Lúa, cadela desaparecida en Barro, na zona de Agudelo. COMPARTE

LUAEsta cadela chámase Lua, desapareceu o 13 maio pola zona da LARDOEIRA AGUDELO .

No caso de encontrala contactar con:

https://www.facebook.com/ivan.abal.54?fref=photo

 

A Garda Civil incáutase de roupa de marca falsificada no mercado de Barro

Axentes da Garda Civil compareceron na tarde de onte no mercado dominical de Barro onde localizaron e incautáronse de distintas cantidades de roupa de marca falsificada.

A actuación enmárcase na loita contra a fraude desenvolvida polas Forzas de Seguridade do Estado e ten como obxectivo retirar do mercado copias falsificadas. As compañías denuncian estes casos ao entender que os vendedores ambulantes forman parte dunha cadea que fixo do delito contra a propiedade industrial unha das súas principais fontes de ingresos e ademais tamén entenden que danan a súa imaxe.

Entre a mercadoría incautada está a dun vendedor que hoxe mesmo, a través da Asociación de empresarios e comerciantes ambulantes de Galicia, ten previsto presentar unha queixa ante a Subdelegación do Goberno polo que considera un “abuso” dos gardas civís xa que “viñeron catro patrullas e me deixaron sen nada, eu lles entreguei trinta pantalóns de Adidas que tiña falsos pero eles volveron e se levaron todo, camisetas, chándales,… aínda que era roupa sen marca, era roupa legal que podía vender” explica.

Un atropelo

Considera este vendedor, e así tamén o entende a asociación da que forma parte, que é vítima dun atropelo policial xa que “se levaron as 400 pezas que tiña e non me deron unha acta do que recolleron, nin nada” sinalaba polo que “eu non sei a quen teño que reclamarlle a mercadoría”, engadía. Aseguraba onte que sentía que “me roubaron”.

A Asociación de empresarios e comerciantes ambulantes -integrada na Sociedade Xitana en Galicia- acompañará o vendedor na súa queixa ante a autoridade gobernativa. Ademais reclamarán a roupa incautada na súa opinión de forma “chula e agresiva”.

http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2014/06/09/guardia-civil-incauta-ropa-marca/1038833.html

MERCADILLO

Xornada campestre de veciños de Caldas no parque Barosa

PORTADA faro-de-vigo

Preto dun centenar de veciños de Caldas participaron nunha xornada campestre no parque Ría Barosa, en Barro. A Concellaría de Benestar Social organizou unha xornada para maiores. Unha trintena deles, do Fogar do Maior, fixo a piei o percorrido dende Caldas a Barosa seguindo o Camiño Portugués, mentres outro medio centenar o fixo en autobús. Tras o xantar, baixo unha carpa, os asistentes, aos que se sumaron o alcalde, Juan Manuel Rey e a concelleira Socorro Tobío, houbo xogos, música e un bingo para entreter a tarde.

http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2014/06/08/jornada-campestre-vecinos-caldas-parque/1038502.html

jornada-campestre

 

Os benxamíns do equipo Escola de Fútbol de Barro quedan en 2º lugar no II Moraña Cup

Os benxamíns do equipo Escola de Fútbol de Barro quedan en 2º lugar no II Moraña Cup.

Excelente ambiente o vivido na xornada de hoxe no campo de O Buelo para presenciar o torneo de fútbol 8.

Coa amenaza da climatoloxía comenzou o campionato, e xa dende ben cedo os equipos comenzaron a facer as delicias de tódolos afeccionados. Na xornada matinal desarrollouse as fases de grupo da categoría Alevín e Benxamín, quedando establecido os equipos clasificados para as semifinais, no caso da categoría maior.

Logo da pausa para zantar chegou o prato forte do día coa posta en escena da categoría Biberón, que sen dúbida foron os que máis ánimo recibiron dende as bancadas, unhas bancadas ateigadas de xente durante toda a tarde. A medida que foron chegando o memento das semifinais, foi gañando en emoción o torneo, deixando para o recordo un sinfín de xogadas de callidade e intervención moi meritorias dos gardametas.
Na categoría Biberon resulto gañador o Caldas C.F., inda que todos os participantes engancharon o público que vibrou sobremaneira coas evolución dos máis pequenos.

