Curso de memoria en colaboración coa Cruz Vermella:
🟢 Destinatarios/as: Persoas maiores de 65 anos 🟢 Datas de celebración: Os luns desde o 2 de outubro ata o 27 de novembro de 2023 🟢 Horario: De 17:00 h a 18:30 h 🟢 Lugar de Celebración: Salón de Plenos do Concello de Barro 🟢 Inscricións: Oficina de Servizos Sociais do Concello de Barro
“DEPOrte Escolas” é un programa deportivo gratuíto da Deputación de Pontevedra en colaboración e coordinación coas federacións deportivas para contribuír ao desenvolvemento e fomento da actividade deportiva en idade escolar.
Modalidades de “DEPOrte Escolas” no Concello de Barro: Taekwondo.
👉A quen está destinado A única condición que tes que cumprir é ter moitas ganas de pasalo ben practicando a túa modalidade deportiva preferida.
As escolas estarán destinadas a nenas e nenos en idade escolar de toda a provincia de Pontevedra.