OFERTA DE EMPREGO EN BARRO

OFERTA DE EMPREGO EN BARRO

D.E.P. D. ANTONIO GUZMÁN ARES “AREA”

XORNADA PORTAS ABERTAS PICKLEBALL

RECOLLIDA DE ALIMENTOS

RECOLLIDA DE PRODUCTOS BÁSICOS E DE PRIMEIRA NECESIDADE NA PANADERÍA ACUÑA NO POLÍGONO DE CURRO-BARRO

AXUDA PARA AS PERSOAS AFECTADAS POLA DANA

O Concello de Barro, en coordinación coa Federación de Municipios e Provincias de Valencia e a Subdelegacion do Goberno, organiza unha recollida de productos para os afectados pola DANA.

Seguindo as súas indicacións, os producctos que máis se precisa é auga, leite, fiambres, pan de molde, latas de atún, materiais de limpeza persoal e doméstica, cueiros e compresas.

A recollida farase a partir do próximo luns 4, en horario de 9 a 14h, no concello.

Dña. ANTONIA CAMPOS FERREIRO

OFERTA DE EMPREGO EN BARRO

SAMAÍN EN BARRO

BARRO D-MEDO 2024
🎃👻 A tarde e a noite máis terrorífica do ano! 👻🎃

Este XOVES 31 de outubro, vinde pasar unha tarde de medo no Pazo da Crega e celebrade connosco o Samaín máis divertido de todos! 💀

🕒 18:00 – 20:30 | Concurso de Calacús 🎃
Trae o teu calacú decorado e preséntate para ser o mellor no Concurso de Calacús, pero non te preocupes, só por participar recollerás as túas chuches D_Medo! (inscripción previa na OMIX de Barro 690722812, ata o día 30 ás 14:00)

🕒 18:00 – 20:30 | Obradoiro de Chapas e Chuches Terroríficas 🍬
Para os máis pequenos (e non tan pequenos), un espazo para crear chapas únicas e degustar chuches de medo.

🕒 19:30 – 21:00 | Magosto 🌰🔥
Non hai festa sen un bo magosto! Castañas quentiñas para todas e todos!

🎬 Pechamos o día coa Proxección das Curtas d-Medo 2024 e a Entrega de Premios A PARTIR DAS 21:00!

Despois das curtas, será o público quen elixa o seu favorito e axude a decidir o Premio do Público!

🎟️ Non faltedes! Será unha noite para lembrar!

🎃🎼🪕🥁A música será unha parte moi importante, DIXIEBRASS acompañarános para pasalo D-Medo!!!

XORNADAS “Sabor de Horta”

Licitación da cafetería do IES de Barro

OBRADOIRO DE PREVENCIÓN DAS CONDUCTAS ADITIVAS DO ÁMBITO ESCOLAR

🏛️Un ano máis, inícianse en Barro os Obradoiros de prevención das condutas aditivas do ámbito escolar. Estes Obradoiros realizaranse dentro do Proxecto de prevención das condutas aditivas no que participa o Concello de Barro desde o ano 2013 con outros concellos da contorna, Cuntis, Campo Lameiro, Moraña e Portas, a través dun Convenio de colaboración entre os mesmos e contando co cofinanciamento da Consellería de Sanidade (Dirección Xeral de Saúde Pública, Servizo de prevención das condutas aditivas).

🏫 Ao longo deste curso escolar 2024-2025 realizaranse no Colexio de Barro e no I.E.S de Barro actividades e obradoiros de prevención das condutas aditivas destinados ao alumnado de 6º Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria. Con eles, e seguindo a evidencia científica, traballaranse importantes factores de protección que reducen os riscos psicosociais na xuventude (hábitos saudables, habilidades sociais, habilidades de rexeitamento, autoestima, intelixencia emocional, etc.), ademais do traballo dos mitos e riscos asociados ao uso das novas tecnoloxías e ao consumo de tabaco, alcol e outras drogas.

🗣️ Estas actividades reforzaranse ao longo do 2025 con obradoiros destinados ás familias e con campañas de información e sensibilización sobre condutas adictivas destinadas a poboación xeral. Fortalecendo deste xeito a aposta que desde o Concello de Barro se realiza pola Promoción de hábitos saudables e a prevención das condutas adictivas entre a súa veciñanza, e en especial entre a xuventude.

PREZOS PÚBLICOS PARA ACTIVIDADE DE CLASES DE PILATES PARA O PROGRAMA BENESTAR

OFERTA DE EMPREGO EN BARRO