RECONOCIMIENTO I BBT CAMIÑOS DE BARRO

BARRO RELANZA O MERCADO AMBULANTE CUNHA FEIRA MULTISECTORIAL ESTE DOMINGO 10 DE DECEMBRO

Barro, 7 de decembro de 2023. O equipo de goberno socialista do Concello de Barro pon en marcha diversas iniciativas para relanzar a Feira de Barro.

A raiz da pandemia, o mercado ambulante, que chegou a ser un referente na comarca, sufriu un certo declive tanto na presencia de postos como de público, polo que a intención do grupo socialista é recuperar unha actividade que xera movemento económico e turístico no municipio.

O tenente de alcalde José Sanmartín explica que “cando entramos no goberno no 2015 conseguimos que a feira pasase a ser de xestión municipal xerando beneficios para as arcas locais e agora queremos que o mercado volva a ser a gran feira de Barro dos domingos pola tarde”.

Para elo, como primeira medida, a Concellería de Turismo, Festas e Feiras que dirixe a socialista Rocío Touriño, organiza para este domingo día 10 de decembro unha “feira multisectorial” onde ademáis dos postos habituais do mercado estarán presentes sectores como automoción, antigüedades, productos ecolóxicos e artesanía.

A Feira abrirá, igual que cada domingo, ás 15 horas no lugar habitual na contorna do Pazo da Crega e para dinamizar a actividade estará a charanga Fanfarria Furruxa.

Asimesmo, dende a Concellería de Feiras tamén se pretende consolidar o número de postos actuais e aumentalos cara o vindeiro ano, para o que está aberto o prazo de inscripción da anualidade 2024.

A ordenanza do Concello de Barro fixa un prezo de un euro por metro lineal e día, de xeito que o custe anual para un posto de cinco metros suporía apenas 250 euros ao ano.

A FEIRA DE BARRO

Anuncio BOPPO Nº 232 do 01/12/2023 de NOMEAMENTO XUÍZ DE PAZ SUSTITUTA DE BARRO

Anuncio de adxudicación ao Concello de Barro das fincas nº 517-1, 1260, 1806, 1807, 2357, 2544 e 2772, pertencentes á relación do Fondo de Terras, da concentración parcelaria da zona de Agudelo-Barro-Valiñas.

OFERTA DE EMPREGO EN BARRO

CONCURSO POSTAIS DE NADAL

D.E.P. D. RAMÓN NÚÑEZ RIVAS

COSTURA PARA NIÑOS Y JÓVENES

Quisiéramos proponerles nuestra actividad de costura para niños y niñas de entre 8 y 14 años (ambos incluidos). Actividad que se desarrollará en un taller de Navidades del 22 al 29 de Diciembre, y del 1 al 5 de Enero de 11:00h a 13:30h en Villagarcía de Arousa.

Escuela de diseño y moda Luz Prado, cl Julio Camba bajo 4, Urb. O Piñeriño Las Pistas.

Tlf y whatsapp 986 188 226

D.E.P. D. ENRIQUE CESPÓN MOURIÑO

D.E.P. DOÑA MARÍA SALADINA CANCELA TABOADA

TALLER ¿Cómo hacer tus aceites para masaje?

D.E.P. D. LAUREANO SEÑORÀNS MAGDALENA

D.E.P. MARÍA JOSÉ ALFONSO ABAL

CLUB DE LECTURA


UN OLLO DE VIDRO
BIBLIOTECA BARRO.

-🖋 ENCONTRO CO AUTOR: XOSÉ MONTEAGUDO.

23 de novembro, ás 19:30 na biblioteca de Barro, falaremos do libro “Vémonos mañá”, lectura de outubro/novembro do noso Club de lectura.