PROXECTO BÁSICO E DE EXECUCIÓN DE CAMPO DE FÚTBOL DE CÉSPEDE ARTIFICIAL EN BARRO

O Concello de Barro fai público o proxecto de básico e de execución de CAMPO DE CÉSPEDE ARTIFICIAL E VESTIARIOS EN BARRO, no actual campo municipal de Outeiro – Perdecanai.

campofutbol OUTEIRO_800

Ábrese o luns o concurso de ideas para deseñar o futuro viveiro de empresas en Barro-Meis

O concurso de ideas para o deseño do edificio que albergará o viveiro de empresas do polígono de Barro-Meis abrirase o vindeiro luns 26 de agosto trala súa publicación no BOP. A creación deste viveiro de empresas permitirá, sinala a Deputación de Pontevedra, fomentar iniciativas empresariais ao mesmo tempo que se converte en impulso de emprendemento en toda a provincia de Pontevedra.

O proxecto enmárcase dentro do acordo que a Deputación Provincial acadou coa Fundación Incyde para a posta en marcha de dous viveiros de empresas na provincia, (xunto a este, o de Lalín) cun orzamento de 1,5 millóns de euros dos que o 80%, 1,2 millóns de euros, proceden de fondos europeos FEDER.

A través deste concurso premiarase a proposta de proxecto de obra básico, o deseño e a definición das características da obra que albergará un viveiro de empresas nas parcelas A10 e A11 do polígono industrial de Barro-Meis. Ademais da creatividade, se valorará os plantexamentos que teñan un alto valor arquitectónico e estético.

Poderán participar arquitectos colexiados de xeito individual ou formando equipos multidisciplinares optando a un primeiro premio de 6.000 euros, un segundo de 3.000 e un terceiro de 1.000 euros. Os interesados deberán presentar a solicitude durante os 15 días naturais seguintes á publicación no BOP, e tralo proceso de selección, os admitidos deberán presentar a súa proposta baixo un lema nun prazo de 30 días tralo cal deliberará o xurado.

PROMOCION ECONOMICA

Este viveiro de Barro-Meis funcionará como estrutura de acollida temporal para emprazar empresas nos seus primeiros pasos no mercado. Os que se asenten neles recibirán formación e a Deputación e o Incyde prestaralles determinados servizos adaptados ás súas necesidades concretas para que poidan desenvolver iniciativas empresariais de interese local e contribuír a dinamizar a comarca.

Nos viveiros, as empresas instalaranse de forma gratuíta perante os dous primeiros anos da súa existencia, soportando tan só os gastos xerais de mantemento das instalacións. O proxecto facilitará o labor dos emprendedores de Pontevedra e comarca, dándolles espazos e servizos adecuados para a posta en marcha das súas iniciativas, e servirá tamén de punto de partida para unha estratexia máis ambiciosa de impulso do emprendemento e promoción económica en toda a provincia.

louzan

Un accidente na N-550 que se salda sen feridos

PORTADA faro-de-vigo

Preto das 12.40 horas da mañá de onte produciuse un choque preto do instituto de Barro. Un coche que saía da costa que dá ao centro incorporouse á estrada xeral arroyando a un vehículo que circulaba por esta. Entre os dous coches viaxaban un total de 3 persoas, que non resultaron feridas.

http://galego.farodevigo.es/portada-pontevedra/2013/08/23/accidente-n-550-salda-heridos/864997.html

accidente-n

Un suceso que tinguiu de loito a cidade

diario_pontevedra.750

O tráxico suceso no que perderon a vida os 17 soldados españois que viaxaban a bordo dun Cougar en Afganistán conmocionou a toda Galicia (dez deles eran orixinarios da comunidade autónoma), pero deixouse notar especialmente na cidade de Pontevedra e na súa área de influencia. Aínda que a gran maioría dos falecidos vivían no momento no que aconteceu o accidente a beiras do Lérez, dous deles tiñan as súas familias na capital provincial.

