UNIDOS CONTRA A BASURALEZA

Veciños e veciñas de Barro sairán a recoller lixo dentro da campaña 1M2 contra a Basuraleza, un movemento de todo o pais liderado por Libera Ecoembes.

A saída contará coa colaboración das comunidades de Montes de Barro, un empresa e persoal do concello para acceder as instalaciós a depositar os residuos. Con esta saída  pretendemos ademais de recoller lixo nos montes e viais, concienciar da importancia dunha boa xestión dos residuos, afirma José Sanmartin, Primeiro Tenente de alcalde e responsable da área de Servizos municipais.

Xa están anotados unha docena de personas, pero aínda están a tempo de apuntarse e así  poder participar na saída que será  este sábado día 7 dende as 10:30h. a 14h. 

O lixo recollido depositarase separado en contedores  dentro da zona que ten o concello habilitada na nave de obras.

Deixar un comentario