PROGRAMA DE TERMALISMO SOCIAL DO IMSERSO.

BARRO CREARÁ POR PRIMEIRA VEZ A MESA LOCAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O equipo socialista de goberno do Concello de Barro celebrou este martes a primeira reunión para crear a Mesa Local Contra a Violencia de Xénero. 

Será un organismo de carácter consultivo que se establecerá por primeira vez no Concello de Barro para coordinar o traballo das áreas implicadas co fin de garantir a atención e seguimento ás víctimas de violencia machista.

O Tenente de Alcalde, José Sanmartín e a Concelleira de Igualdade, Lia Rodríguez, recibiron na Casa Consistorial á xefa da unidade contra a violencia de xénero da Subdelegación do Goberno en Pontevedra, Manuela Vilaboy, para consensuar as bases e protocolos da iniciativa.

Durante o encontro, ao que tamén se uniu a responsable municipal de Asistencia Social, abordáronse temas relevantes relacionados con esta problemática e a situación que atravesa o concello en canto a casos violencia de xénero.  

Tamén se trataron os principios do Plan Director e as accións que se desenvolverán entre a comunidade escolar e a veciñanza en xeral. 

A Mesa Local Contra a Violencia de Xénero estará presidida pola Concelleira de Igualdade, Lía Rodríguez, con representación institucional da Xunta de Galicia, a Subdelegación do Goberno, entidades e colectivos sociais, así como todas as forzas políticas de Barro.

Dentro das iniciativas que se porán en marcha, a Concellería de Igualdade que dirixe a socialista Lia Rodríguez deseñará un Plan de Acción polas parroquias para achegar información sobre temas de interés como a prevención de estafas ou a xestión emocional do duelo, entre outras. 

Dende o Concellería tamén se está traballando nas actividades do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero que se levarán a cabo nos primeiros meses do vindeiro ano.

A DGT reparte 400 chalecos reflectores dentro dun plan especial de prevención de atropelos

Amizade reclama melloras na accesibilidade ao Parque Natural Río Barosa

Febre polo BTT en Barro

Abraldes: “Barro é un Concello con débeda cero e podemos permitirnos seguir conxelando taxas e impostos”

SAÍDA DA I BTT CAMIÑOS DE BARRO

PROGRAMACIÓN DE NADAL. BARRO

D.E.P. Doña María Elsa Gestoso Carabia

OFERTA DE EMPREGO EN BARRO

D.E.P. DON ÁNGEL LODEIRO PIÑEIRO

OFERTA DE EMPREGO EN BARRO

VOLUNTARIADO BTT

CONVOCATORIA DE ASAMBLEA ORDINARIA DA C.M.V.M.C. DE PORTELA 16/12/2023

D.E.P. D. RAMÓN SOUTO CANAY