🏫 O Concello de Barro, a través do Proxecto de prevención das condutas adictivas, realizará o martes 28 de xaneiro un Taller en liña de prevención do abuso das novas tecnoloxías desde o ámbito familiar, co que informar e dar ferramentas ás familias para promover un uso seguro, responsábel e saudábel das TRICS (Tecnoloxías da información, comunicación e relación) entre as súas crianzas.
💻 A sesión será realizada en liña por persoal especializado da UNAF (Unión de asociacións familiares).
🗓️ O 28 xaneiro de 18:30 a 20:00 horas
✍🏻 Inscrición 👇🏻 https://forms.office.com/pages/responsepage.aspx?id=EL1lraOcWUSZsR8AJaiKVeEgwUlkbINNlrb7Qya8QHtUNUs4M0RRTURVWkFPWUQ4Sk0zRkJTS1ZURS4u&route=shorturl
