Fomento garante que a A-57 chegará ata Curro e conectará coa Autovía do Salnés

diario_pontevedra

O Ministerio de Fomento garantiu ao Concello de Pontevedra que a autovía A-57, cuxo primeiro tramo está en execución nas inmediacións da cidade, terá continuidade ata a localidade de Curro, no municipio de Barro, onde poderá enlazar coa autovía do Salnés.

En rolda de prensa, o concelleiro de Infraestruturas de Pontevedra, César Mosquera, explicou que os técnicos da demarcación provincial de Estradas do Estado trasladaron que xa se solicitou a declaración de impacto ambiental do último tramo da autovía, entre Pilarteiros e Curro.

Máis avanzada atópase a tramitación do tramo entre A Ermida e Pilateiros, que sairá a exposición pública “nuns meses”, segundo Mosquera, o paso previo a iniciar as expropiacións e licitar a obra, trámite previsto para 2018.

Con estes dous tramos, Pontevedra contará cunha “verdadeira circunvalación” de 21 quilómetros que partirá do municipio veciño de Vilaboa e concluirá en Barro, conectando coa principal vía de comunicación da comarca do Salnés.

As obras actualmente en execución, entre Vilaboa e A Ermida, van “segundo o previsto”, explicou o edil do BNG, que situou en “finais de 2018 ou principios de 2019” a súa entrada en funcionamento. Neste tramo, que ten 6,5 quilómetros, o Ministerio de Fomento inviste 74 millóns de euros.

http://diariodepontevedra.galiciae.com/gl/noticia/659629/fomento-garantiza-que-la-57-llegara-hasta-curro-y-conectara-con-la-autovia-do-salnes

a57

Plan de Emprego

ayuntamiento-de-barrobando-concello-de-barro

D.E.P. SR.Don. LINO RODRÍGUEZ FONTÁN

lino

Entrevista co alcalde de Barro

ONDA CERO PONTEVEDRA

Pontevedra en la Onda (07-02-2017)

As consecuencias do temporal seguen centrando a actualidade e a nosa atención na primeira parte do programa. No tempo de almorzo informativo desde A DEVESA hoxe conversamos co alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes.

Temporal en Galicia | Danos en tellados de casas en Barro e cortes de luz en toda a comarca

PORTADA faro-de-vigo

Os danos en tellados de vivendas repetíronse por toda a comarca de Pontevedra, así como na do Umia. Ademais, os cortes do fornezo eléctrico afectaron a numerosas poboacións debido á caída de árbores sobre os tendidos eléctricos ou aos danos nas torretas eléctricas. Por exemplo, en Barro sufriron importantes cortes do fornezo, así como no Concello de Cuntis.

Alí, os servizos municipais estaban entre os afectados e atopábanse sen comunicación debido á caída das liñas de teléfono. Non había electricidade tampouco en parroquias como Estacas, Herves ou Troáns, entre outras. Os servizos de Protección Civil desta localidade atenderon máis de 50 incidencias por caída de árbores e liñas eléctricas ou de teléfono. A parroquia de Portela foi unha das máis afectadas, na que varias casas sufriron danos considerables nos seus tellados.

http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2017/02/04/danos-tejados-casas-cuntis-cortes/1617363.html

TELLADO NA ESTACIÓN DE PORTELA

dsc_1951

Só 130 concellos coas contas claras, Barro un deles

_20170206_185347

http://galego.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2017/02/05/solo-130-concellos-cuentas-claras/0003_201702G5P7994.htm

Axúdanos con Brown.

Axúdanos con Brown.

A historia do canciño bautizado como Brown.
Un de tantos abandonados e cun golpe importante na columna.
Levaba varios meses vivindo no lugar do Pazo na parroquia de Barro do concello do mesmo nome, onde os veciños lle daban de comer.
Pero o pasado venres unha veciña despois de velo mal, chamou ao 112 e no tivo nin resposta , nin solución. (Nota: 0 112 estaba desbordado e tampouco é competencia del, pero sí informan)
Despois púxose en contacto co Concello nun dia de moitisimas emerxencias e pola mañá non o dimos localizado, pero pola noite recollémolo e levámolo á clínica Taravela de Ana en Curro, que o atendeu sen dubidalo sobre as once da noite

Diagnóstico:
Ten desplazamento vertebral entre L2 y L3 e se encontra na clinica veterinaria Taravela de Curro.
Agora é moi importante que non se mova: reposo absoluto e moita analxesia porque ten moito dolor.
O luns a primeira hora opérase no Rof Codina en Lugo se a valoración neurolóxica sigue sendo boa.

Como moita xente preocupouse por este amigo, vamos a axudalo….

Precisamos o seguinte…
1- colaboración económica para operación de columna que lle van facer en Lugo. (Custa ao redor de 900€)
2- Unha familia para adoptalo

Nota… poñerse en contacto con calquera dos dministradores do evento para facilitarvos un número de conta.

TITULAR:

ANA CADAVIZ. VETERINARIA DE CURRO.

ABANCA

ES69 2080 0500 5930 0012 9916

CONCEPTO:

DONATIVO CIRUGÍA BROWN

Moitas grazas de todo corazón… Por Brown..

brown

D.E.P.SR. D. ANTONIO FARIÑA CANCELA

_20170205_114312

A Asociación Cultural BAROSA solicita aos veciños de Barro fotos antigas para a Conservación da Memoria Histórica do Pobo.

asociacion-barosa

A Asociación Barosa puxo en marcha unha iniciativa para atopar fotografías antigas dos veciños de Barro, principalmente aquelas instantáneas anteriores aos anos 90.

