¿Está de acordo coa convocatoria de folga?

Boletín de ofertas de emprego. Santiago nº 159

Curso de Informática para principiantes

E UN PAXARO? E UN AVIÓN?…

PLENO MOVIDO….

José Sanmartin.

Este mercores dia 28 de marzo todos deberiades acudir a o pleno do concello de Barro, as 21.00 H. Por tratarse temas economicos que van deixar o concello nunha situacion comprometida, onde a suba de impostos e recurte de servicios sera a tonica a seguir durante os proximos anos, onde poderemos ter unha “hipoteca de 14000 euros mensuales durante 9 ou 10 anos. Penso que deberiades vir a o pleno, porque esto vai estar movido. De todas formas nos faremos oposicion constructiva. Sabemos que hai traballo feito,pero hai que mellorar moito mais. Acudide. Saudos.

MOCIÓN referente á mellora da seguridade viaria na N-531 en Curro

Sr. Alcalde:

O abaixo asinante, Xosé Manuel Fernández Abraldes, portavoz do grupo municipal do BNG no concello de Barro, presenta a seguinte MOCIÓN referente á mellora da seguridade viaria na N-531 en Curro

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

As obras do chamado nó pequeño de Curro na N-531 (a carón da igrexa), están sen comezar. O BNG ten información de que a Xunta está reformando o proxecto aprobado e orzamentado coa intención de reducir o investimento.

Este punto, pola intensidade de circulación, tanto de vehículos como de peóns, que soporta é o máis perigoso de toda a estrada.

A Xunta anterior deixou aprobado un proxecto, despois de negociar cos representantes políticos e veciñais, que soterraba o tráfico de paso, deixando unha rotonda a nivel, tanto para a circulación do tráfico local como, sobre todo, para que a gran cantidade de persoas que se moven a pé nese entorno o fagan con total seguridade.

O concello de Barro non pode aceitar que por criterios única e exclusivamente de aforro económico se poña en risco a seguridade das persoas.

Por todo o exposto o concello de Barro acorda aprobar a seguinte

MOCIÓN:

Dirixirse á Xunta de Galiza para demandar que se manteña o proxecto de soterrar o tráfico para dar seguridade a esa intersección de estradas, tal e como estaba previsto no proxecto orixinal, que xa estaba aprobado e orzamentado

Barro, 21 de marzo de 2012

AUTONOMO

MOCIÓN referente á mellora da seguridade viaria no lugar de Outeda

Sr. Alcalde:

O abaixo asinante, Xosé Manuel Fernández Abraldes, portavoz do grupo municipal do BNG no concello de Barro, presenta a seguinte MOCIÓN referente á mellora da seguridade viaria no lugar de Outeda.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

As obras de construción dos nós de enlace viario na parroquia de Curro están a causar graves problemas de inseguridade tanto para os veciños e veciñas da parroquia como para a circulación de vehículos.

Xa era previsíbel que o desvío de tráfico a través do Lugar de Outeda pola estrada vella ía supor un problema para os veciños e veciñas. Esta estrada está totalmente abandonada desde hai moitos anos; de feito había un compromiso do anterior Goberno da Xunta cos representantes da Plataforma veciñal de urbanizar este treito de estrada para dar maior seguridade aos veciños diante do previsíbel aumento de tráfico debido ao acceso ao polígono.

O Goberno da Xunta do PP, ademais de non manter ese compromiso de urbanizar a estrada, non adoptou ningunha medida para mellorar a seguranza antes de desviar o tráfico pola mesma, limitándose a pintar un paso de peóns que os veciños non se atreven a utilizar con tranquilidade polo paso contínuo de vehículos que en moitos casos non respectan este paso de peóns, un tráfico intenso que é previsíbel se incremente coa chegada do verán.

Por todo o exposto o concello de Barro acorda aprobar a seguinte

MOCIÓN:

Solicitar da Xunta de Galiza que de forma urxente se adopten as medidas necesarias para mellorar a seguridade para as veciñas e veciños de Curro e para todos aqueles vehículos que circulan polo treito afectado polas obras, medidas que deben contemplar:

a)       Melloras na sinalización e iluminación

b)       Colocación dun semáforo no paso de peóns

c)        Instalación de redutores de velocidade.