Na categoría Alevín, o Portero 2000 chegou a final despois de eliminar o equipo anfitrión nun partido moi disputado. O seu rival na final sería o Portas. Ambos equipos disputaron o encontro máis emocionante do torneo e só no treito final o Portero 2000 foi capaz de desfacer a igualada cun fermoso tanto de vaselina. O Portas puido forzar os penaltis pero cando todo parecía que chegaba o empate o travesaño repeliu o disparo e o Portero 2000 proclamouse campión da categoría.

Na categoría intermedia o Moraña CF proclamouse campión despois de superar o Escola de Fútbol de Barro. Ambos equipos disputaron un torneo fantástico. Destacar o terceiro posto acadado polo Moraña CF B, que pese a ser os máis cativos da categoría competiron de maneira fenomenal

Inicio

moraña cup

XXI Festival de Folclore de Barro

festivas barro

festival barro 2

Que che parece a programación da Festa do Viño 2014?

 

Programa da XXXV Festa do Viño de Barro

festa barro viño

A discreta sombra do herdeiro

la voz de galicia

Cun currículo exemplar, foi o director xeral máis novo no Goberno

Un galego na corte de Felipe VI. Tras case vinte anos á sombra do príncipe, a inminentefelipe vi proclamación de Felipe de Borbón como rei de España fixo que todos os focos se pousen sobre o seu principal colaborador en pazo, Jaime Alfonsín. Focos dos que fuxiu en todos estes anos nos que se esforzou por permanecer nun discreto segundo plano, para evitar calquera tropezóns que puidese prexudicar de forma indirecta ao herdeiro.

Fillo dun inspector de Facenda e dunha farmacéutica, Jaime Alfonsín Alfonso naceu en 1956 en Lugo, de onde era a súa familia materna -coñecida na cidade das murallas porque un irmán da súa avoa, Emilio Alfonso, era un médico moi afamado-, aínda que toda a súa vida se desenvolveu en Madrid. De feito, familiares afastados consultados por este xornal non tiñan constancia de que tería nacido en Lugo, como certifica a biografía oficial colgada na web da Casa Real.

Aínda que o seu día a día transcorría en Madrid, onde realizou os seus estudos universitarios e desenvolveu a súa carreira profesional, Alfonsín mantivo o seu vínculo con Galicia, especialmente con Pontevedra, onde veranea dende que era un neno, e onde aínda ten familia. Malia que os seus pais xa faleceron -están enterrados na parroquia de Porráns (Barro), de onde era orixinario o seu proxenitor-, segue vindo todos os anos a Sanxenxo.

Brillante e humilde

Amigos da adolescencia destacan del que é un «moi bo amigo, pero sobre todo un tipo humilde», que non presumía nunca dos seus logros malia a brillantez que o levou a rematar a carreira de Dereito co premio extraordinario da súa promoción e a converterse no director xeral máis novo no Goberno español aos 26 anos.

«Cando te presentaba aos seus pais sempre te poñía polas nubes, e valoraba moito calquera cousa que fixeses», explican esas fontes, que subliñan que, no aspecto lúdico, era un gran xogador de tenis que gañou con só 17 anos un dos primeiros torneos que se celebraron no Casino de Pontevedra, cidade na que cada ano acudía ao baile da Peregrina, posta de longo das adolescentes locais, aínda que tamén frecuentaba coa súa cuadrilla as verbenas populares.

Alfonsín, casado e con dúas fillas, ten dúas irmás, Isabel e Cristina. Esta última é farmacéutica como a súa nai e ao seu nome figura unha céntrica botica en Madrid, ao lado da Praza Maior, onde onte recibiron máis dunha chamada interesándose polo perfil de quen parece chamado a ocupar un posto destacado á sombra do futuro rei. Pero a discreción parece que vén de familia…

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/espana/2014/06/05/discreta-sombra-heredero/0003_201406G5P6992.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz

OFERTA DE EMPREGO EN CURRO

emprego en curro

O Rei en Galicia

o rei en galicia

Barro recibe 33.455,04 € da Deputación de Pontevedra para contratar 8 persoas para o mantemento de bens e servizos municipais.