Esta nova iniciativa ten como obxectivo principal invitar a todos os veciños a participar na recuperación e posta en valor da historia das parroquias.

A través de documentos, fotografías, narracións de experiencias vividas ou historias de épocas pasadas, transmitidas oralmente de xeración en xeración, a asociación anima aos veciños a compartir esas fotografías que se gardan nos caixóns por ter un gran valor sentimental, sen ser conscientes moitas veces que, en realidade, son un ben colectivo.

Os costumes, os oficios, a indumentaria, a evolución dos vehículos ou a transformación urbanística, son o maior reflexo do cambio da sociedade. Momentos que, de non seren captados polo obxectivo dunha cámara, perderíanse no esquecemento.

Este proxecto é o camiño idóneo para que sexan os propios veciños de Barro, a través dos seus recordos, os auténticos protagonistas da recuperación histórica das parroquias do municipio.

As familias conservarán os dereitos sobre as súas fotografías e a asociación, como depositaria do arquivo, velará pola súa conservación e difusión como parte do patrimonio cultural, comprometéndose a non facer un uso lucrativo do fondo e a dedicalo unicamente a fins educativos, de investigación, de estudo e de difusión da memoria colectiva local.

Quen estea interesado en participar, deberá poñerse en contacto no seguinte número de teléfono 676 444 708, onde lles informarán dos trámites a seguir e onde acudir coas imaxes antigas para dixitalizar, devolvéndoas no acto aos seus donos.

Así mesmo, aqueles veciños que viven fóra do concello ou que xa teñan as fotografías en formato dixital, poden enviar as súas imaxes a través do correo electrónico: fotosdebarro@gmail.com

A Asociación Cultural BAROSA solicita aos veciños de Barro fotos antigas para a Conservación da Memoria Histórica do Pobo.

imagen-9

Oito novas empresas instalaranse no viveiro de Barro-Meis

A comisión de selección da Deputación de Pontevedra aprobou este venres a instalación de oito novas empresas no viveiro de empresas de Barro-Meis, propiedade da institución provincial, que pasarán a ocupar un total de seis naves e cinco oficinas deste espazo.

Deste xeito o viveiro, acollerá un comercio ao por menor de produtos alimenticios en establecemento, unha empresa de venda de tratamento de augas, un negocio dedicado á captura, explotación, proceso e comercialización de produtos invertebrados do mar, ou unha empresa de deseño e fabricación de compoñentes de aluminio.

Ademais, tamén se incorporan un comercio exterior de importación e exportación de peixes e mariscos, un negocio de servizos técnicos de enxeñaría, asistencia métrica e posta en valor en sectores como o patrimonio naval, cultural, obra civil e industrial, un comercio de restauración estética e recuperación de vehículos, e por último, unha empresa de xestión e tramitación de subvencións e licitacións públicas a pequenas e medianas empresas.

O viveiro de empresas de Barro-Meis conta con 16 naves, 24 oficinas e 3 espazos de coworking con capacidade para 12 postos de traballo. Con estas novas solicitudes, que se suman ás aprobadas con anterioridade, as taxas de ocupación do viveiro son do 62,5% no caso das naves e do 58,3% en canto ás oficinas.

O pasado mes de outubro a Deputación de Pontevedra decidiu baixar o prezo destes espazos ata máis da metade co obxectivo de facer que as naves e oficinas dos viveiros sexan máis atractivas para a instalación de novas empresas.

http://pontevedraviva.com/xeral/34067/ocho-nuevas-empresas-vivero-barro-meis/

5894721e0c-viveirobarromeis

Cae parte do tellado dun edificio da Rúa das Baladas

O temporal das últimas horas provocou a caída de parte do tellado dun edificio situado na Rúa das Baladas, ocasionando diversos danos materiais.

Fotos:Manuel Cancela

CHARLA INFORMATIVA “CLÁUSULA SUELO”

fb_img_1486136671752

El músico de Barro, Esteban Batallán, repite como artista invitado de la Symphony Orchestra of India en Bombay (India) en la Spring 2017 Season.

El músico de Barro y trompeta Esteban Batallán, participa desde hoy con la Symphony Orchestra of India, SOI Mumbai, en el NCPA Jamshed Bhabha Theatre de Mumbai (Bombay) bajo la batuta de Marat Bisengaliev, o la del director invitado, Carlo Rizzi.

El músico, que ya había participado en la apertura de la temporada Primavera 2016 junto a la pianista Sofya Gulyak, que ha sido la ganadora del concurso de piano Leeds International 2009 repite en la Spring 2017 Season de la Symphony Orchestra of India, SOI Mumbai.

Esteban Batallán permanecerá en la India junto a la SOI Mumbai hasta mediados del mes de febrero, actuando en el NCPA Jamshed Bhabha Theatre, con obras como la Opera Gala: Otello, Andrea Chénier & Carmen Suites, Celebrity Recital: Simon O’Neill & Kai Rüütel o La Bohème Revisited.

esteban_batallan_trumpet_india_20170131

Día da ilustración aniversario do nacemento Castelao

_20170201_153915

ANUNCIO DE LICITACIÓN DO MUIÑO DE VALERIO

muino-de-valeriomuino-valerio