onte se celebrou a X XUNTANZA DE CORAIS EN BARRO. Esta actividade realizouse na igrexa da Portela, que estaba abarrotada de xente, que disfrutou de catros corais espectaculares. A primeria en actuar foi A CORAL RENFE DE MONFORTE( LUGO), (que fixeron un esforzo grande vindo actuar despois de falecerlles recentemente a sua vicepresidenta), deseguido actuou a CORAL ABRENTE DA POBRA DO CARAMIÑAL ( A CORUÑA), seguida da CORAL CANTARES DO MIÑO DE VELLE ( OURENSE) e para rematar puxo a guinda a CORAL POLIFONICA DE BARRO. Na miña opinión fixeron un magnifico concerto con un repertorio moi ameno , que soaba a mil maravillas na igrexa de San Mamede da Portela. Eu era a primeira vez que ia a un concerto deste tipo, pero de seguro que repetirei. Os meus parabéns as catro corais e en especial, a CORAL de BARRO, organizadora do concerto. SAUDOS.