O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia convocou as prazas de xuíz de paz titular e substituto de Barro despois de que o Concello non elixise ningún. Os interesados dispoñen de quince días para ofrecerse ao TSXG.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia convocou as prazas de xuíz de paz titular e substituto de Barro despois de que o Concello non elixise ningún. Os interesados dispoñen de quince días para ofrecerse ao TSXG.









O Grupo Froiz adquiriu novas parcelas no polígono de Barro-Meis. A venda de 10.000 metros cadrados de terreo xa fora aprobada pola Deputación no mes de abril, por un importe 1.150.000 euros. Nos últimos días asinouse a venda desta parcela xunto coas doutras sete para seis empresas que tamén adquiriron espazos no polígono cunha extensión de 16.613 metros cadrados e un importe que rolda os 1,8 millóns de euros.
Estas empresas son a firma de enerxías renovables EDF Solar S.L., o cocedero Mariscos Alumar, a empresa de transportes José Benito González Villaverde, o importador de froitas TC Grupo Atlántico SL, Frutas Moncho e a firma de transportes Bavalent SL (que comprou dúas parcelas).
A día de hoxe están vendidas un total de 34 parcelas que suman ao redor de 140.000 mmetros cudrados e están outras dúas pendentes de firma en próximas datas. Quedan outras 40 parcelas á venda e que poden ser adquiridas ata abril do 2018.
FROIZ
Coa última adquisición de terreo o Grupo Froiz adquiriu un total de 16 parcelas en Barro Meis para a instalación do seu Centro Loxístico nesta localización estratéxica. Con esta compra Froiz é propietaria dunha superficie de 82.000 metros cadrados.
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, expresou o seu agradecemento ao empresario “modelo” Magín Alfredo Froiz “pola súa aposta pola economía en Galicia” e polo seu “compromiso” coa provincia de Pontevedra.
Pola súa banda Magín Alfredo Froiz, recentemente recoñecido polo Goberno coa Medalla de Ouro ao Mérito no Traballo, agradeceu o compromiso das administracións co seu proxecto “parte del mérito es de la presidenta de la Diputación y del alcalde de Barro”.
Ademais explicou que a última parcela adquirida destinarase á plataforma de conxelados cuxa contrucción está previsto iniciar o próximo ano. “Espero que sea la primera de las fuertes” dixo respecto ao gran proxecto de Centro Loxístico do que a súa nave máis grande “nos queda un poquito más”.
O alcalde de Barro, Xosé Manuel Abraldes, mostrou a súa satisfacción polo “tipo de empresas que chegan ao polígono que non crean problemas e serven para atraer a outras”.


A Garda Civil incautouse dunha partida de roupa e bolsos, supostamente falsificados, que se atopaban dispostos para a venda ao público no mercadillo ambulante de Barro.
Segundo informaron fontes oficiais do Instituto Armado, durante a mañá do domingo, os efectivos da Patrulla Fiscal da Garda Civil de Vilagarcía de Arousa localizaron no mercadillo ambulante de Barro, dous postos de venda onde estaban expostos ao público varios lotes de roupa, bolsos e carteiras sen ningún tipo de etiquetaxe.
Ao comprobar que os responsables destes postos ambulantes, carecían das correspondentes facturas de compra das pezas, así como da preceptiva autorización das marcas rexistradas afectadas, a Garda Civil procedeu á investigación de ambos os como supostos autores de senllos delitos contra a propiedade industrial e á incautación preventiva de todas as pezas.
Nun dos postos se aprehendieron 92 camisetas co logotipo de coñecidas marcas comerciais do sector e no outro 42 bolsos e 26 carteiras, cuxo valor total no mercado pode superar os 11.000 euros.
A roupa aprehendía, foi posto a disposición do Xulgado de Instrución de garda de Caldas de Reis, onde deberán comparecen os investigados cando sen citados.
http://pontevedraviva.com/xeral/37950/incautan-ropa-bolsos-falsificados-mercadillo-ambulante-barro/

O BNG de Barro celebrará o vindeiro 22 de xullo, unha cea co motivo dos dous anos de goberno municipal. Contará coa participación do Alcalde Xosé Manuel Fernández Abraldes e da Portavoz Nacional, Ana Pontón.


Ayuntamiento de Barro.
O tramo máis conflictivo concéntrase nos últimos mil metros da futura autovía, , xa que discorre polo medio do núcleo habitado. Por iso, o Concello de Barro abogó por evitar este núcleo de poboación e dispoñer a A-57 en paralelo á actual autopista para conectar co enlace da AP-9 xunto á estación de peaje. Non se descarta que finalmente apóstese por esta opción.
Neste sector final de 950 metros xa se introduciron no seu día cambios “co obxectivo de mellorar a integración do tronco da alternativa entre as zonas de núcleo rural da parroquia de Curro, deprimindo lixeramente a rasante para cubrir as calzadas nos puntos nos que é necesario manter a permeabilidad transversal mediante dous falsos túneles de 160 e 90 metros de lonxitude, respectivamente. Pero esta opción non foi ben acolleita polos veciños.
Tamén se suscitaba unha nova rotonda na PO-531, ás portas de Curro. Desde alí sairía un ramal para conectar coa propia A-57. Agora os veciños e o Concello agardan á exposición pública para coñecer o trazado final, xa que non recibiron resposta oficial en todos estes meses.



Deputados provinciais do Partido Popular visitaron os concellos de Barro, Campo Lameiro, Ponte Caldelas e A Lama, onde reclamaron melloras para as súas estradas provinciais.
Xunto cos alcaldes e voceiros populares destes concellos, sinalaron que varias vías da comarca precisan de actuacións urxentes, nalgúns casos de limpeza, mantemento e sinalización, e noutros, para repoñer muros derrubados, ensanchar o trazado da estrada ou mellorar o pavimento.
Por iso, a voceira Nidia Arévalo apuntou que o grupo provincial defenderá no próximo pleno da Deputación unha moción para pedir ao goberno provincial compromisos claros con estas actuacións.
Sobre o proxecto de estradas provinciais que acaba de presentar o goberno provincial, Ángel Moldes di que “é unha clara resposta ás múltiples denuncias que o PP leva facendo nos últimos dous anos”.
