Lembramos que aínda estades a tempo de participar no noso certame literario! O prazo de entrega remata ás 14:00h do luns 5 de maio, e os traballos deben presentarse na Oficina de Información Xuvenil (OMIX) do Concello de Barro ou a través do centro educativo.
🖊 Quen pode participar?
Calquera persoa empadroada ou escolarizada no Concello de Barro.
📄 Modalidades e formatos:
✅ Prosa: contos ou microrrelatos
✅ Verso: poemas en formato libre, acrósticos, caligramas ou haikus
→ Todos os traballos deben ser orixinais, inéditos e en galego.
→ Deben seguir as condicións específicas segundo a idade.
🏆 Categorías e Premios:
Hai premios en vales de 20€, 30€, 40€ e 50€ segundo a categoría (primaria, ESO, +16 anos).
🧒 Tamén se entregarán lotes de libros para as aulas de Infantil participantes.
📥 Forma de entrega e identificación dos traballos:
→ Identificación segundo o tipo de obra e iniciais do autor/a.
→ Presentación preferiblemente a ordenador (Arial 12) na categoría de adultos.
→ Soportes dispoñibles na OMIX ou nos centros educativos.
📚 A entrega de premios será o sábado 17 de maio, con lectura en voz alta das obras gañadoras e exposición pública (sempre que as condicións o permitan).
📞 Máis info e bases completas:
Na sede electrónica do Concello( taboleiro de anuncios) https://barro.sedelectronica.gal/info.0 ou na OMIX (Santo Antoniño, Perdecanai nº12 – Tlf: 986 714 806 / 690 722 812)
