Veciños do Briadoiro reclaman a restitución dunha fonte pública.

A Portela (Barro) – Os veciños e veciñas do lugar do Briadoiro, na
parroquia da Portela, veñen de dirixirse ao Concello para esixir a restitución do servizo de auga da Fonte dos Ceos e do coñecido “Picho”, logo de máis de dous anos de sufrir unha sabotaxe.

A Fonte dos Ceos e o Picho non só representan un servizo básico para a veciñanza, senón que forman parte do patrimonio histórico e etnográfico do
Briadoiro. O Picho, en concreto, está estreitamente ligado aos antigos muíños fariñeiros da zona, e constitúe un elemento emblemático cunha antigüidade estimada de máis de douscentos anos.
“Non é só unha cuestión de comodidade ou de uso diario. Estamos a falar dun ben común, dunha parte da nosa historia, que foi destruída sen
consideración ningunha”, explican os veciños.
A comunidade reclama que o Concello actúe con dilixencia para restablecer o servizo de auga canto antes, tomando as medidas legais oportunas.
A situación ten xerado un fondo malestar entre os habitantes do Briadoiro, que ven con impotencia como o abandono e a desprotección institucional
ameazan tanto o seu benestar como o seu legado cultural.
Veciños do Briadorio.

Deixar un comentario