A Asociación UMIA VIVO convoca unha visita guiada o monte de Barro como un espazo que comparte usos forestais con patrimonio cultural e pisaxe singulares, e un evento no que se presentará unha guía didáctica sobre o monte veciñal como unha ferramenta para a concienciación sobre a importancia cultural y económica do modelo de propiedade xermanica elaborada polo INGATECO (Instituto Galego das Terras Comunitarias) que se completara con un relato sobre a defensa do monte comunal protagonizada na historia de Galicia por veciños de diferentes parroquias do país frente a proxectos de apropiación do monte ou de implantación de usos incumpatibles con un un uso histórico e sustentable.
Un caso de loita veciñal frente a forestación imposta polo Patrimonio Forestal do Estado aconteceu durante o franquismo na parroquia de Eiron concello de Mazaricos no ano 1963 co resultado de un veciño morto por disparos da garda civil, dous feridos graves e o encarcelamanto de varios veciños, feito que por acordo da Organización glega de Comunidades de Montes e posta en marcha polo INGATECO en 2022 se ven organizando anualmente no concello de Mazaricos e que chegará o 24 de xaneiro de 2026 a sua V edición.
ORGANIZACIÓN:
Organiza a asociación UMIA VIVO coa colaboración do INGATECO (Instituto Galego das Terras Comunitarias) e da Deputación Provincial de Pontevedra
PROGRAMACION:
27.12.2025 VISITA O PATRIMONIO CULTURAL DO MONTE DA PARROQUIA DE BARRO. Con saida as 11:00 h dende o aparcadoiro do Bar Breixo en Porrans.
29.12.2025 as 19:30 h no local da Xunta de Montes da parroquia da Portela PRESENTACION DA GUIA DIDACTICA SOBRE O MONTE E CONVOCATORIA DO DIA DA VECIÑANZA COMUNEIRA como feito histórico de loita veciñal incorporado o rexistro da Memoria Democrática
