HORARIO DA PISCINA DE CURRO

PISCINA DE CURRO

Fotomontaxe da graduación do alumnado de Educación Infantil do CEIP Amor Ruibal de Barro. Curso escolar 2013/14

ZUMBA SOLIDARIA EN PORTAS

zumba portas

Actos vandálicos e un incendio na noite de San Xoan de Barro

A noite de San Xoan deixo varios sucesos en Barro, o primeiro na parroquia de Curro onde un ou varios descoñecidos cometeron actos vandálicos contra o patrimonio privado e público rompendo macetas e colectores.
O segundo sucedeu na parroquia de Perdecanai no núcleo urbano de San Antoniño onde se rexistro un incendio ao cal tiveron que acudir efectivos de contraincendios como persoal da Policía Autonómica.

DSC_0718

 

BOAS!! VEÑO A DAR SULFATO!!!

veño a dar o sulfato

A DEPUTACIÓN ADXUDICA AS OBRAS DUN CAMPO DE FÚTBOL EN BARRO CUN ORZAMENTO PRÓXIMO AOS 500.000 EUROS

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou  a adxudicación a Civis LOUZAN FUTBOLGlobal S.L. das obras de construción dun campo de herba artificial no concello de Barro.

A obra conta cun orzamento de 494.354 euros e ben a dar resposta á demanda dos veciños e veciñas desta localidade de contar con instalacións deste tipo para a práctica do fútbol.

A obra consistirá na transformación do actual campo de terra nun LOUZAN FUTBOL 2campo de céspede artificial de última xeración. Así mesmo, o campo marcarase para un terreo de xogo de fútbol once e dous de fútbol sete, gañando así en funcionalidade e permitindo unha utilización máis intensiva.

As obras incluirán movemento de terras para adecuar o terreo, a construción ca base de asfalto necesaria para a instalación da herba sintética, a colocación desta e a dotación dun sistema de recollida de pluviais e dun sistema de rego para o campo.

Tamén se construirá unha grada aproveitando o noiro existente nun dos laterais do campo e instalaranse novas columnas de iluminación.

O perímetro do campo dotarase de redes recolle balóns e dun camiño pavimentado con asfalto.

 

DEFESTA Festa do Viño de Barro 2014

Protesta en Barro para pedir máis seguridade vial

PORTADA faro-de-vigo

Preto de medio centenar de persoas concentráronse a última hora da tarde de onte en San Antoniño, Barro, para esixir máis seguridade vial no “punto negro” da N-550 ao seu paso por este tramo.Os veciños xa presentaron máis de 400 firmas esixindo medidas no cruzamento da rúa Areal e reclaman carriles de espera e unha rotonda para evitar atropellos.

http://galego.farodevigo.es/portada-pontevedra/2014/06/22/protesta-barro-pedir-seguridad-vial/1046098.html

non accidentes

 

Veciños de Barro demandan melloras de seguridade na N-550 ao seu paso por San Antoniño

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

O elevado número de accidentes nese punto e o perigo que supón a diario para os habitantes de Barro levou a un grupo de veciños a concentrarse en San Antoniño para demandar melloras de seguridade vial na zona.

Trátase en concreto docruzamento do Nacional 550 coa rúa Areal, á saída de San Antoniño en dirección a Caldas de Reis.

Os asistentes, convocados polo grupo municipal do BNG,solicitan medidas ao Ministerio de Fomento, titular da estrada nacional, e ao Concello de Barro, propietario da rúa Areal que completa o cruzamento.

Este asunto xa foi levado ao seu momento ao Pleno Municipal tras entregar preto de 400 firmas de veciños, onde se informou que Fomento non permite habilitar unha rotonda no lugar por existir un cambio de rasante próximo.

Os veciños aseguran que seguirán exercendo medidas de presión para buscar a solución a unha demanda formulada hai xa 5 anos.

http://pontevedraviva.com/xeral/12832/vecinos-barro-demandan-mejoras-seguridad-vial-nacional-550-san-antonino/

non accidentes

 

non accidentes.jpg 2

 

 

CLASES DE XADREZ

CLASES DE XADREZ

BarroCervexaFest aprázase por motivos técnicos para a primeira quincena de xullo previsiblemente

BarroCervexaFest aprázase por motivos técnicos para a primeira quincena de xullo previsiblemente.

