SUSPÉNDESE A III GALA SOLIDARIA DE CURRO

SUSPÉNDESE A III GALA SOLIDARIA DE CURRO

Queremos comunicar, que como consecuencia do falecemento dun veciño, membro da nosa Comunidade, suspéndese a Gala que se ía celebra-lo vindeiro domingo 10 de maio.

Transmiti-las nosas condolencias aos familiares.

E a tod@s vos, que fixestes posible que este evento se difundira, darvo-las grazas por axudarnos.

Marcial, DEP.

gala solidaria curro

O FEISMO NA PAISAXE GALEGA

http://ibader.org/archivos/docs/2015-Guia-Feismo-Galicia.pdf

feismo en barro

concello novo

Novo Concello de Barro

http://ibader.org/archivos/docs/2015-Guia-Feismo-Galicia.pdf

CURSO DE REPOSTERÍA

CURSO DE REPOSTERIA

EU VOU VOTAR POR ÉL

VOTAR NO CONCELLO DE BARRO

o PP presenta o seu equipo para as eleccións de Barro

PORTADA faro-de-vigo

O PP de Barro presentou a candidatura coa que José Antonio Landín aspira á alcaldía. Serán as cuartas eleccións municipais para o médico xubilado e actual rexedor do municipio. Acompáñano nos postos de cabeceira María Teresa Roig, Jesús Manuel Moreira, María Dores Martiñán, Emilio Ucha, Manuel Rivas Reboredo, José Cons e Modesto Axude.

PP DE BARRO

A “incorrecta xestión do combustible” provocou o accidente aéreo ocorrido en outubro en Barro

PORTADA faro-de-vigo

A investigación conclúe que se esgotou o depósito que alimentaba ao motor, o que causou o seu parada -Catro persoas resultaron feridas nunha aterraxe de emerxencia xunto á AP-9

O accidente aéreo acontecido polo pasado 26 de outubro en Barro, que provocou feridas graves os catro ocupantes dunha avioneta, debeuse á “incorrecta xestión de combustible durante e l voo, que conduciu ao esgotamento do carburante do depósito con que se alimentaba o motor e que produciu a súa parada,”. Así se conclúe no informe técnico final sobre este accidente elaborado pola Comisión de Investigación de Aviación Civil (CIAIAC). O documento puntualiza que “non” se encontrou ningunha outra evidencia que puidese explicar a parada do motor”. Descártase unha avaría mecánica e atribúese o sinistro “a unha estimación errónea do volume de carburante na inspección prevoo”. A aeronave e a documentación do piloto estaban en regra.

A Piper PAPA-28R-180-180 de uso privado, realizou unha aterraxe de emerxencia nas inmediacións da AP-9 en Barro tras unha parada repentina do motor. Na manobra, a pericia do piloto evitou unha traxedia. A bordo viaxaban catro persoas, que saíran media hora antes do aeroporto de Vigo para realizar unha ruta turística polas Rías Baixas. Todos eles quedaron feridos de gravidade. O piloto era Sergio Lloves Castro, de 50 anos e veciño de Redondela, pai do porteiro do Pontevedra Club de Fútbol. Os pasaxeiros eranAlberto Sánchez Alonso, de 43 anos, veciño de Porriño; Josefa Estévez Calvo, de 41 anos, tamén de Porriño; e Beatriz R. M., de 52 anos e veciña de Vigo.

O avión saíu sobre as 11.20 horas e ás 11.28 “produciuse a última comunicación”. Trinta minutos despois tivo lugar o accidente cando o piloto “percibiu que o motor perdía potencia e se paraba”. O piloto, segundo o informe, “cambiou a chave de combustible ao depósito do lado esquerdo e intentou arrancar sen éxito. Seguidamente volveu cambiar a chave ao depósito do lado dereito”. Ao non conseguir arrancar a avioneta, preparouse para aterrar. Os técnicos comprobaron que o sistema de combustible do depósito da esquerda dispoñía de pouco máis da metade da súa capacidade, uns 53 litros, mentres que no da dereita había un volume inferior á non utilizable.

http://galego.farodevigo.es/portada-pontevedra/2015/05/08/incorrecta-gestion-combustible-provoco-accidente/1235799.html

incorrecta-gestion

D.E.P. DOLORES MAQUIEIRA GARCÍA

dolores

Os concellos da bisbarra rexistran un descenso do desemprego salvo Barro e A Lama

diario pontevedra

Unha vez máis, o descenso do desemprego foi xeneral na bisbarra pontevedresa, onde só houbo dúas excepcións: Barro, que viu a súa lista do paro incrementada en catro persoas, e A Lama (+6).
No resto de concellos abril deixou tras de si novos empregos, destacando os casos da propia Pontevedra, Poio (que pechou o mes con 82 desocupados menos), Vilaboa (-26) e Cotobade (-24).
En total a bisbarra reúne 12.179 persoas sen traballo (324 menos que en marzo) e segue o ronsel do acontecido nos concellos de arredor, onde a tónica xeral foi a creación de emprego.
Chaman a atención os concellos que integran as bisbarras doSalnés e O Morrazo, nos que a baixada do paro foi común a todos eles. Tamén é salientable o caso da bisbarra de Caldas de Reis, onde só un concello (Moraña) rompeu a tendencia á baixa con seis desempregados máis que en marzo. PROVINCIA. A nivel provincia o paro descendeu en 2.680 persoas, situando o cómputo total nas 97.695 persoas, e a nivel das grandes cidades de Galicia, máis do mesmo. Todas elas experimentaron unha diminución da desocupación, axudadas polo tirón da Semana Santa e a creación de novos postos.
Por outro lado, a Asociación de Traballadores por Autónomos de Galicia (ATA) informou onte de que todas as provincias galegas gañaron persoas inscritas por conta propia na Seguridade Social, o que tamén explica o aumento das afiliacións. Entre elas está incluída Pontevedra, onde sitúa 176 autónomos máis (tras un crecemento do 0,3%).

