CORES TOURÍS VISITOU O CONCELLO DE BARRO PARA MANTER UN PRIMEIRO ENCONTRO INSTITUCIONAL CO NOVO ALCALDE DA LOCALIDADE

  • O delegado territorial da Xunta en Pontevedra analizou con Xosé Manuel Fernández Abraldes temas de infraestruturas, concentracións parcelarias e melloras na Barosa
  • O responsable da Delegación destacou a colaboración da administración autonómica con este concello, facendo referencia a proxectos como a posta en marcha dunha escola infantil, a execución do nó de Curro ou a colaboración na prevención de incendios forestais

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá o concello de Barro dentro da rolda de visitas institucionais que acaba de iniciar cos concellos que contan, dende o pasado 24 de maio, con novos alcaldes e alcaldesas dentro do ámbito de actuación da Delegación Territorial de Pontevedra.

O obxectivo destas visitas, como explicou ao novo rexedor de Barro, é “falar cos alcaldes e alcaldesas co obxectivo de coñecer cales son as súas demandas e proxectos para os próximos meses”. Na reunión estivo tamén presente o tenente alcalde da localidade, José Sanmartín.

Entre os temas que se analizaron esta mañá atopáronse cuestións como a mellora de infraestruturas como a PO-531 para garantir a seguridade viaria e a posta en marcha dun novo proxecto para ampliar a zona da Barosa. Tamén solicitaron información ao delegado territorial sobre a situación das concentracións das parcelarias do municipio e sobre a posibilidade da asunción de gastos do centro de saúde por parte da Xunta de Galicia.

O delegado territorial destacou a importancia de continuar a executar obras de mellora dos servizos e infraestruturas do municipio, insistindo en que “nestes tempos de crise é necesaria a colaboración entre as distintas institucións. Esta é a razón pola que debería continuarse coa actual relación entre concellos, Xunta e Deputación de Pontevedra”.

“Quero destacar a labor desenvolvida polo presidente desta institución provincial durante os últimos anos, Rafael Louzán, que permitiu que entre as tres administracións puxéramos en marcha importantes obras para os concellos de Pontevedra. Agardamos que a nova corporación provincial teña en conta a importancia deste tipo de protocolos e convenios para continuar traballando no mesmo senso”, engadiu Cores Tourís.

En relación ao concello de Barro, o delegado territorial tamén tivo palabras de recordo e agradecemento ao anterior alcalde do municipio, José Antonio Landín Eirín, xa que, foi o encargado de traballar para que a administración autonómica puxera en marcha numerosos proxectos neste concello, como a nova escola infantil; a remodelación da intersección na PO-531; a posta en marcha do servizo do nó de Curro e da primeira fase do abastecemento ao polígono de Barro-Meis.

A mellora do entorno do río Barosa, no que se investiron 750.000 euros, a asunción por parte da Xunta das competencias urbanísticas de Barro e a colaboración coa comunidade de montes de Curro para a prevención de incendios forestais son outros dos puntos de importante colaboración da administración autonómica con este municipio.

NOVAS DE BARRO XUNTA TOURIS CONCELLO

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

É preciso a inscripción anticipada para saber o nº de participantes e traer os alimentos necesarios. Pasade pola OMIX a cubrir a vosa instancia.

bocata en barro

CADELA PERDIDA NO SAN ANTONIÑO

Perdeuse esta madrugada o 08/07/2015 un cocker castaño, está todo pelado agás as orellas e ten unha pequena melena na cabeza… leva colar, é femia e responde ao nome de mili…perdeuse nos arredores do TALLERES SEOANE E HIJOS….se agradece calquera información… para iso chamar ao tlfno 638370580 e preguntar por Lupe Rivas…grazas
Sin título

REUNIÓN CON TÓDALOS EQUIPOS DE FÚTBOL DO CONCELLO

REUNION FUTBOL BARRO

“Síntome como unha usurpadora das historias que me contaron”

facebook_1435959019375

BNG e PSdeG-PSOE pactan a organización do Concello de Barro entre reproches do PP

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

BNG e PSdeG-PSOE aprobaron este venres a constitución do novo goberno bipartito que rexerá os destinos do municipio durante os próximos catro anos. Os seus seis concelleiros avalaron a organización que nacionalistas e socialistas negociaron durante os últimos días e que outorgará ao alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes, a única dedicación exclusiva que terá o executivo municipal.