Na comarca de Pontevedra serán 71 as persoas contratadas no marco desta iniciativa da imagesCA37UZJZDeputación de Pontevedra e na de Caldas poderán traballar outros 61 desempregados, cun investimento total que supera os 550.000 euros

Así, os concellos de A Lama, Barro e Cotobade, poderán contratar a 8 persoas cada un, cunha achega de 33.455,04 euros por concello, mentres que Campo Lameiro (con menos de 2.000 habitantes) recibirá 25.091,28 euros para contratar a 6 persoas.

Pola súa banda, os concellos de Vilaboa e Ponte Caldelas poderán contratar a 12 operarios e percibirán 50.182,56 euros cada un para poder facelo.

Finalmente, o concello de Poio recibirá unha achega de 71.091,96 euros para a contratación de 17 operarios.

INEM

 

A Diputación investirá 60.000 euros en reformar a praza de San Antoniño, en Barro

A Diputación investirá uns 60.000 euros nas obras de acondicionamiento da Praza de San louzanAntoniño, na parroquia de Perdecanai. A xunta e goberno acordou concederlle unha subvención de 58.519 euros ao Concello de Barro para que acometa a contratación destes traballos que afectan á contorna do consistorio.

O obxectivo das obras é harmonizar toda a contorna, mellorando a accesibilidad tanto á propia praza como aos diferentes edificios existentes nela, onde ademais da propia sé do Concello atópase o centro escolar; así como acondicionar as zonas verdes e os viales de acceso. Actualmente, a praza de San Antoniño presenta zonas asfaltadas e outras en terra.

vaca muuu

Boletin PONTEemprego nº 179 de data 04/06/2014

emprego logo

Fai clic para acceder a oferta_trabajo_empleo_formacion_curso_pontevedra_179_PONTEemprego_data_04-06-2014.pdf

ponteemprego

Os nenos do CEIP Amor Ruibal gozan cos polis Paco e Loli

PORTADA faro-de-vigo

Grazas ás xestións da Anpa e o Concello de Barro os nenos do CEIP Amor Ruibal gozaron das leciones de educación viaria dos polis Paco e Loli, que se desprazaron dende Sanxenxo a Barro, grazas á colaboración do primeiro dos concellos, para compartir uns momentos moi agradables e á súa vez frutíferos. Dende o CEIP Amor Ruibal falicita por esta iniciativa á Concellaría de Seguridade Cidadá de Sanxenxo e aos policías locais Abelardo e Manuel, creadores e actores desta.

http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2014/06/03/ninos-ceip-amor-ruibal-disfrutan/1035129.html

AMOR RUIBAL

UN BO TRABALLO

Un grupo de mozos e rapaces do lugar de Briadoiro, parroquia da Portela, motivados pola actual Xunta de Montes, están a limpar e recoller o río “do Briadoiro”. Moreas de escombro (cascotes, ladrillos, uralitas, ventanas, etc.) que o longo destes anos foron arroxando de forma indiscriminada, convertendo este fermoso lugar nun vertedoiro incontrolado. Salientar que recollen todo á man ó longo do río, xa que as enchentas do inverno arrastraron o escombro ó longo de aprox. 200 mts. Este e o tipo de accións, segundo a miña modesta opinión, deberían ser premiadas, xa que contribúen a mellor imaxe do concello. Gustaríame comentar de paso, que por fin se van a acometer as obras neste mesmo sitio, que os veciños estábamos fartos de reclamar. Debido á gran cantidade de auga caída no inverno,  dende fai case 2 anos, produciuse un corremento de terra que taponou o río; este circula pola pista de acceso ó monte sen control, tirando tamén con parte do vello muíño da Costa, e provocando a rotura de  mangueiras da auga dalgún veciño, e polo que resulta imposible acceder ó monte por este lugar. Xente xoven, con ilusión, principios, con ganas de traballar  e de cambialas cousas. Parabéns pola vosa xestión. portela 2 portela 1