Os dous eran soldados, ambos os dous moi novos. A morte de Gonzalo Casalderrey, procedente dunha familia humilde, tiñó de loito o coñecido barrio pontevedrés da Seca. Contaba con tan só 20 anos e apenas levaba uns seis meses enrrolado no Exército cando se viu envolvido nesta traxedia. O falecemento de Pedro Sanmartín, natural de Barro, foi moi sentido en toda a bisbarra. Contaba con só 24 anos por aquel entón, e vivía cos seus pais nunha vivenda alugada en Caldas de Reis. «Estas cousas sempre lle pasan á xente humilde, nunca aos peixes gordos», dicían por entón os veciños da Seca. Contaban que o mozo Gonzalo axudaba moito ao sustento familiar.

Homenaxean as vítimas do sinistro do Cougar oito anos despois do suceso

O Tribunal Militar Territorial Primeiro non encontrou unha causa concreta tras escoitar catro testemuñas dos feitos Dos helicópteros españois sobrevoaron o lugar dos feitos e a base de Herat acolleu unha misa no seu recordo.

As familias dalgúns dos falecidos continúan loitando por que se esclarezan por completo as causas do accidente

Dous helicópteros da Aspuhel (Unidade de Helicópteros Españois en Afganistán) sobrevoaron o pasado venres o ‘Punto Copeiro’, o lugar no que se produciu o accidente no que faleceron os 17 ocupantes dun helicóptero Cougar, doce deles da Brigada de Infantaría Lixeira Aerotransportable Galicia VII (Brilat). Fixérono como parte da homenaxe aos caídos en agosto de 2005 no que perdeu a vida un pontevedrés do barrio da Seca, Gonzalo Casalderrey, e un mozo de Barro afincado en Caldas de Reis, Pedro Sanmartín.

A continuación, a capela da base de apoio avanzado de Herat acolleu un oficio en recordo dos militares falecidos. A el asistiron numerosos membros do vixésimo cuarto continxente despregado en Herat e compoñentes da Forza Española en Afganistán ASPFOR XXXIII que desenvolven o seu labor na propia base á espera de iniciar o repregamento definitivo cara a España. O SINISTRO. No accidente víronse envolvidos dous helicópteros Cougar da citada Aspuhel que estaban despregados na base de Herat. Os 17 ocupantes dun deles faleceron cando o artefacto se precipitou a terra por causas que aínda non puideron ser esclarecidas por completo. Outros cinco militares que viaxaban no segundo helicóptero resultaron feridos froito da aterraxe de emerxencia que efectuou o seu piloto coa intención de auxiliar ao aparato que acababa de caer.

O Tribunal Militar Territorial Primeiro, encargado das dilixencias do suceso, reabriu a investigación en marzo do ano pasado a instancias dun despacho de avogados que defende os intereses das familias de tres das vítimas, coa intención de esclarecer dunha vez por todas as causas do accidente. Os letrados pediron a declaración de catro mozos afgáns que, ao parecer, estaban presentes na zona no momento no que o helicóptero español se caeu. Non obstante, os seus testemuños non ofreceron, segundo parece, ningún elemento de proba contundente, pois dixeron non ter escoitado ningunha detonación anterior ao accidente.

Malia el, e aínda que os investigadores apostan polos fortes refachos de vento reinantes en ‘Punto Copeiro’ como causa máis probable do sinistro, as familias continúan crendo que o sinistro puido producirse por un atentado, tal como reivindicou no seu día un líder talibán.

herat2

herat

sasalderrey

Aparece un proxectil sen detonar en Barro. hemeroteca

proyectil

CERTO, CLARA E TRANSPARENTE…. JA JA JA

INFORMACION CEDIDA POLOS COMUNEROS DA PORTELA
luis pintos

luis pintos (2)

PROGRAMA DA IV FESTA MEDIEVAL DE BARRO

MEDIEVAL

MEDIEVAL - copia

CONVOCATORIA DE ASAMBLEA EXTRAORDINARIA DE LA COMUNIDAD DE MONTES EN MANO COMUN DE LA PARROQUIA DE A PORTELA

1

2

3

4

m

Bestas co cepo no cerebro

cabalos co cepo

Varios comerciantes denuncian exclusión por parte de Acebarro

 PORTADA faro-de-vigo

Varios comerciantes de Barro mostraron o seu malestar coa asociación Acebarro, despois de que os responsable desta deixásenos excluídos da campaña de verán, destinada a aumentar os beneficios dos negocios integrantes.