Fernández Abraldes percibirá 30.000 euros brutos ao ano, uns 1.600 euros ao mes, mentres que cada concelleiro cobrará 100 euros por asistencia aos plenos, 50 euros pola comisión de goberno e 30 euros por cada comisión informativa.

O Partido Popular, encabezado polo exalcalde José Antonio Landín Eirín, votou en contra desta proposta. Entenden os populares que o novo goberno será moito máis caro que o anterior que, recordou, aboaba 15.000 euros ao alcalde e outro tanto ao resto de concelleiros.

Neste novo goberno municipal, Abraldes será responsable de Urbanismo, Persoal e Facenda. Roberto Rivas farase cargo de Cultura, Festas, Patrimonio e Medio Rural; Amelia Cancela, xestionará Benestar Social, Educación e Sanidade, e Antonio Giráldez farase cargo de Deportes.

En canto ao PSdeG-PSOE, José Sanmartín será o primeiro tenente de alcalde e asume as áreas de Obras e Servizos, mentres que Lía Rodríguez encargarase de Promoción Económica, Emprego e Turismo.

http://pontevedraviva.com/xeral/21220/bng-psdeg-psoe-pactan-organizacion-concello-barro-entre-reproches-pp/

abraldes

Sobrevive a unha espectacular saída de vía co seu coche

DSC_0109

XORNADAS DE ACHEGAMENTO AO DEPORTE DO FUTBOL E FUTBOL SALA

facebook_1435942564104

ENTREGA DE ALIMENTOS AS FAMILIAS EN SITUACIÓN DE VULNERABILIDADE E CON MENORES

DSC_0106

D.E.P. Dª.MARIA SELVA SARMIENTO IGLESIAS

sarmiento

D.E.P. Dª.MARIA ESTHER BARREIRO FERNANDEZ

barreiro

Abren provisionalmente o terceiro carril da peaxe de Curro

la voz

A partir de hoxe, e coincidindo co inicio da primeira xornada da operación saída do verán, Audasa manterá aberto provisionalmente o terceiro carril de acceso á área de peaxe da AP-9 en Curro (Barro). A medida enmárcase dentro do Plan de acción de medidas esixidas pola Inspección do Ministerio de Fomento á concesionaria da autoestrada para, deste xeito, pór en servizo para os vehículos procedentes de Santiago o tronco de acceso á peaxe, unha obra que debería estar rematada a finais do presente mes de xullo.

A intención é garantir a fluidez circulatoria por este tramo de estrada, sobre todo naqueles momentos do verán nos que se espera un maior fluxo de vehículos cara a Pontevedra e as súas praias.

En todo caso, desde Fomento destacaron que son tres as actuacións que se están levando na contorna deste punto da AP-9. Por unha banda, deuse continuidade a este terceiro carril ata conectalo co de deceleración da ligazón existente, «mellorando así a capacidade e seguridade do tráfico no acceso á praia de peaxe», mentres que, por outro, está previsto que o 23 de xullo complétese definitivamente a remodelación do paso superior do punto quilométrico 118,990 «coa transferencia de cargas ao novo alicerce máis retranqueado».

Para rematar, iniciáronse xa os traballos de ampliación da capacidade deste área de peaxe. Orzados en algo menos dun millón de euros, a intención de Fomento é que estean concluídos «despois do verán evitándose, en todo momento, as molestias aos usuarios da autoestrada».

http://galego.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/2015/07/03/abren-provisionalmente-tercer-carril-peaje-curro/0003_201507P3C7991.htm

peaxe

CONCERTO DE PABLO BALSEIRO EN BAROSA

diario_pontevedra

DSC_0103

PLENO DE CONSTITUCIÓN DE GOBERNO

diario_pontevedra

pleno en barro

Can perdido ou abandoado no San Antoniño

Can perdido ou abandonado no San Antoniño, na rúa Bouza do Rei ao lado de Comercial Vifer.

can abandonado