Este sabado 29 ás 20,15 horas no Centro Social de Valiñas (Barro) a compañía Miro Magariños pre-estrea o seu espectáculo: ” 75 puñaladas” Un suicidio sospeitoso. Entrada 4 €uros e con aforo limitado así que se vos interesa chegade cedo, ou do contrario teredes que agardar ó día 6 de outubro que é a estrea oficial no Auditorio Municipal “Patelas” en Cuntis.
Autor/a: Barro
SON DAS TABERNAS EN BAROSA
Unha saída de vía en Mane sáldase sen feridos
COMO NO MEDIEVO
Segundo o Finalcial Times, de Guindos negocia coa UE is condicións do rescate
Fotos do Barosa líquida do 15/09/2012
As actividades do Barosa líquida previstas para este sábado, aprázanse por mor das previsións meteorolóxicas
Informámosvos que as actividades do Barosa líquida previstas para este sábado, 22 de setembro, aprázanse por mor das previsións meteorolóxicas. Desculpade as molestias e vémonos o vindeiro fin de semana se o tempo o permite.
https://noticiasbarro.wordpress.com/2012/09/18/programacion-barosa-liquida-para-o-22-de-setembro/
GRAN MAGOSTO POPULAR E III CONCURSO GASTRONÓMICO DA TORTILLA
Asociación Cultural Terras de Curro.
XOVES 11 DE OUTUBRO, a partir das 21.30 h.
GRAN MAGOSTO POPULAR E III CONCURSO GASTRONÓMICO DA TORTILLA
AMENIZADO MUSICALMENTE
Todos os que queirades traer tortillas, tedes de plazo ata as 21.30 h. do mesmo dia, na cultural de CURRO.
Mais información 605479388
AGASALLO para a mellor tortilla.
LUNS 24 SETEMBRO
Hora as 21.30 h na cultural de Curro
ASAMBLEA ORDIANARIA.
ORDE DO DIA
1º LECTURA ACTA ANTERIOR
2º CONTAS DA ASOCIACIÓN
3º RELACIÓN DE ACTIVIDADES
4º ROGOS E PREGUNTAS
———————————————————-
Estimados veciños,
Outro ano máis, en octubre, empezaremos coas clases de ximnasia. Co fin de saber cantas personas están interesadas en esta actividad, para poder facer os grupos, é necesario que vos apuntedes chamando o 697636795 (Nieves) antes do 24 de septembro. O dia 24 canda asamblea decidiránse os dias e horarios.
Sen máis, reciban un cordial saúdo
A Presidenta.
O partido entre o Verducido contra o Carballo da Portela suspendido
A Garda Civil incáutase de 150 plantas de marihuana en Moraña entre os detidos dous veciños de Barro
A Garda Civil, no marco das investigacións que se realizan para a erradicación da venda e cultivo de plantas estupefacientes na provincia de Pontevedra, incautouse o pasado xoves de dúas plantacións de marihuana, unha en Moraña e outra en Fornelos de Montes.
A primeira delas, composta por 150 plantas de entre os 170 aos 260 centímetros de altura, foi localizada, froito das investigacións realizadas por Equipo de Policía Xudicial da Garda Civil de Cambados, nunha zona forestal do municipio de Moraña de difícil acceso e oculta entre a vexetación existente.
Os axentes procederon á súa incautación e detención de tres mozos, dous deles veciños de Barro e o outro de Moraña, como presuntos autores dun delito contra a saúde pública ao ser os propietarios e coidadores de devandita plantación, segundo explica o Instituto Armado.




















