Eleccións 24M: O PP perde a maioría absoluta en Barro e abre a porta da Alcaldía ao BNG

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

Tras manterse na alcaldía dende 1983 -cunha paréntese de sete anos nos que foi alcaldesa a súa muller ao estar el inhabilitado- José Antonio Landín Eirín deixará de ser alcalde de Barro. O Partido Popular perdeu a maioría absoluta ao obter un respaldo do 45,24% (993 votos). Con este resultado, os populares quedan con cinco concelleiros dos once que hai na corporación.

En total, o PP cae máis de dez puntos con respecto ás últimas eleccións municipais e perde un concelleiro, o sexto, xusto o que os priva de revalidar a maioría absoluta.Concretamente, quedou a 33 votos de manter a Alcaldía.

Todo apunta a que o novo alcalde do municipio será o nacionalista Xosé Manuel Abraldes. El deu ao BNG a súa primeira alegría da noite na comarca ao coñecerse os resultados definitivos. Obtivo 684 votos, un 31,16% do total, o que lle garante catro concelleiros na próxima corporación municipal.

Este resultado supón sete puntos máis que en 2011 (102 votos máis), o que lle permite subir de 3 a 4 concelleiros.

Para ostentar o bastón de mando, o candidato do BNG terá que pactar co PSdeG-PSOE de José Sanmartín, que tamén mellorou os seus resultados con respecto ás últimas eleccións. Alcanzou os 491 votos, un 22,37% de apoios por parte dos veciños de Barro. Son 79 votos e case cinco puntos máis que hai catro anos.

Serán dous os concelleiros socialistas que se senten na nova corporación.

A participación nestas eleccións foi do 70,89%, case cinco puntos menos que hai catro anos.

http://pontevedraviva.com/xeral/20314/eleccions-24m-pp-perde-maioria-absoluta-barro-abre-porta-alcaldia-bng/

bng de barro

O PP PERDE A MAIORIA EN BARRO

NORABOA BNG E PSOE POR ESTES BOS RESULTADOS

resultados barro

gaivota pp

O programa de termalismo ofrece 1.800 prazas a 39 municipios

faro de vigo

A Deputación de Pontevedra adhire 39 municipios da provincia ao pograma de termalismo social Coidarte 2015, adxudicando case 1.800 prazas dun programa que está dirixido a pensionisttas, persoas que soliciten un respiro familiar e outros beneficiarios maiores de 50 anos.Na comarca, os concellos que se incorporan a este plan son Barro, Caldas, Cotobade, Cuntis, Marín, Moraña, Poio, Ponte Caldelas e Portas. Os balnearios ofertados sitúanse en Mondariz-Balneario, Oio, Cuntis, Moaña, A Toxa e Silleda.

http://galego.farodevigo.es/portada-pontevedra/2015/05/24/programa-termalismo-ofrece-1800-plazas/1246416.html

BALNEARIOS DEPUTACION

O DOMINGO NON TE DEIXES CARRETAR

ouvella

XORNADA DE REFLEXIÓN

reflexiona

Pompas Fúnebres e Alianza e Barros sondan terreos en Poio e Barro para un crematorio

diario_pontevedra.750

Pompas Fúnebres e Alianza e Barros sondan terreos fóra dePontevedra para construír un crematorio. Así o asegurou onte o xerente desta última funeraria, Fernando Gutiérrez, que afirmou que se están a barallar varias opcións fóra do concello. «Temos dous ou tres alternativas que estamos a mirar con discreción. Poioé unha, Barro é outra e ponte Caldelas outra. Non descartamos ningunha», apuntou.
O empresario sostén que abrir un negocio destas características enPontevedra «non» é posible » debido á actual normativa municipal, que só permite a construción de crematorios en chan rústico, en polígonos industriais ou cemiterios e a unha distancia mínima de 50 metros das casas.
Na actualidade, o único dos cinco proxectos que cumpre con estes requisitos é o forno incinerador previsto por Funespaña en San Amaro.
As citadas restricións legais levaron a Alianza e Barros e Pompas Fúnebres a recorrer o regulamento aprobado polo Concello ante os xulgados, que deberán pronunciarse sobre esta cuestión.
O fallo xudicial determinará en boa medida os investimentos de ambas as dúas funerarias en Pontevedra, xa que no seu día proxectaron un crematorio na parcela de Arcebispo Malvar na que prevén instalar un tanatorio. «Non» entendemos «o rexeitamento aos crematorios urbanos. Hai os por toda Europa. Dende logo, as razóns para non o querer non son científicas, manifestou Gutiérrez.

crematorio en barro

O músico de Barro, Esteban Batallán, toca no Palau da Música de Barcelona.

No Palau de la Música en Barcelona.
esteban batallan

III CERTAME DE PINTURA RÁPIDA “BARRO 2015”

BASES III CERTAME DE PINTURA RÁPIDA galego

Cartel III Certame de Pintura Rápida 2015

O Veciño de Enfrente . Edición Conmemorativa

Para conmemorar esta primeira temporada de colaboración con Novas de Barro, sae á rúa a primeira publicación en papel do Veciño Denfrente, autoeditable e libre de dereitos.

1

Unha edición especial de case 70 páxinas na que se inclúen os “memes” inéditos relacionados con cada post.

2

Dádelle brasa á impresora e facédelle un regalo a toda esa xente que non pode ver Novas de Barro no móvil.

E non esquenzades deixar algunha copia polos bares da vosa parroquia…

pdf

Fai clic para acceder a ovecic3b1o-1.pdf

OVECIÑO-1

 

 

“OS DA RÍA” gañan o Premio MIMI

O CEIP Amor Ruibal de Barro entregará o próximo mércores, 3 de xuño, o Premio MIMI que recaeu nesta séptima edición no grupo “OS DA RÍA”, ideado por Carlos Meixide e Tomás Lijó, e musicado por Suso Alonso, Xabier Olite, Ramón Reynolds e Roi fernández. O galardón é un recoñecemento a aquelas persoas que utilizan e fomentan o idioma e a cultura galega.

A candidatura de “OS DA RÍA” foi proposta pola Real Academia Galega e impúxose ás outras catro recadadas polo alumnado de 5º curso de Primaria despois de remitir as bases do concurso a institucións, organismos e asociacións.

As restantes candidaturas foron as de Miguel de Lira, proposta pola Asociación Cultural Barosa; a Asociación Galega de Escritores, polo Obradoiro Río Umia; Carlos Negro, polo IES de Barro e a Asociación Cultural Barosa, polo blogue Novas de Barro

O premio consiste nunha talla en madeira de MIMI, a mascota do colexio, realizada polo artista local de proxección internacional Francisco Rodríguez Remiseiro, baseada no debuxo da exalumna Aroa Outón.

O acto será ás 12 horas na biblioteca de Barro.

mimi

SUSPENDIDOS OS ACTOS DE PECHE DE CAMPAÑA DO PSOE BARRO

socialistas de barroNo día de hoxe faleceu Dona Manuela Míguez Godoy, sogra do noso Candidato José Sanmartín. Os socialistas queremos trasladar o noso máis sentido pésame á família e en especial á nosa benquerida Puri.

lazo-negro

CONSELLOS DE GASEOSAS FEIJOO

landin

Reiniciar Barro – BNG de Barro 2015

FESTA FIN DE CAMPAÑA

received_10204067659277318

MOSTRA DE PINTURA EN BARRO

FB_IMG_1432074390738