O Concello de Barro viviu por todo o alto a cadraxésimo cuarta edición da súa Festa do Viño de Barro. O Pazo da Crega foi o escenario principal dun evento que atraeu ata a localidade a ducias de amantes dos viños da D.O. Rías Baixas. O albariño Pionero Maccerato, fíxose co primeiro premio do certame deste 2023. Ademais, o cartel completouse con propostas gastronómicas, moita música e varios eventos deportivos.
Desde Asociación Iris Social están a buscar participantes para o programa Redeiras, un programa de atención integral a mulleres sen titulación ou con baixa cualificación.
Se che interesa ou coñeces a algunha muller de Marín, Barro e A Lama ou arredores, á que lle poida interesar, non dubides en pasarlle a información compartindo esta publicación!
Podédesvos poñer en contacto a través do correo prospeccion@irissocial.es, mandándonos unha mensaxe por esta plataforma ou chamando ao número 604 011 844.