A FÁBULA DA COMPETITIVIDADE

Autorización para instalación de liña de media tensión

Seguen hospitalizados catro dos feridos no incendio de Barro (Pontevedra)

Catro dos sete feridos rexistrados o mércores pasado no incendio dunha nave industrial do municipio pontevedrés de Barro continúan hospitalizados.

Segundo informaron este luns a Europa Press fontes dos catro hospitais nos que están ingresados, na UCI de Povisa, en Vigo, encóntrase en estado grave pero estable J.C.F.S., de 41 anos, que sofre queimaduras de segundo grao no 15% do seu corpo e ten fracturadas as dúas pernas. O paciente está pendente de varias intervencións cirúrxicas.

Pola súa banda, no Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (Chuac) segue hospitalizado F.C.P., de 45 anos, que presenta queimaduras de terceiro grao no dez por cento do seu corpo, sobre todo na cara e as mans, e “evoluciona favorablemente”.

No Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP) tamén continúa ingresado J.C.P., de 46 anos, quen presenta algunha fractura, e está “estable”.

Mentres, no complexo hospitalario ourensán permanece ingresado no Servizo de Traumatoloxía A.T.C., varón de 37 anos, cun prognóstico “menos grave e evoluciona favorablemente”.

O incendio comezou o mércores sobre as 15.30 horas na fábrica de Comercial Vilanova, que se dedica á fabricación de portas no lugar de Bretoña, na parroquia de Curro. Supostamente foi debido á explosión rexistrada nunha caldeira e debido ao incendio faleceu no lugar o varón J.O.R., de 33 anos de idade.

Boletín de ofertas de emprego nº 160 Santiago

Día mundial do autismo

 

A RECONQUISTA

XUNTANZA PARA REORGANIZACIÓN DE MERCADILLO DE BARRO

HOMENAXE DO TERRAS DE CURRO A JUAN OGANDO

OXE SABADO XOGARA O TERRAS DE CURRO AS 17.00 H NO CAMPO DE FUTBOL DE ZACANDE CONTRA O MOURENTE. GARDARASE UN MINUTO DE SILENCIO, EN HOMENAXE A JUAN OGANDO Q.E.D. , FALECIDO NA FABRICA DE PORTAS DE CURRO. TAMEN ESPEREMOS A PRONTA RECUPERACIÓN DO RESTO DOS FERIDOS. EN ESPECIAL O NOSO COMPAÑEIRO ALFONSO TRIÑANES, MEMBRO DO EQUIPO FUTBOL. ESPERAMOSVOS, AINDA QUE SABEMOS DO POUCO ANIMO QUE HAI POLO OCURRIDO. ANIMO A TODOS E A RECUPERARSE E TAMEN ESPECIALMENTE A FAMILIA VILANOVA.

MI CASAAA!!!

A comarca de Pontevedra xa supera os 190.000 habitantes

Os 14 municipios que a conforman xa superan, no seu conxunto, os 190.000 habitantes, segundo o último censo oficial que acaba de actualizar o Instituto Nacional de Estatística (INE).
Estas cifras, referidas ao 1 de xaneiro deste ano pero que serán oficiais durante todo 2012, establecen unha poboación total de 190.400 veciños en Pontevedra (que aglutina o 43,2% desa cifra global), Marín, Sanxenxo, Poio, Caldas, Ponte Caldelas, Vilaboa, Cuntis, Moraña, Campo Lameiro, Portas, Barro, Cotobade e A Lama. O concello poiense figura como un dos que maior subida concretou nos últimos tempos. Así se sitúa no grupo de cabeza da comarca. Xunto con Pontevedra, Barro, Sanxenxo, Vilaboa, A Lama, Caldas e Cotobade incorporou a case 800 veciños en só os 12 meses de 2010. No outro lado da moeda situáronse Marín, Cuntis, Moraña, Ponte Caldelas, Campo Lameiro e Portas, que baixaron en 288 veciños.

Para ver a nova completa, preme aqui.