Barro, 21 de marzo de 2012

Asdo: Xosé Manuel Fernández Abraldes

O Goberno aproba o título oficial de DJ en Formación Profesional

BAROSA Espacio Gastronatural

Situado xunto á fervenza e remansos do río, componse de varios espazos nos que gozar da gastronomía local, dun bo viño, ou degustar unhas tapas.

Barosa é perfecto para pasar o día en familia ou unha reunión en parella, unha reunión de grupo ou unhas copas cos amigos. Gozar da natureza e degustar pratos tradicionais cun toque contemporáneo así como os estupendos caldos da zona, no interior dun auténtico muíño tradicional.
…y moi pronto, poderás gozar da nosa programación cultural, con actuacións en directo na nosa terraza.

A Barosa s/n. Barro (Pontevedra) C.P.:36191
T: 986 090 880 E: info@barosa.es

http://www.barosa.es

Choca contra una furgoneta estacionada en las inmediaciones de Casa Florita

CAMBIO DE HORA. Ás 2:00 da mañá o reloxo cambiarase ás 3:00 da mañá

Sabías que
O cambio horario prodúcese dúas veces ao ano e o seu obxectivo é aforrar enerxía.
O cambio de hora é unha medida que se empezou a adoptar durante a Primeira Guerra Mundial.
En España, esta medida lévase adoptando dende 1974, aínda que a última regulación á que nos adaptamos chegou da man da directiva Europea 2000/84, que entre outras cousas unifica os días nos que se producen os cambios de hora en todos os países da Unión Europea, sendo estes o último Domingo de Marzo e Outubro, respectivamente

OS GALEGOS SOMOS TEIMUDOS

A Volta a España non pasara por Barro

O tres etapas da próxima edición da Volta a España que discorrerán polas estradas da provincia de Ponvedra incluirán nos seus itinerarios un total de 30 concellos. Así o concretaron onte o presidente da Deputación, Rafael Louzán, e o director xeral de Unipublic e da proba, Javier Guillén, que confesa: “Teño toda a esperanza de que Contador participe”.
Desta forma, a Volta entrará en Galicia desde Cataluña, cunha xornada de descanso o luns día 27 de agosto que terá o seu epicentro en Ponteareas. A décima etapa (martes, 28 de agosto) poderá ser contemplada en Ponteareas, Porriño, Mos, Vigo, Gondomar, Nigrán, Baiona, Redondela, Soutomaior, Pontevedra, Vilaboa, Moaña, Cangas, Bueu, Marín, Poio e Sanxenxo. A undécima etapa (mércores, 29 de agosto), a única contrarreloxo da rolda, inclúe a Pontevedra, Poio, Meis, Ribadumia, Vilanova de Arousa e Cambados. A duodécima (xoves, 30 de agosto) percorrerá Vilagarcía de Arousa, Caldas, Moraña, Cuntis e A Estrada antes de internarse na provincia da Coruña.
Os responsables calculan un retorno económico de 120.000 euros por cada noite que todos os que interveñen na Volta, preto de 2.000 persoas, alóxense na provincia, o que supón case medio millón de euros. Javier Guillén lembrou ademais que están garantidas dúas horas de retransmisión televisiva por xornada, con difusión en 150 países. Por iso é polo que se escolleu o itinerario máis completo e que se inclúan o tres rías. Ademais, no acordo entre Deputación e Unipublic inclúese a instalación dunha caseta con produtos das Rías Baixas na zona de saída e chegada de cada unha das etapas pontevedresas.
Como aperitivo deste gran evento deportivo, que o presidente da Deputación define como “o máis importante de Galicia”, celebraranse doce marchas cicloturistas impulsadas pola administración provincial e ás que se suma o director xeral de Unipublic, que se vai a encargar da súa organización. Baixo a lema “Úneche á Volta”, estas marchas cicloturistas realizaranse nos fins de semana de maio a xuño. Haberá en Lalín, A Estrada, Vilagarcía, Cambados, Sanxenxo, Marín, Cangas, Redondela, Mos, Porriño Ponteareas, Tui e no tres concellos do Val Miñor (Nigrán, Baiona e Gondomar) onde se celebrará unha marcha conxunta. En total confían en implicar a 25.000 persoas.

Moody`s señala o déficit como un “desafío”para España