Os afectados alegan a cota paga corresponde a un ano, polo que o prazo de vencimiento terminaría o próximo 30 de agosto. Así afirman que, “tiñan uns dereitos” e que deberían contar con eles para os tarefas de promoción estivais.

A campaña de verán de Acebarro consistía nun sorteo derivado das compras nos locais asociados. En total, os participantes poderían conseguir máis de 300 euros en premios. O sorteo será levado a cabo o próximo 29 de agosto na Praza do Viño da localidade ás 21.00 horas.

Moción do BNG

O portavoz do BNG en Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, presentou unha moción no concello referida á construción dun campo de fútbol de herba sintética. O grupo nacionalista alega que a práctica deste deporte resulta dificultosa nas condicións actuais de recinto deportivo, así como a marginación do concello respecto de outras localidades que recibiron axuda da Diputación para este fin.

En setembro de 2008 o BNG xa presentou outra moción para solicitar á Deputación a dotación de herba sintética.

http://galego.farodevigo.es/portada-pontevedra/2013/08/22/comerciantes-denuncian-exclusion-parte-acebarro/864492.html

acebarro

IV RUTA DE MOTO CLÁSICA

moto clasica

Campaña de Verán dos Comerciantes e Empresarios de Barro

acebarro1

acebarro2

Boletíns e ofertas de emprego

Alerta Ponteemprego. 19/08/13

Revista Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil. 19/08/13

———————

Operario textil. Arteixo. 20/08/13

Project Manager. Hays. A Coruña. 20/08/13

Conductor de camión. F&B Recursos. Galicia. 20/08/13

Programador. Randstad. Bergondo. 20/08/13

Paseador de cans. A Coruña. 21/08/13

Topógrafo con francés. A Coruña. 19/08/13

Auxiliar de camareiro. Rianxo. 19/08/13

Xestor de compras. Costa da Morte. 19/08/13

Comerciais. Santiago. 12/07/13

Xefe de equipo. Santiago. 12/07/13

Xerentes. Santiago. 12/07/13

Administrativo/a de contabilidade. Pontevedra. 21/08/13

4 Comerciais autónomos. Pontevedra. 21/08/13

5 Consultores enerxéticos. Think Big Marketing. Pontevedra. 21/08/13

Técnico robótico. Pontevedra. 21/08/13

Enquisador. O Grove. 21/08/13

25 Operarios de limpeza de atún. O Grove. 21/08/13

2 Controladores de acceso. Pontevedra. 21/08/13

2 Frigoristas. Faster. A Coruña. 21/08/13

Técnico de calidade. Arestora. A Coruña. 21/08/13

Xefe de equipo. Lofetel. A Coruña. 21/08/13

4 Axentes de seguros. Grupo Preventiva. 21/08/13

5 Comerciais. Noia. 21/08/13

Auxiliar sanitaria/ estética. FC Facial CLINIQUE. A Coruña. 21/08/13

buscar-traballo

“Un de Barro polo mundo…40 anos despois”

“Un de Barro polo mundo…40 anos despois” charla do diplomático nado en Barro, Francisco J. Moldes Fontan, Chuco, organizada pola AC Fervenza da Barosa.

  • Organizada pola AC Fervenza da Barosa, Francisco Moldes Fontán falará na súa terra natal, Barro, o vindeiro mércores día 28 de Agosto, no Pazo da Crega ás 21.15 horas.
  • O actual Consejero de Educación, Cultura e Deportes da Embaixada de España en Argentina, percorrerá dentro a súa experiencia vital así como falará da historia recente de Barro dende un punto de vista persoal.
  • Na súa dilatada vida profesional Francisco Moldes foi mestre, político, crítico literario e actualmente é diplomático.
  • Esta actividade enmárcase dentro dun ciclo cultural de charlas coloquio que organiza a Asociación Cultural “Amigos da Fervenza da Barosa”.

Barro, 20 de Agosto de 2013. “Un de Barro polo mundo…40 anos despois”, é o título escollido para a charla-coloquio que terá lugar o vindeiro mércores día 28 de Agosto a partires das 21.15 horas no Pazo da Crega, en San Antoniño (Barro) a cargo de Francisco Javier (Chuco) Moldes Fontán.