A Asociación Cultural “Amigos da Fervenza da Barosa” de Barro, entidade organizadora do evento #BarroCervexaFest comunica que por motivos técnicos está obrigada a aprazar a data prevista para a súa celebración o vindeiro día 28 de Xuño.

A Asociación Cultural “Amigos da Fervenza da Barosa” de Barro está xa a traballar nunha nova data, que previsiblemente será na primeira quincena de xullo, dependendo sempre da maior asistencia posible das fábricas de cervexa artesanal existentes en Galicia.

BARRO CERVEXA

HOXE POÑEN POLÍTICA PARA TAPAR OS PROBLEMAS DO FÚTBOL!

FUTBOL

En Barro tamén se chega aos 100 anos: Erundina Pérez, a última en celebrar o seu centenario

Emocionada e algo impresionada recibía Erundina Pérez a uns visitantes moi particulares. Este xoves converteuse na primeira usuaria do servizo de axuda no fogar de Barro en cumprir 100 anos. Un aniversario que ben merecía unha celebración ao grande. Esperta dende primeira hora da mañá, vestiuse as súas mellores galas e esperou pacientemente a que chegasen os seus convidados.

Xunto a ela, a súa inseparable sobriña, que a acompañou durante esta xornada tan especial. Sobre a unha e media da tarde, o timbre da porta anunciaba a chegada das persoas que acudiron expresamente para felicitala polo seu aniversario. Entre elas, traballadores da empresa Idades SL, responsable do servizo de axuda no fogar de Barro, e a concelleira de Servizos Sociais.

Erundina, sorprendida da presenza dos fotógrafos, pouco tardou en afacerse a pousar para as cámaras. Fíxoo primeiro co biscoito de aniversario que lle prepararon para a ocasión e despois co ramo de flores e a tarxeta de felicitación que lle trouxeron os seus convidados.

Os seus 100 anos convértena nunha das veciñas máis veteranas de Barro, unha condición á que, como ela mesma recoñece, non pretende renunciar a curto prazo. E vista a vitalidade coa que se celebrou o seu centenario, seguro que, se puidese, o celebraría ao grande coas súas outras 34 compañeiras deste servizo e coas súas coidadoras. “Son case como a miña segunda familia”, asegura.

http://pontevedraviva.com/xeral/12792/erundina-perez-primeira-usuaria-servizo-axuda-fogar-barro-cumprir-100-anos/

53a30a51db-20140619-diegotorrado-homenaje-senora-centenaria-2

 

Concentración para demandar seguranza viaria na N-550 ao seu paso por Barro

O BNG convocou unha concentración para o sábado 21 de xuño ás 21 h. no cruce da rúa Areal coa N-550 en Barro para demandar das administracións competentes (Ministerio de Fomento e Concello de Barro) que adopten as medidas necesarias para pór fin a este ponto negro da N-550, que leva acumulado xa innumerábeis accidentes de tráfico.

O problema non é novo. Desde hai 5 anos tanto os veciños como o BNG vimos demandando do Concello e o Ministerio de Fomento a adopción de medidas para rematar co perigo que supón esta estrada para a seguranza viaria, sen que se adoptase ningunha solución.

Recentemente foron entregadas no Concello máis de 400 sinaturas reclamando carrís de espera na N-550 e unha rotonda na entrada da rúa Areal. O goberno municipal do PP, non obstante, votou en contra dunha moción do BNG que pedía exactamente o mesmo.

Os veciños e veciñas temos que seguir esixindo solucións, antes de que nese cruza aconteza unha desgraza irreparábel. Para que o día de mañá non teñamos que lamentalo é hora de moverse e esixir solucións.

Por iso, para rematar co perigo que supón cruzar a N-550 nese punto, para que non teñamos que padecer máis accidentes de tráfico, convocamos esta concentración o sábado 21 de xuño ás 21 h. no cruce da rúa Areal coa N-550.

CONCENTRACION CONCELLO BARRO

2ª FEIRA DE SEGUNDAMANFEITOAMAN

segundaman