rajoy en paro

O sabio de Portadeconde

diario

PORTADECONDE. Nacido o 17 de abril de 1788 nunha familia que cualificou como de «escasa fortuna», no lugar de PortadecondeDomingo Fontán cursou os seus primeiros estudos en dous lugares do lindante municipio de Barro, Baliñas e Búa. A súa vida deu un xiro aos doce anos, cando un tío seu, o sacerdote Sebastián Rodríguez, se fixo cargo da súa educación.

Baixo a tutela do ensotanado iniciou unha nova etapa a cabalo entre Noia, unha localidade na que florecía o comercio e era a referencia das actividades que se desenvolvían en Lousame, e Teoloxía, Matemáticas, Astronomía, Dereito, Filosofía e linguas Españolas e Francesa figura no expediente académico de DomingoFontán, que foi secretario da Deputación de Galicia e deputado en Cortes, e elaborou a primeira Carta Xeodésica siguendo un método científico.

O papel do xeógrafo de Portas

ENTRE VIAXE E VIAXE por Galicia, para elaborar o seu primeiro mapa, o xeógrafo e matemático de Portas Domingo Fontán Rodríguez tivo tempo para dedicarse á elaboración do papel na fábrica do Castro, situada no municipio coruñés de Lousame. Non foi o seu fundador, como figura en numerosos textos, e de aclaralo encargouse o seu tataraneto e presidente da fundación que estuda a súa obra e legado, Miguel Ángel Camargo, con motivo dunha homenaxe que lle foi tributada en Santiago, senón que se ocupou da súa dirección no período comprendido entre 1820 e 1823.
Da actividade realizada na factoría que se alimentaba dos ríosVilacoba e San Xusto é posible facerse unha idea observando o grandioso edificio ocupado pola factoría, de planta rectangular, con cuberta a dúas augas e case un centenar de ventás dispostas seguindo un criterio funcional, xa que servían para ventilar o interior do inmoble, composto por baixo e catro niveis.
A auga, recollida río arriba, chegaba a través dunha canle de pedra de gran capacidade e notable lonxitude. A papeleira, asentada sobre un castro, foi fundada no ano 1863 e depositaria do encargo de fabricar o papel de oficio utilizado polo Goberno, indica Carré Aldao no seu libro ‘Xeografía do reino de Galicia’.
Daquel tempo mantense a estrutura do edificio que figura como un ben catalogado, coa súa balconada sobre un pórtico sostido por ménsulas e piares de canterías que parecen desafiar o paso do tempo. As árbores crecen entre as catro paredes que se manteñen en pé, como testemuño silencioso dun tempo en que a industria florecía nas beiras dos ríos, primeiro papeleiras, curtidores e muíños, e despois serradoiros, antes de dar paso ao abandono.

portadeconde

CONCERTO “FERVENZA DE ARTISTAS”

CONCERTO BANDA DE BARRO

ENCONTRO DO BNG COS COLECTIVOS CULTURAIS E DEPORTIVOS

BNG DE BARRO 1

BNG DE BARRO 2

Catro orquestas participarán na Gala Solidaria Curro 2015

PORTADA faro-de-vigo

O municipio de Barro acolle a “III Gala Solidaria” que terá lugar o próximo domingo en Curro. Baixo o lema “Música por alimentos” a partir das cinco da tarde celebrarase unha gran verbena coa participación das orquestras Capitol, Passarela, D ´ Moda e América.

Os asistentes ao evento deberán facer entrega á entrada de, polo menos, un quilo de alimentos non perecedoiros que se recollerá no campo da festa.

Esta gala solidaria comezará ás catro e media da tarde coa Festa do Neno, na que haberá atraccións para todas as idades, con prezos populares e estenderase ata o anoitecer.

Co que se recade neste festival de orquestras preténdese axudar as persoas máis necesitadas do municipio, e en especial daquelas que residen na parroquia de Curro.

A organización, entre os que se encontran a Comunidade de Montes de Curro, Iluminacións Umia e Galicia Espectáculo, anuncian que haberá polbo e churrasco para os asistentes a prezos populares.

O festival terá lugar no campo da festa de Curro e en previsión de mal tempo instalarase unha carpa para acoller a actuación destas catro orquestras.

http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2015/05/06/cuatro-orquestas-participaran-gala-solidaria/1234340.html

cuatro-orquestas

 

Boletin de emprego PONTEemprego nº 213 de data 06/05/2015

emprego logohttp://www.proxectoiles.eu/pONTEemprego/boletin/oferta_trabajo_empleo_formacion_curso_pontevedra_%20213_PONTEemprego_data_06-05-2015.pdf

ponteemprego

OFERTA DE EMPREGO EN BARRO

camareiro en barro

MITIN EN BARRO DO PSOE-PSdeG

psoe de barro