CAMPAMENTOS DE VERÁN NA LANZADA

campamentos novas barro

ALERTA PONTEEMPREGO 03/03/2014

emprego logohttp://www.proxectoiles.eu/PONTEemprego/Alertas/124.-Alerta_PONTEemprego_03-03-2014.pdf

ponteemprego

Un trailer atropela unha muller que cruzaba por un paso de peóns en Barro

O accidente tivo lugar ás 13:31 horas en Barro, na estrada N-550 no LOGO PONTEVEDRA VIVA BARROpaso de peóns situado fronte á farmacia de San Antoniño, segundo informou o 112.

Segundo explicaron testemuñas presenciais, a vítima é unha muller de avanzaba idade que cruzaba o paso de peóns axudada cunha muleta. O semáforo encontrábase en vermello para que pasasen os peóns pero á señora non lle deu tempo a cruzar.

Ao poñerse o semáforo en verde o condutor do tráiler non a viu, arrancou e tirouna ao chan, segundo explicaron estas mesmas fontes.

Como consecuencia do impacto a muller sufriu un golpe,sendo trasladada en ambulancia a un centro sanitario da capital.

http://pontevedraviva.com/xeral/10611/trailer-atropello-mujer-paso-peatones-barro/?lang=gl

atropello

atropello 2

ENTROIDO 2014 NO CEIP Amor Ruibal de Barro

Atropelan a unha muller no paso de peóns en Barro

Este mediodía sobre as 13.45 horas tivo lugar un acidente no paso de peóns de San Antoniño, en Barro, co resultado dun atropelo dunha muller veciña da Portela que resultou ferida.

Ao lugar dos feitos desprazaronse efectivos da Garda Civil de Tráfico e unha ambulancia do 061.
OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Onde o tenis se convirte nunha auténtica pasión….II LIGA DE TENIS DE BARRO.

Este ano a liga chegou ata 60 participantes, aínda que polo camiño foron caendo algúns por mor das lesións. Como novidade este ano, houbo unha primeira divisón e dous grupos na segunda .

O torneo está sendo moi interesante , habendo moita competividade. Esta edición da liga de tenis de Barro, está chegando o seu remate e nesta semana estase celebrando a última xornada que rematará o dia 13 de marzo e dará paso a entrega de Trofeos e a cea de fin de tempada que se celebrará na Taberna O Burato Do Grilo, o sábado dia 15 de marzo a partir das dez da noite.

Antes da cear levarase a cabo o sorteo da II edición da Copa da Liga, que a xogarán os dez primeiros de cada grupo de segunda e os doce primeiros da primeira divisón.

Enlace da paxina do torneo: http://www.todotorneos.com/paginas/torneosmain.php?torneo=105941

*Recordo de cómo rematou o ano pasado. A organización quere recordar que os actuais campións da liga do ano pasado, foron Arturo Sangiao, no grupo A e Alberto Maquieira no grupo B, tamén recordar que na copa da liga impúxose Suso Beade.

Dende a organización agradecemos toda a máxima colaboración da Comunidade

Montes por deixar usar as suas instalacións e tamén ao Concello de Barro por facilitar o uso do pavillón Municipal de Curro.

Organizan:

A.C.D. TENIS BARRO

ASOC. CULT. TERRAS DE CURRO.

COMUNIDADE DE MONTES DE CURRO

COLABORAN:

CONCELLO DE BARRO.

campeón grupo 2 e subcampeon grupo 2  temp. 2013

campeon grupo 1 2013  - campeon copa 2013

Miguel, presi da com. montes Curro con xogador mais veterano, J. LUIS

Pablo - Emilio , xogadores e membros da organización

Ferida unha persoa nun accidente de tráfico en Barro

Unha persoa foi trasladada a un centro hospitalario debido a un accidente de tráfico rexistrado onte martes no termo municipal deBarro (Restaurante Portaliña).

O sinistro tivo lugar sobre as 11,25 horas na estrada de Pontevedraa Caldas de Reis, ao seu paso polo municipio de Barro, segundo os datos facilitados polo 112 a Europa Press.

O 061 desprazou ao lugar do accidente unha ambulancia asistencial que levou a unha persoa ferida ao Hospital Domínguez, segundo sinalaron fontes sanitarias.

ACCIDENTE

Deteñen a un condutor que intentou arroiar a un garda civil en Barro

diario pontevedra

A Garda Civil ha detido a un condutor que está acusado de desobedecer as súas ordes e pór en perigo a integridade física dun dos axentes que participaban nun control.

O suceso ocorreu na madrugada de onte na PO-531, en Barro. Cando os gardas ordenaron ao condutor dun C4 Picasso con matrícula croata que se detivese, este desobedeceu as súas indicacións e, tras intentar arroiar a un garda, deuse á fuga a gran velocidade, pondo en perigo aos demais usuarios da estrada.

