I CERTAME DE PINTURA RÁPIDA

PINTURA RAPIDA

Un motorista de Barro, trasladado grave en helicóptero tras un accidente en Forcarei

Un motorista resultou ao mediodía de onte ferido grave tras sufrir unha saída de vía cando circulaba polo faro de vigotérmino municipal de Forcarei. Fontes consultadas por FARO precisaron que se trata dun mozo veciño de Barro que viaxaba acompañado doutros motoristas pola N-541.

O suceso produciuse en torno ás 13.00 horas no punto kilométrico 51 do citado vial, pasado Soutelo de Montes en dirección a Portela de Lamas. Ata alí trasladáronse efectivos da Garda Civil, de Protección Civil de Forcarei e unha ambulancia do 061, ademais dun helicóptero do 112 que trasladou ao ferido ata o Hospital Clínico de Santiago de Compostela. Fontes hospitalarias confirmaron na tarde de onte que o mozo presentaba múltiples fracturas e que o seu estado era de pronóstico reservado.

motorista-trasladado

 

 

Noraboa campións

Dende a organización queren felicitar aos campións do grupo 1 e grupo 2 da liga de tenis de Barro. Noraboa campións.

g1

 

Campión da Liga no GRUPO 2º.

g2

I TORNEO DE TENIS “FESTA DO VIÑO DE BARRO”

TENIS

Toneladas de alimentos ao son da festa

diario_pontevedra.750
A macroverbena solidaria organizada polos comuneros en colaboración cunha empresa de espectáculos repartiu unhas 1.000 racións de paella. Onte entregáronse os alimentos en Cáritas
 
A verbena solidaria de Curro foi todo un éxito. Así o confirmou onte o presidente da Comunidade de Montes, Miguel Maquieira, logo de realizar a entrega de alimentos na sé de Cáritas en Pontevedra, onde recibiron o agradecimiento da presidenta local.
 
Segundo os cálculos do responsable dos comuneros, reuníronse preto de dúas toneladas de alimentos non perecederos aportados polos veciños e entidades comerciais de Barro. Malia que se organizou con pouco tempo de antelación e de que o frío non permitiu aos asistentes gozar todo o que quixesen da verbena na que participaron cinco orquestas da empresa Galicia Espectáculos, o nivel de colaboración dos por asociacións locais e, en xeral, dos veciños, compensou con fartura estas dificultades.
Os organizadores repartiron case a totalidade das 1.000 racións de paella preparadas para animar aos visitantes a gozar da festa e consideran que o obxectivo da convocatoria cubriuse sen dificultade.
 
Entre as entidades colaboradoras, estiveron a asociación A  Barosa, Terras de Curro, Acebarro, Protección Civil de Barro e de Portas. A Comunidade de Montes de Curro ten previstas outras actuacións, como a creación de postos de traballo para veciños a través de brigadas de limpeza do monte.
CURRO
montescurro1
 
montescurro2
montescurro3

FEIJÓO DE-MISIÓN !

4

@s moz@s de Galiza Nova da localidade conxunta de Barro-Caldas de Reis-Moraña-Portas colgaron unha faixa no S.Antoniño onde reza “Feijóo de-misión”.

“Reclamamos a dimisión do presidente da xunta por incopetente, cacique e por relacioanarse con narcotraficantes como Marcial Dorado. A imaxe que dá do país é pésima e Galiza non se merece iso.”

3

1

A rapeira viguesa AÍD gaña o VPremio Mimi do CEIP Amor Ruibal

O CEIP Amor Ruibal de Barro entregará o próximo martes, 14 de maio, o Premio Mimi que recaeu nesta quinta edición na mimirapeira viguesa AÍD. O galardón é un recoñecemento a aquelas persoas que utilizan e fomentan o idioma e a cultura galega.

A candidatura de AÍD foi proposta polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticaa do IES de Barro e impúxose ás outras catro recadadas polo alumnado de 5º curso de Primaria despois de remitir as bases do concurso a institucións,
organismos e asociación.

As restantes candidaturas foron as de Agustín Fernández Paz, proposto pola Universidade de Vigo; Fina Casalderrey, polo Obradoiro Río Umia; Ángel Alfonso Piñeiro, polo blogue Novas de Barro; e o programa da TVG2 “Os axóuxeres”, pola Real
Academia Galega.

O premio consiste nunha talla en madeira de Mimi, a mascota do colexio, realizada polo artista local Francisco Rodríguez Remiseiro, baseada no debuxo da exalumna Aroa Outón.