Polémica na Deputación pola actuación dos bombeiros no incendio da nave de Barro

A actuación dos efectivos de extinción durante a explosión e posterior incendio da nave de Comercial Vilanova, no municipio de Barro, e no que resultou falecido un operario de 33 anos de idade, Juan Ogando Ruibal, foi cuestionada onte desde o grupo provincial do BNG. As críticas dos nacionalistas foron postas de manifesto no transcurso do pleno que a institución provincial celebraba onte e no que se debatía a disolución do Consorcio contra incendios da comarca do Morrazo e a súa integración no Consorcio Provincial.
O portavoz do BNG, César Mosquera, demandou ao presidente Louzán que esixa “unha maior profesionalidade e formación a estes parques para evitar que se repitan situacións como a vivida esta semana na fábrica de portas”. Mosquera cualificou a actuación dos bombeiros como “un atentado contra todas as normas e protocolos de actuación” e citou como exemplo o “permitir a presenza de persoas ao redor”, sinalando que “se chega a ocorrer o que era previsible podería haber máis desgrazas”. Louzán, pola súa banda, agradeceu a Mosquera o comentario aínda que puntualizou que o municipio de Barro non está dentro do Consorcio nin do seu ámbito de actuación. Aínda así, sinalou a necesidade de “darlle cobertura”.
Louzán, que estivo presente no lugar do suceso durante o incendio, asegurou que os primeiros en chegar “foron os bombeiros do Salnés, despois os do municipio de Pontevedra e a continuación fóronse sumando efectivos dos distintos parques da Deputación”. Engadiu que “cando chegaron os de Pontevedra, como hai de cando en vez colisións desde o punto de vista do ámbito persoal, dixeron que aquí ou levamos nós a xestión, ou se non, non actuamos, segundo a información que teño eu, que estaba presente”. Ao final destacou que, a pesar destas “colisións”, imperou o “sentido común”. Os veciños da zona tamén criticaron a tardanza na chegada das ambulancias do 061 ao lugar. Os bombeiros do Salnés tiveron que regresar onte á nave a sufocar un pequeno rebrote sen consecuencias.
Por outra banda, continúan hospitalizados catro traballadores feridos neste accidente. Os dous con lesións máis graves –J. C. F. S. en Povisa e F. C. P. , no Chuac– seguen “estables” dentro da gravidade.

Xuntanza na sede do Psoe de Barro

O Furancho de Prado abre as súas portas

Dous dos feridos no incendio dunha nave en Barro seguen moi graves e tres xa recibiron o alta

Os veciños do lugar de Curro, en Barro, seguen pendentes da evolución de dúas do sete feridos o mércores no incendio que afectou á fábrica de madeiras “Comercial Vilanova” e que deixa ademais o tráxico balance dun operario falecido, Juan Ogando Ruibal, de 33 anos e veciño de Moraña, quen será enterrado hoxe. E é que dous dos traballadores feridos, J. C. F.S., de 41 anos de idade; e F. C. P., de 45, permanecen hospitalizados en estado moi grave. O primeiro atópase na UCI do Hospital Povisa de Vigo, sofre queimaduras de segundo grao e ten fracturadas as dúas pernas. A maiores presenta síntoma inhalatorio por respirar fume. O segundo, F. C. P., está hospitalizado no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña e presenta queimaduras de terceiro grao no dez por cento do seu corpo, sobre todo na cara e nas mans, así como intoxicación por fume. Aínda que o seu estado é moi grave, a súa situación é estable.
Outros dous feridos no incendio continúan hospitalizados en Pontevedra e Ourense aínda que en mellor estado que os seus compañeiros. En Montecelo permanece en planta J. C. P. de 46 anos quen se atopa estable. Na cidade da Burgas seguía onte en observación A. T. C., de 37 anos, pendente da evolución dunha contusión torácica que presentaba, aínda que non se descartaba que puidese recibir o alta ao longo da xornada.
Os facultativos do CHOP xa deron de alta a outro traballador ferido, de 49 anos, así como o dono da empresa e á súa filla que tiveron que ser ingresados e recibir asistencia médica ao sufrir senllas crises de ansiedade a consecuencia da traxedia.
Por outra banda, os bombeiros do Salnés continuaban onte tarde, máis de 24 horas despois de que se iniciase o incendio tras unha explosión, realizando labores de extinción na nave afectada. A gran cantidade de combustible que hai na nave (principalmente palés de madeira) fai que sexa necesaria unha vixilancia constante. Tras horas de traballo intenso, un grupo dos bombeiros relevou á quenda anterior e seguiu sufocando os rescoldos e os rebrotes tras remover parte do cascallo cunha escavadora. Con todo, aseguraron que “xa non hai perigo” para as vivendas adxacentes. O lume deixa graves danos na nave cuxa estrutura se viu afectada seriamente polo lume e as altas temperaturas. “A metade do tellado da nave veu abaixo”, explican os bombeiros, e no interior acumúlase unha inxente cantidade de material e maquinaria calcinada, ademais de camións e turismos que foron pasto das chamas.
A Policía Xudicial da Garda Civil tamén visitou as instalacións para tentar aclarar as causas do incendio. Polo momento todo o que se sabe achega da orixe do sinistro son os testemuños dos propios traballadores que centran o inicio do lume na explosión dunha caldeira. “Escoitei un enorme estalido e de súpeto todo se cubriu dunha gran fumareda negra”, explicaban o mércores algunhas testemuñas do sinistro a FARO.
O falecemento de Juan Ogando causou un fondo pesar en Barro e en Moraña. Foron moitos os amigos que deixaron palabras de agarimo e recoñecemento nas redes sociais para un auténtico apaixonado do mundo do motor e as motos.