Moldes Fontán, é actualmente o Consejero de Educación, Cultura e Deportes na Embaixada de España en Argentina, da que tamén dependen Chile, Uruguay e Paraguay. Anteriormente na súa dilatada carreira profesional e persoal, foi mestre no IES Sanchez Cantón, tamén diplomático en Marrocos, Portugal ou Brasil, alto cargo do Ministerio de Presidencia, ou deputado na III Legislatura no Congreso. Foi nesta última faceta o deputado que propuxo a creación dun programa para desaparecidos en TVE, que a cadena pública materializou con “Quien Sabe Donde”, de Paco Lobatón. Como diplomático logrou que en 1997 o español fose lingua oficial de estudio en tódalas escolas de Portugal. Fixo crítica literaria sobre Kakfa, Umberto Eco e de Torrente Ballester do que foi amigo e colaborador. Tamén foi articulista en xornais como El País, La Voz de Galicia, Faro de Vigo, Diario de Pontevedra, etc.

A súa vida sempre xira sobre Barro, a donde sempre se achega cando as súas responsabilidades llo permiten, donde a familia Moldes-Fontán é moi coñecida por ser seu pai, o empresario José Moldes o propietario da “Ferretería Moldes” actual Castroman, seu avó materno Juan Fontán, o propietario do “Cine do Carballal” o primeiro da comarca, ou ser neto do que foi alcalde de Barro, Angel Moldes Castro.

Con estas referencias, na charla coloquio organizada pola AC Fervenza da Barosa, “Un de Barro polo mundo…40 anos despois”, volveremos á historia recente e contemporánea de Barro de mans de Francisco Javier Moldes Fontán, coñecido en Barro como “Chuco de Moldes”.

Ao remate da mesma e por cortesía dos patrocinadores da charla-coloquio, Adega Moraima de Barro, Panadería Pasarín e Panadería Daniel, servirase un albariño Rías Baixas e un pincho aos asistentes. Colabora na actividade o Concello de Barro.

fervenza

O BNG de Barro presenta unha MOCIÓN referida á construción dun campo de herba sintética

bng barro

Sr. Alcalde:

O abaixo asinante, Xosé Manuel Fernández Abraldes, portavoz do BNG no concello de Barro presenta a seguinte MOCIÓN referida á construción dun campo de herba sintética

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

       

  1. As persoas que practican o futbol en Barro teñen que facelo en vellos campos de terra nos que resulta difícil a práctica do deporte nunhas boas condicións.
  2. Nos últimos anos a Deputación construíu campos de herba sintética na maioría dos concellos da provincia, mesmo en concellos pequenos como o noso que contan con campos de herba natural, pero Barro quedou á marxe.
  3. Non é fácil explicarlle aos nenos e nenas que van xogar os seus partidos a outros concellos, e ven que alí teñen unhas instalacións modernas, que eles non teñen o mesmo dereito a disfrutar dunhas instalacións iguais.
  4. No BNG somos conscientes de que non estamos no mellor momento para facer equipamentos deste tipo, e que as prioridades de investimentos deben ser outras.
  5. Non obstante, estanse realizando campos modernos nos concellos que ainda non o tiñan, e o Presidente da Deputación ten  anunciado a súa intención de construir novos campos de herba sintética mesmo en parroquias de concellos que xa contan con campos destas caracteristicas, mentres se sigue a discriminar os veciños e veciñas de Barro.
  6. En setembro de 2008 o BNG presentou unha moción no concello para solicitar da Deputación a dotación de herba sintética ao campo de futbol municipal, pero o PP votou en contra, coa desculpa de que lle costaba moitos cartos ao concello.
  7. Neste momento estase construindo un campo destas caracteristicas en Moraña, pagado integramente pola Deputación, polo que ao concello de Barro non ten por que costarlle diñeiro tampouco.
  8. Os veciños e veciñas de Barro tamén teñen dereito a contar cunhas instalacións deportivas dignas como no resto dos concellos da provincia.

Por todo o exposto, o Pleno do concello acorda aprobar a seguinte

MOCIÓN:

Solicitar da Deputación provincial a dotación de herba sintética ao campo de futbol municipal.

 

Barro, 20 de agosto de 2013.

ABRALDES Asdo: Xosé Manuel Fernández Abraldes