O acto será ás 12 horas na Biblioteca Municipal de Barro.

A canción “Apréndeo” de AÍD está arrasando no colexio. Os chicos e as chicas de 5º “rapéana” que da gusto. O próximo martes acompañarán á cantante no escenario. Vai ser guay…

«A xente implicouse coa festa solidaria e hoxe imos repartir 1.000 racións de paella»

A PARROQUIA de Curro ultima os detalles para a celebración da festa solidaria que esta noite, pretende recadar, cando menos, unha tonelada de alimentos e repartir unhas mil racións de paella. Unha das entidades promotoras, a Comunidade de Montes de Curro, agarda con moita emoción esta cita, segundo o seu presidente, Miguel Cancela.

Como xurdiu a idea da festa?

Estabamos coa idea de facer algo solidario e coincidiu que tamén comezamos a organizar as festas do verán na parroquia. Nesa toma de contacto descubrimos á empresa Galicia Espectáculo, que quería preparar unha presentación das súas orquestras para este ano. Así xurdiu a idea dunha especie de gala coa que recaudar alimentos para Cáritas.

Como foi a implicación do resto dos colectivos?

Boísima. Non quero esquecer a ninguén, entre todas as asociacións que se sumaron está Amigos da Fervenza de Barosa, Terras de Curro e Acebarro, que é a asociación de empresarios. Unha morea de empresas locais, que achegan alimentos e que con donativos axudarán a compoñer a paella xigante.

Como será a xornada de hoxe?

Bueno, o primeiro que hai que dicir é que contaremos coa presenza da presidenta de Cáritas de Pontevedra e tamén dalgúns voluntarios do colectivo para organizar a recollida de alimentos. Despois, que tamén a asociación Terras deCurro e outros voluntarios estarán axudando no reparto de racións gratuítas de paella. E que contaremos cun cociñeiro que se encargará de cociñar para que ás 22.30 horas xa se poida estar repartindo a comida. Despois, o resto da gala corre a cargo das orquestras e pensamos que ao ser cinco hai música e diversión garantizados hasta as cinco da mañá.

Cal é o obxectivo da gala?

Recadar canto máis comida mellor. Cáritas explicounos que hai demanda de galletas, fariña, azucre, cacau, tomate frito, arroz, aceite e leite, pero aceptamos todos os produtos, en especial non perecedeiros, que queira achegar o público. Algúns comercios xa puxeron caixas para que os que queiran aportar sen asistir os deixen nos establecementos.

Cal é o sentido deste evento?

Ser solidarios ante a crise e colaborar cunha asociación que está facendo un labor tan importante coma Cáritas. Nós, como comunidade de montes, pola nosa parte, seguiremos tratando de atallar os problemas da crise tamén a nivel local.

Como vai a petición de permiso para ofrecer cursos e emprego aos parados deCurro?

Estamos á espera da resposta da Xunta. Nós presentamos un proxecto dun curso para 400 horas ou un pouco menos, de tarefas silvícolas, enfocado a contratar brigadas propias. Se non no-lo conceden estamos analizando outros ‘plans b’ porque o que está claro é que queremos actuar ante o problema do paro entre os nosos veciños.

miguel

Concerto na igrexa de Curro

O vindeiro domingo día 12 de maio o terceiro concerto do ciclo “Música nas parroquias” organizado pola Asociación Cultural de Barro.
Nesta ocasión celebrarase ás 20 h. na igrexa de Curro e correrá a cargo de Martín Fontán (saxo), Cristina García (Trompa), Nieves García (frauta) e Laura Juncal (cello)
Para máis información contactar con:Roberto Rivas (Presidente da A.C. Barosa): 696075638

cartel musica nas parroquias 2013 curro

AC “Fervenza da Barosa” entrega casi 150 kg de alimentos na I Gala Solidaria Curro-2013 en Barro.

– As empresas Distribuciones Froiz S.A, Supermercados DIA de San Antoniño e Super-Tandy Froiz de San Antoniño aportaron 115 kg.
– As donacións de particulares e a AC Fervenza sumaron 31,5 kg.
– A recollida foi feita en sólo 5 días.
– AC Fervenza da Barosa xa recollera máis de media tonelada de alimentos na campaña “Nadal Solidario en Barro”.

Na noite de onte na parroquia de Curro tivo lugar a “I Gala Solidaria” Curro-2013, unha gala organizada por Galicia Espectáculo e Com. de Montes de Curro con caracter benéfico, que serviu para presentar 5 orquestas, así como facer unha cuestación de alimentos non perecedeiros entre os asistentes á mesma.