Os gardas civís que saíron na súa persecución conseguiron darlle alcance e identificalo. A súa documentación indica que se chama A.H. e é de nacionalidade croata.

http://diariodepontevedra.galiciae.com/nova/315150-detienen-conductor-intento-arrollar-guardia-civil-barro?lang=gl

TALLER DE IDEAS ¡¡¡

Sabes o que é a Iniciativa Xove?

Son propostas que fan:
– Grupos informales de jóvenes que deseen realizar una iniciativa juvenil
– Asociaciones juveniles y las entidades que le presten servicios a la juventud que carezcan de interés de lucro, y sus respectivas federaciones, siempre que, en el caso de estas últimas, el proyecto que presenten no sea el mismo que el de cada una de las asociaciones/entidades que las conforman.

Esta información é da convocatoria de axudas do ano pasado http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130418/AnuncioCA05-110413-0006_es.html

Se tendes algunha idea que queirades realizar, no Concello de Barro a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado imos realizar un TALLER DE IDEAS, ao que poden vir asociacións, grupos de mozos/as, colectivos interesado en realizar proxectos de participación xuvenil, técnicos e público en xeral.

Mais información e inscripcións na OMIX de Barro.986714806.

taller de ideas

ESTAS SON AS VOSAS PROPOSTAS,AGORA TOCA ELIXIR UN.

Candidat@ dos seguidores de Novas de Barro para o 6º premio “MIMI “ao personaxe do ano”.

mimi

CHARLA SOBRE SÁUDE e ENVELLECEMENTO ACTIVO

BAROSA Ac.

Este luns ás 19:00 temos unha charla sobre SÁUDE e ENVELLECEMENTO ACTIVO.

A charla enroca co taller de memoria e servirá de introducción, trataranse os mitos entorno a vellez, os cambios que se producen coa vellez e tamén se falará de como previr o deterioro físico e cognitivo.

A charla é gratuita e está aberta a todas as persoas que teñen un oco para ir escoitar e aprender.

barosa ac

Convocatoria de cursos de lingua galega Celga 2, 3 e 4 na Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra

Ata o venres 7 de marzo está aberto o prazo para solicitar os cursos Celga que se realizarán na Escola oficial de idiomas de Pontevedra.

Hai programados 3 cursos de acordo co seguinte calendario:

Celga 2 (horario de tarde)

Celga 3 (horario de mañá)

Celga 4 (horario de mañá)

Datas: de marzo a maio

Horario (70 horas lectivas):

  • Martes: de 18.30 a 20.30 h

  • Mércores: de 20 a 21.30 h

  • Xoves: de 18.30 a 21 h

Datas: de marzo a maio

Horario (70 horas lectivas):

  • Martes e venres: de 10 a 12.15 h

Datas: de marzo a maio

Horario (70 horas lectivas):

  • Martes e xoves: de 10 a 12.15h

As solicitudes presentaranse na secretaría EOI de Pontevedra:

    Escola Oficial de Idiomas.

    Rúa Celso E. Ferreiro, s/n.

    Tel. 986 833 018

Na orde publicada no DOG núm. 38, do martes 25 de febreiro de 2014,  se pode consultar a convocatoria completa para os cursos Celga nas escolas de idiomas de Galicia, e o modelo de solicitude.

http://www.xunta.es

Casting de Humoristas en Pontevedra para o programa “Máis retranca”

A productora “Adivina Producciones” estan a preparar un programa de humor para Televisión de Galicia titulado “Mais Retranca” no que pretenden atopar novos talentos do humor en Galicia.

O programa consiste na grabación de un casting en diferentes pobos de Galicia buscando xente que faga humor, ben sexa que contes chistes, faga monólogos, imitacións, sketchs…, todo ten cabida sempre que sexa cómico.

O Sábado 29 de Marzo gravaran  o casting en PONTEVEDRA.

Contacta en horario de oficina no tel. 649 827 061 ou polo correo maisretranca@adivina.com , explicando brevemente a túa actuación.

casting-PONTEVEDRA

Un programa de intercambio une a Barro e Pluvigner

PORTADA faro-de-vigo

Os alumnos do IES de Barro recibiron a case unha trintena de estudantes mapa-celtafranceses do instituto Goh Lanno de Pluvigner, unha pequena localidade da Bretaña.
Os mozos, que son aloxados con familias do municipio, coñecerán durante a súa estanza algúns dos lugares máis destacados de Galicia.

http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2014/02/28/programa-intercambio-une-barro-y/976222.html

programa-intercambio

D.E.P. Doña María Teonila Fontán Barros

dep