Dous feridos na explosión de Barro salváronse ao saltar pola fiestra

Salvaron a vida polo seu instinto de supervivencia. Dous dos operarios que resultaron feridos na explosión ocorrida o mércores nunha fábrica do municipio pontevedrés de Barro saltaron polas fiestras da segunda planta da empresa, situadas a uns oito metros do chan. «Meu irmán salvou a vida porque se tirou pola ventá», detalla Manuel, un traballador do negocio, Comercial Vilanova, que se dedica á fabricación de portas. Manuel estaba preto da porta da fábrica cando se produciu a explosión, que se saldou cun traballador morto e outros sete feridos.

O estalido que provocou o incendio ocorreu na caldeira que está instalada á beira das escaleiras que dan acceso á segunda planta. Quedaron atrapados, e a única vía de escapatoria das chamas eran as fiestras.

«Víanselle vos ósos dás pernas», dixo un home que foi en auxilio dun ferido

O irmán de Manuel, Alfonso T.C., de 37 anos, permanecía ingresado onte á noite no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, segundo indicaron fontes do centro. A súa evolución era favorable. Alfonso foi atendido por unha contusión torácica e varias feridas de carácter superficial. O seu outro irmán, que tamén traballa na nave, resultou ileso. Malferido xa estaba José Carlos F.S., de 41 anos, cando se lanzou pola fiestra. Tiña queimaduras de segundo grao no 15 % do seu corpo, e ao impactar contra o asfalto fracturou as dúas pernas. Onte, permanecía grave na uci de Povisa.

«Víanselle vos ósos dás pernas», relatou onte un veciño que acudiu a socorrer ao decatarse do incendio. «Todos se queixaban dá dor que tiñan», engade.

Outro dos feridos de gravidade, F.C.P., de 45 anos, permanecía onte na unidade de queimados do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (Chuac) con queimaduras de segundo grao no 10 % do seu corpo. O cuarto ferido grave, J.C.P., está ingresado en planta no Complexo Hospitalario de Pontevedra. Os outros tres lesionados recibiron onte a alta.

Mentres tanto, a única vítima mortal, Juan Ogando, de 33 anos, foi velado onte no tanatorio de Moraña, de onde era oriúndo. Varios veciños sinalaron que o operario logrou saír da nave e regresou para coller unhas chaves, aínda que os traballadores que estaban alí rexeitaron tallantemente esa hipótese.

Os operarios de Comercial Vilanova declararon onte no cuartel da Garda Civil de Cambados. Mentres, axentes do Seprona recolleron mostras para analizar o impacto ambiental da explosión debido ao material que había na fábrica.