A implicación da AC “Amigos da Fervenza da Barosa” de Barro nesta iniciativa dende o primeiro momento logrou movilizar a socios, veciños e negocios de Barro, que decidiron aportar e colaborar nesta causa solidaria con case 150 kg de alimentos aportados coa seguinte distribución:

DISTRIBUCIONES FROIZ S.A. 50 Kg.

DIA SAN ANTONIÑO 34 Kg

TANDY-FROIZ UCHA SAN ANTONIÑO 31 Kg

DONACIONS PARTICULARES 31,5 Kg + LOTES DE PAÑALES.

Dende a “Fervenza da Barosa” queremos agradecer as mostras de apoio e solidariedade con esta Gala, e como colectivo cultural e social de Barro, mostrar a nosa disposición á colaboración en causas de interés xeral como así fixemos.

Tamén sinalar que as vindeiras actividades que organiza a Asociación Cultural “Amigos da Fervenza da Barosa” de Barro serán o “I Torneo de Baile Deportivo Fervenza da Barosa” o vindeiro 9 de Xuño no Pavillón Polideportivo de San Antoniño de Barro así como a colaboración na “I Xuntanza Familiar con xogos tradicionais” que terá lugar o 1 de xuño no Parque da Natureza da Barosa, organizada polo local hosteleiro Barosa Gastro.
fervenza

OFERTA DE EMPREGO EN CURRO

CURRO

BEEEEEE!!!

BEEE

AXUDA URXENTE

refugio Refugio Animales Cambados

Necesitamos ayuda muy urgente para esta perra. Máxima difusión. Se encuentra en la calle en Barro,Está a punto de parir y nosotros en este momento una jaula para ella sola y sus bebes cuando nazcan no tenemos… le buscamos casa de acogida hasta que los bebés tengan el tiempo para darlos en adopción y despues nosotros nos haríamos cargo de la perra… El Refugio paga los gastos veterinarios e incluso la alimentación.. POR FAVOR SOLO UNA ACOGIDA POR DOS MESES, nos parte el alma verla así y en la calle… Los vecinos quieren llamar a la perrera, POR FAVOR AYUDA…

cadela abandoada

Boletin PONTEemprego nº 135 de data 08/05/2013

 

 

 

 

PONTEEMPREGO

Portas acolle mañá a Festa da Lingua da Coordinadora de Dinamización da área do Umia

Centros educativos de Caldas, Moraña, Portas, Cuntis e Barro teñen unha cita co gallo do Día das Letras Galegas.

A Coordinadora Comarcal de Equipos de Dinamización da Lingua Galega ‘ Terras do Umia’ está a ultimar os detalles para a celebración da Festa da Lingua, que se celebrará mañá venres no salón de actos do Auditorio de Portas, no recinto da Azucreira, entre as 11.00 e as 13.00 horas da mañá.

A Festa da Lingua é un acto que promoven cada ano dende a citada coordinadora co gallo do Día das Letras Galegas e no que, coa presenza de alumnos de todos os centros educativos que forman a plataforma, se entregan premios aos estudantes e clases que participaron nas actividades propostas pola organización durante todo o curso. ENTREGA DE PREMIOS. Un dos momentos emotivos da xornada festiva será a entrega do premio ‘Lingumia’ a unha entidade da comarca que se destaca polo uso do galego. Os organizadores xa adiantaron que este galardón irá a parar na edición de 2013 para unha personalidade ou entidade do mundo do deporte, pero non quixeron desvelar máis datos para manter a sorpresa.

Ademais, haberá actuacións musicais e os organizadores contarán coa presenza de personalidades do mundo da cultura galega. Este é outro dos elementos que lle dá interese a esta festa, dende o punto de vista dos estudantes asistentes. A Coordinadora adiantou que nesta ocasión asistirá¡ o artista Antonio Axeitos ‘Toñito de Poi’, posto que o escritor Francisco Castro, quen participou na selección dos premios literarios, tiña previsto participar na festa mais tivo que excusar a súa participación por problemas de axenda.

A Coordinadora Comarcal de Equipos de Dinamización da Lingua Galega ‘ Terras do Umia’ está formada por centros educativos de ensino primario e secundario dos concellos de Barro, Caldas de Reis, Cuntis, Portas e Moraña.

Algunhas das actividades, coma o concurso e as exposicións de ‘Microrelatos e Micropoemas’, que son xa recoñecidos por toda a xente destes concellos.

festa lingua