NOTA PRENSA PSOE.
En Barro a 2 de abril de 2026.
O pleno da corporación municipal do Concello de Barro aprobou por unanimidade unha moción presentada polo grupo socialista para dotar a estrada PO 226 de medidas de calmado de tráfico e, especialmente, de mellora da seguridade viaria
A proposta, defendida polo tenente de alcalde José Sanmartín, inclúe os seguintes puntos:
-Instar á Xunta Galicia a rebaixar a velocidade de 70 a 50 no tramo con casas na zona de Mane.
-Repintar a sinalización de acceso a viais que quedou sen marcar tralas obras de renovación do firme.
-Crear unha senda peonil para dar seguridade ás persoas que transitan pola zona, especialmente nos días de peregrinaxe a Amil.
-Solcitar tamén á Xunta a mellora da saída no lugar de Bua , ben con espellos ou outras actuacións.
-Mellorar o servizo de transporte público e mudar as Marquesinas.
Asimesmo, os grupos do BNG e Xuntos aportaron á iniciativa a posibilidade de establecer unha rotonda en Mane ou buscar algún sistema de calmado de tráfico.
Asimesmo, o pleno aprobou tres convenios coa Xunta para a xestión de resíduos valorizables, en concreto pilas, raes e vidro.
Neste punto, o concelleiro socialista José Sanmartín deu algúns datos sobre o avance e mellora na separación de residuos que se está xestionando dende a súa area de Servizos.
A separación de caetón e envases aumentou o pasado ano unhas 30 toneladas, propiciando a baixada noutras 30 toneladas dos residuos que se depositan na bolsa negra que é a que mais custe supón para as arcas municipais.
Deste xeito, conseguiuse un aforro contable en gastos de xestión e recollida que ronda o 4000 euros.
“Non é moito, pero é un avance importante onde pon en valor o bo facer da veciñanza e tamén ampliación da compostaxe doméstica e mellora da participación na comunitaria”, apunta Sanmartín.

