🚵‍♂️ 𝗜 𝗕𝗧𝗧 𝗖𝗮𝗺𝗶𝗻̃𝗼𝘀 𝗱𝗲 𝗕𝗮𝗿𝗿𝗼

O 17 de decembro terá lugar a I BTT Camiños de Barro, unha proba cicloturista organizada polo concello de Barro e o Club Ciclista Ribadumia, coa colaboración da Federación Galega de Ciclismo.

A ruta, que se desenvolverá integramente dentro do concello de Barro e que irá pasando por distintos lugares de interese paisaxísitco, natural e patrimonial, contará cun percorrido de 40 km e 1.200 metros de desnivel positivo acumulado na modalidade longa e con 30 km e 800 m de desnivel na modalidade curta.

A BTT contará cunha sorpresa na parte final do percorrido, pois dentro da proba haberá unha cronoescalada nun treito de 600 metros ao 16% no monte Acibal, nun duro e coñecido segmento denominado “O Inferno de Perdecanai”, onde os/as ciclistas máis rápidos/as e que cheguen con mellores pernas a este punto competirán por premios nas distintas categorías.

✍🏻 As inscricións realizaranse a través da Web da Federación Galega de Ciclismo e abriranse o luns 6 de novembro: https://fgalegaciclismo.es/index.php/smartweb/inscripciones/prueba/27775-CAMINOS-DE-BARRO

CAN PERDIDO NA PORTELA

Onte a noite encontramos este can en Cancela, na zona da nave de conjusa. E macho e moi docil. Si alguen a reconoce que nos chamen o 639508529. Grazas

PRIMER ANIVERSARIO DO SEÑOR Dº. JUAN JOSÉ LAFUENTE MONTERO

PRESENTACIÓN DA TRILOXÍA DE NOVELAS DO AUTOR LITERARIO RS LAGO

Concurso para a elaboración dun logotipo e lema contra aviolencia de xénero

Convocatoria para cubrir unha praza de operario de servizos múltiples mediante o sistema de concurso-oposición no Concello de Barro

Anuncio DOG nº204 de 26/10/2023 bases e da convocatoria para cubrir unha praza de operario de servizos múltiples mediante o sistema de concurso-oposición

A FEIRA DE BARRO

OFERTA DE EMPREGO EN BARRO

PRESENTACIÓN DO LIBRO DE MARISA VIDAL COLLAZO “EU SON EXERIA”

CADELA PERDIDA EN MANE

XI CONCURSO DE CALACÚS

Atopouse este gato perdido na Portela

CADELA PERDIDA EN AGUDELO

Perdeuse en Agudelo cachorra podenca de 6 meses de idade, cor castaña.

Atopouse este gato en Agudelo

Envíanos unha mensaxe por se alguén o extravío ou sabe de quen é, ou queira adoptalo.

Atopouse este gato perdido en San Antoniño