A Concellería de Obras e Servizos solicitou á Consellería de Medio Ambiente dúas subvencións para mellorar a recollida de resíduos orgánicos no municipio.
As achegas forman parte dos fondos Next Generation, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España.
A primeira liña de subvención pretende a implantación dos primeiros contedores marróns no casco urbano destinados a vivendas e productores singulares.
Son, en concreto, 175 cubos de 10 litros e bolsas compostables que se distribuirán entre a veciñanza para que separen en orixe os residuos orgánicos ou os destinen ao composteiro comunitario.
O tenente de alcalde e Concelleiro de Obras e Servizos José Sanmartín explica que no caso dos productores singulares ou grandes productores se lles facilitarán 35 contedores para a rúa de diversos tamaños e outros tantos de sesenta litros para o interior.
En canto á segunda liña da subvención, preténdese aumentar o número de composteiros individuais no rural con 175 unidades e outros tantos aireadores para facilitar o seu uso.
“A idea é colocar os composteiros en núcleos completos onde tamén estarán ubicados os demáis contedores de reciclaxe para así facilitar a correcta separación, evitando a presencia de resíduos impropios e poder comprobar a rebaixa de aportación orgánica nos contedores verdes”, indica
Sanmartín.
As axudas solicitadas incluirán campañas de concienciación e información sobre a nova lei de residuos que obriga aos Concellos a separar, recoller e tratar os residuos orgánicos de forma separada, ben en plantas de compostaxe ou noutro sistema como centros de compostaxe comunitario ou individual.
Ademáis de cumplir coa nova norma o Tenente de Alcalde quere “rebaixar o mais posible as máis de 1.344,61 toneladas de RSU que mandamos este ano 2024 a Sogama, ademáis de aumentar a reciclaxe de cartón e envases”.
Para tal fin, Sanmartín adianta que durante varios dias acompañará aos operarios municipais na recollida do lixo para comprobar in situ en qué zonas do municipio se fai un mal uso dos contedores verdes.
“Tamén hai empresas que depositan moitos residuos impropios nos contedores verdes e temos que ver o xeito de erradicar hábitos como o de “xa que pago pois boto de todo”, sinala.
Segundo as estimacións, coa implantación do contedor marrón, a rebaixa dun 1% no RSU, o aumento do 3% en cartón ou vidro, “cumprindo unha destas propostas, rebaixaríamos o prezo do tratamento en Sogama de 118€ por tonelada a 104€ , o que suporía un aforro de 14€ en tonelada.
A ésto se engadiría o aforro no tratamento dos biorresíduos que ao realizarse por separado quedaría en 53€, en lugar de 118€.


















